Aaron Klug

químico e biofísico británico

Aaron Klug, OM, FRS, nado o 11 de agosto de 1926 en Zelvas (Lituania) e finado o 20 de novembro de 2018[1], foi un químico e biofísico británico de orixe lituana galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1982.

Infotaula de personaAaron Klug

(1979) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1926 Editar o valor em Wikidata
Želva (Lituania) Editar o valor em Wikidata
Morte20 de novembro de 2018 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Cambridge, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
58º Presidente da Royal Society
1995 – 2000
← Michael AtiyahRobert May (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónPeterhouse (en) Traducir
Universidade de Witwatersrand
Trinity College
Universidade de Cidade do Cabo
Universidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Director de teseDouglas Hartree (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica e Bioquímica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbioquímico , químico , profesor universitario , biólogo molecular , biofísico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBirkbeck College Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoDaniela Rhodes (en) Traducir e John Thomas Finch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloSir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 194896172 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Aos dous anos a súa familia mudouse a Durban, Suráfrica, onde se graduó en química na Universidade de Witwatersrand en Johannesburgo, e estudou cristalografía na Universidade de Cidade do Cabo antes de irse a Inglaterra, completando o seu doutoramento en Trinity College, da Universidade de Cambridge en 1953, universidade da cal foi o director do laboratorio de Bioloxía Molecular entre 1986 e 1996.

Entre 1995 e 2000 presidiu a Royal Society.

Membro da Royal Society de Londres, foi o seu presidente entre os anos 1995 e 2000, tamén é membro da Academia de Ciencias Francesa. En 1988 foi nomeado sir e en 1995 foille concedida a Orde do Mérito por parte da raíña Isabel II do Reino Unido.

Investigacións científicas

editar

En Londres colaborou con Rosalind Franklin, descubridora da estrutura do ADN. Demostrou un grande interese polo estudo dos virus, e durante a súa estancia alí descubriu as estruturas dalgúns deles.

Nos anos 1960 interesouse polas técnicas para discernir a estrutura dos cristais para a súa aplicación en bioloxía[2].

Nos anos 1970, Klug usou os métodos de diagramas de difracción de raios X, que, combinados coa microscopía electrónica, permitiulle descifrar os complexos proteínicos do ácido nucleico, así como a obtención de imaxes tomadas en diferentes ángulos, e combinándoas logrou reconstrucións tridimensionais dalgunhas proteínas.

Distincións

editar

En 1982 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento de métodos cristalográficos para descifrar os complexos proteínicos dos ácidos nucleicos.
Ademais, Klug logrou a Medalla Copley en 1985.

Notas

editar
  1. "Aaron Klug (1926 - 2018) - MRC Laboratory of Molecular Biology". MRC Laboratory of Molecular Biology (en inglés). 2018-11-21. Consultado o 2018-12-02. 
  2. "Aaron Klug, 92, Dies; His 3-D Images of Bodily Molecules Won a Nobel" (en inglés). Consultado o 2018-12-02. 

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Roald Hoffmann,
Kenichi Fukui
Premio Nobel de Química

1982
Sucesor:
Henry Taube


🔥 Top keywords: