Abuso sexual

O abuso sexual é actividade sexual entre dúas ou máis persoas sen consentimento dunha delas. Pode producirse entre adultos, dun adulto a un menor, o que se coñece como abuso sexual a menores e abuso sexual infantil- ou mesmo entre dous menores. Pode estar referido a calquera tipo de penetración de órganos xenitais en contra da vontade, ou aproveitando a incapacidade dun menor para comprender certos actos. Tamén se inclúe o inducir ou obrigar a tocar os órganos xenitais do abusador. Tamén pode ser calquera acción que incite ao menor a presenciar contido sexual impropio (observar ao adulto espido ou mentres mantén relacións sexuais con outras persoas, ver material pornográfico ou asistir a conversas de contido sexual, por exemplo).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 Este artigo sobre socioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: