Alexis Ajinça

baloncestista francés

Alexis Ajinça, nado en Saint-Étienne (Ródano-Alpes) o 6 de maio de 1988, é un ex xogador profesional de baloncesto francés. Foi o primeiro xogador non estadounidense seleccionado polos Charlotte Bobcats no Draft da NBA.

Alexis Ajinça
PosiciónPivote
Información persoal
Nacemento6 de maio de 1988 (36 anos)
Saint-Étienne, Ródano-Alpes
Nacionalidade Francia
Altura2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial100 kg (223 lb)
Información da carreira
InstitutoINSEP (París)
Pre-draft clubHyères-Toulon LNB
NBA Draft2008 / Rolda: 1 / Elección: 20
Por Charlotte Bobcats
Carreira2006–2019
Historial de equipos
Pau-Orthez (2006–2007) LNB
Hyères-Toulon (2007–2008) LNB
Charlotte Bobcats (2008–2010)
Sioux Falls Skyforce (2009) D-League
Maine Red Claws (2009–2010) D-League
Dallas Mavericks (2010–2011)
Toronto Raptors (2011)
Hyères-Toulon (2011) LNB
Strasbourg IG (2011–2013) LNB
New Orleans Pelicans (2013–2018)
ASVEL Basket (2018–2019)

Traxectoria

editar

Francia

editar

Ajinça comezou xogando no ÉB Pau-Orthez na tempada 2006-07, onde disputou dous partidos, anotou dous puntos e capturou seis rebotes en 15 minutos de xogo. Tamén apareceu en dous encontros da Euroliga, aínda que a maior parte da tempada a pasou no Pau-Orthez Espoirs, equipo júnior do Pau-Orthez. Alí promediou 12.5 puntos, 8 rebotes e 1.9 tapóns por partido. Na seguinte campaña a súa participación aumentou de maneira considerábel xogando no Hyères-Toulon. Promediou 5 puntos, 3.1 rebotes e 10.8 minutos en 24 partidos, anotando en dobres figuras en catro ocasións.

Selección nacional

editar

Ajinça formou parte da selección francesa que gañou a medalla de bronce no Campionato do Mundo Sub-19 de 2007 celebrado en Novi Sad, Serbia, promediando 7,4 puntos, 5,6 rebotes e 2,7 tapóns por partido. Tamén conquistou a medalla de ouro no Campionato de Europa Sub-18 de 2006 en Grecia, con medias de 6,9 puntos e 7,5 rebotes por encontro. En 2005 participou no Campionato de Europa Sub-18 e en 2004 no Campionato de Europa Sub-16.

No Draft da NBA de 2008 foi seleccionado polos Charlotte Bobcats na 20ª posición.[1] Na súa primeira tempada en Charlotte, xogou 31 partidos, 4 deles de titular, e fixo unha media de 2,3 puntos, 1,0 rebotes e 0,2 tapóns en tan só 5,9 minutos de xogo. O 13 de xullo de 2010 Ajinça foi traspasado aos Dallas Mavericks con Tyson Chandler por Erick Dampier, Matt Carroll, Eduardo Nájera e diñeiro.

Notas

editar
  1. NBA.com Early Entry Candidates for 2008 NBA Draft Arquivado 27 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (consultado en agosto de 2008)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar