100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura

exposición temporal


100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura foi unha exposición temporal itinerante do Consello da Cultura Galega. Inaugurada en maio de 2016 en Santiago de Compostela, en outubro pasou á Coruña e en xaneiro de 2017 a Vigo, onde rematou no mes de abril.[1]

100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura
Tipoexposición temporal
PaísGalicia
Na rede
http://galicia100.consellodacultura.gal/
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar

Inspirada en A History of the World in 100 Objects do British Museum, estivo comisariada por Manuel Gago Mariño e contou coa colaboración de Afundación e ABANCA.

O libro-catálogo, editado e presentado por Ramón Villares Paz e coordinado por Manuel Gago, inclúe unha fotografía de cada peza e un artigo sobre cada unha delas, de varios autores, entre eles: Felipe Criado Boado, Xurxo Ayán, Ermelindo Portela Silva, Henrique Monteagudo, Alfredo Erias, Anselmo López Carreira, Pegerto Saavedra, Francisco Díaz-Fierros, Anxo Angueira, Olivia Rodríguez, Pilar Cagiao, Henrique Alvarellos, Comba Campoy, Miguel Anxo Seixas Seoane, Xavier Queipo, María Luisa Sobrino, Xusto Beramendi, Lourenzo Fernández Prieto, Xosé Manoel Núñez Seixas, Ramón Máiz, Manuel Gago, Víctor Freixanes, Ramón Villares, Xosé Ramón Pousa, Emilio Pérez Touriño e María Xosé Porteiro.[2]

Pezas da exposición

editar
ImaxeObxectoProcedenciaFicha
1Ferramentas líticas de Porto Maior, As NevesMuseo Provincial de Pontevedraficha
2Colar da Chousa Nova, SilledaMuseo Provincial de Pontevedraficha
3Estela antropomórficaMuseo Arqueolóxico da Coruñaficha
4Vaso campaniforme, de VilavellaUniv. de Santiago de Compostelaficha
5Machado de talónMuseo Arqueolóxico da Coruñaficha
6Muíño de manMuseo Arqueolóxico da Coruñaficha
7Espada tipo IsornaMuseo Arqueolóxico da Coruñaficha
8Puñal de antenasMuseo do Castro de Viladongaficha
9TorqueMuseo Arqueolóxico da Coruñaficha
10Dupondio da caetraMuseo Provincial de Lugoficha
11Tabula hospitalisMuseo Arqueolóxico de Ourenseficha
12LucernaMuseo Provincial de Pontevedraficha
13Ara ao deus Berobreo, de Santo André do HíoColección do Concello de Cangasficha
14Fotografía do Crismón de Quiroga [3]
(a imaxe da esquerda é dunha réplica)
Museo Diocesano de Lugoficha
15Fotografía de moeda do rei RequiarioStaatliche Museen zu Berlinficha
16Lápida fundacional de San Pedro de RocasMuseo Arqueolóxico de Ourenseficha
17Sarcófago de Martiño de DumioMuseu D. Diogo de Sousaficha
18Ara de San PaioSan Paio de Antealtaresficha
19Mapamundi do BeatoCatedral de El Burgo de Osmaficha
20XugoMuseo das Peregrinaciónsficha
21Xadrez de RosendoMuseo Catedralicio de Ourenseficha
22Tesouro do bispo GonzaloSan Martiño de Mondoñedoficha
23Arcebispo Xelmírez no tombo de Toxos OutosArchivo Histórico Nacionalficha
24Facsímile do Códice CalixtinoConsello da Cultura Galegaficha
25Foro do bo burgo de Castro CaldelasFundación Casa de Albaficha
26Virxe abrideira de AllarizMuseo de Santa Claraficha
27Santiago o Maior entre dous peregrinos orantesMuseo das Peregrinaciónsficha
28Biblia Kennicottficha
29Sepulcro de Fernán Pérez de AndradeIgrexa de S. Francisco, Betanzosficha
30Cadea "A Mariscala" de Pardo de Celaficha
31Descripción del Reyno de GaliziaMuseo do Pobo Galegoficha
32Carta de Beatriz da Serra ao conde de GondomarReal Biblioteca, Madridficha
33Ferradoficha
34Morteiro de améndoasficha
35Fotografías de exvoto mural de 1606Nosa Señora das Virtudesficha
36Autómatas de Domingo Martínez de Presaficha
37Fotografía de escudo heráldicoColexio da Purísima. Ourenseficha
38Facistolficha
39Orza de boticaficha
40Agulla náuticaficha
41Campáficha
42Espadelaficha
43Traxe de feiraficha
44Ferramentas de canteiro e pedreiroficha
45Rede de pescaficha
46Ámboaficha
47El Catón Compostelanoficha
48Canóns do Exército Francésficha
49Teodolito de Domingo FontánUniv. de Santiago de Compostelaficha
50Prensa do viño tostadoficha
51Reloxo da catedral de Santiago de Compostela
(á esquerda o exterior do reloxo)
ficha
52Cantares gallegos, de Rosalía de Castroficha
53Home clástico do Doutor Auzouxficha
54Herbario do Padre Merinoficha
55Máquina de escribircolección particularficha
56Botella de Augas de Mondarizcolección particularficha
57Gaita galegaficha
58Discos de lousaficha
59Baúl de emigrantecolección particularficha
60Himno galegoficha
61Vida Gallegacolección particularficha
62Proxector de cine de Barriga Verdecolección particularficha
63Separador electromagnético de mineralficha
64Bandeira das Irmandades da Falaficha
65Sólidos cristalográficos de HaüyUniv. de Santiago de Compostelaficha
66Latas de conservasMuseo do Mar de Galiciaficha
67Ulysses, de James JoyceFundación Otero Pedrayoficha
68Ofrenda a San Ramón de Francisco Asoreyficha
69El Pueblo Gallegoficha
70Fotografía de refractor ecuatorialUniv. de Santiago de Compostelaficha
71Nuestras fiestas de allá, de José GilCentro Galego de Artes da Imaxeficha
72Cartel do Estatuto de Galicia de 1936, de Castelaoficha
73Futbolínficha
74Picaña do Padornelocolección particularficha
75Autobús de liñaficha
76Fotografía de bicicleta Deliocolección particularficha
77Bandeira do Consello de Galizaficha
78Sempre en Galiza de Castelaocolección particularficha
79Mosquetón Mauser de FoucellasMuseo Militar Rexional da Coruñaficha
80Pupitre escolarMuseo Pedagóxico de Galiciaficha
81Pote da queimadaficha
82Bidón de leiteMuseo do Pobo Galegoficha
83Máquina de coser Refreycolección particularficha
84Cámara fotográfica Yashica, de Virxilio Viéitezcolección particularficha
85Emigrante de Luís Seoaneficha
86Cartel do Cego Zago de Isaac Díaz Pardocolección particularficha
87Televisor de teleclubficha
88Arcón conxeladorcolección particularficha
89Vaixela de voda de Cerámica de Sargadelosficha
90Computador IBM 1130Univ. de Santiago de Compostelaficha
91Bata de GOA, dos anos 70colección particularficha
92Petos de aforrocolección particularficha
93Autopista, unha navallada á nosa terra, de L. Solerficha
94Tirador-esfinxe de Estrella Galiciaficha
95Cartel do Referendo do estatuto de 1980ficha
96Cartel "Fálalle galego", de F. Mantecón e M. Janeiroficha
97Pelegrínficha
98Reixas do Pazo Baiónficha
99Cartel de festascolección particularficha
100Xabarínficha

Notas

editar
  1. "100 Galicia cen". galicia100.consellodacultura.gal. 
  2. Villares Paz 2016.
  3. Igual que xa pasara na exposición Gallaecia Petrea, non se autorizou a saída da peza orixinal do Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
🔥 Top keywords: