Autódromo Hermanos Rodríguez

Autódromo Hermanos Rodríguez
Plano do Circuíto
Autódromo Hermanos Rodríguez
Datos
CarreirasFIA Fórmula 1
Gran Premio de México
(1962–1970, 1986–1992, 2015–)


FIA World Sportscar Championship
Trofeo México (430 km)
(1989–1991)
CART/Champ Car World Series
Gran Premio de México
(1980–1981, 2002–2007)
NASCAR Xfinity Series
Corona México 200
(2005–2008)
Grand Am Rolex Sports Car Series
Cidade de México 400k
(2005–2008)
A1 Grand Prix
(2007–2008)
NASCAR Toyota Series
(2004–presente)
FIA Formula E Championship
Cidade de México ePrix
(2016–)
FIA World Endurance Championship
(2016–)

Localización Cidade de México, México
Lonxitude4´304 km.[1]
Curvas17
Volta rápida (2017)1:18.785
Piloto récordAlemaña Sebastian Vettel
Escudería récordFerrari
CoordenadasCoordenadas: 19°24′15″N 99°05′19″O / 19.404197222222, -99.088747222222
Vista do Circuíto
Vista

O Autódromo Hermanos Rodríguez é un autódromo de 4.304 m situado en Cidade de México, México e nomeado así en honra a dous grandes pilotos mexicanos, os irmáns Ricardo e Pedro Rodríguez de la Vega, quen morreron a temperá idade. Construído nun complexo deportivo en 1959, o circuíto albergou en 1962 o seu primeiro Gran Premio de México de Fórmula 1, evento non puntuable nesa tempada. Ricardo Rodríguez morreu ese ano nesa carreira ao tratar de cualificar un Lotus de Rob Walker. O irmán de Ricardo Pedro tamén perdeu a vida ao volante nove anos máis tarde. En 1963, pasou a ser unha sede regular do calendario da Fórmula 1 ata 1970.

O circuíto atópase dentro do parque público da Ciudad Deportiva de La Magdalena Mixiuhca no sueste de Cidade de México. O circuíto é propiedade do Goberno da Cidade, pero é operado baixo concesión pola Corporación Interamericana de Entretenimiento (CIE) a través de OCESA, unha das subsidiarias de CIE. CIE tamén organiza as carreiras da NASCAR e o Desafío Coron neste circuíto e aluga os circuítos para outros eventos, incluíndo organizadores de carreiras, clubs de automóbiles e afeccionados, os alugueiros son discutidos debido aos seus desproporcionados prezos en comparación con outras pistas de F1.

Características

editar
  • Capacidade: 100 000 espectadores
  • Lonxitude do circuíto: 4,304 quilómetros.
  • Lonxitude da carreira de Fórmula 1: 71 voltas = 305,584 quilómetros. 17 curvas en total.
  • Aceleración a fondo: 54% do tempo de volta.
  • Consumo de combustible: 1,41 kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta: 47
  • Marca volta: 1:20.521 (Nico Rosberg, Mercedes, 2015, FIA Fórmula 1)

Historia

editar

Construído nun parque público en 1962, o circuíto albergou o seu primeiro Gran Premio de Fórmula 1 o mesmo ano, como unha carreira fóra de campionato. Ao ano seguinte o Gran Premio de México converteuse nunha carreira do Campionato Mundial. O circuíto mantívose como parte do calendario da F1 ata 1970, cando o amoreamento dos espectadores provocaron condicións inseguras. Cando a pista volveu abrir en 1986, o circuíto presentou un novo complexo de boxes, así como unha maior seguridade a seu redor. En 2001 CIE e Forsythe Racing encargaron a D3 Motorsport Development a modernización do circuíto. Fíxose un completo redeseño e actualización do circuíto.

En maio de 2012 anunciouse que o circuíto sería novamente anfitrión do Gran Premio de México a partir de 2013, nun contrato de cinco anos que ía substituír o Gran Premio de Europa disputado en Valencia,[2] pero isto non sucedeu. O Gran Premio de México apareceu como a décimo novena carreira do calendario provisional para a tempada 2014,[3] pero non estaba no calendario final. O Gran Premio de México incluíuse no calendario 2015 de Fórmula Un publicado pola FIA o 3 de decembro de 2014, facendo o seu regreso coa carreira celebrada o 1 de novembro de 2015.[4]

Champ Car

editar
Trazado do Gran Premio 1986–2001.
O circuíto orixinal en Magdalena Mixhuca usado en 1962–1970.
Trazado da Fórmula E, baseado nos deseños da pista oval e dos circuítos modernos
Os coches cortan a Peraltada e pasan a través do estadio de baseball Foro Sol.

Actualmente recibe á Champ Car (antes CART) e foi a última carreira da tempada durante os últimos 4 anos. O circuíto sufriu diversas modificacións nesta categoría. Ata o Gran Premio de 2005 o circuíto atravesaba pola metade o Foro Sol, cortando pola metade a famosa curva peraltada. A partir do 2006 utilizouse novamente toda a peraltada.

Nascar Busch Series

editar

Ademais de recibir á Champ Car, desde o 2005 correuse a categoría Busch Series e onde tamén se fixeron modificacións á pista, como unha chicana ao final da recta principal para que os autos entrasen a moderada velocidade á primeira curva. Tamén as curvas da recta traseira, a zona coñecida como "estadio", foi recortada. En todas as edicións utilizouse a curva peraltada, sen pasar polo Foro Sol.

Tamén se correu no 2007 a A1GP, a categoría de competencia de nacións, que na súa anterior edición tivera lugar no Parque Fundidora de Monterrey.

Outros eventos

editar

Durante cada fin de semana de eventos da Champ Car, Nascar e A1GP córrense outras categorías secundarias que forman parte da atracción. Unha delas e a máis importante, e que se correu en varias edicións é a Grand Am Series que corre con dous tipos de autos á vez: prototipos e turismo. Na edición de 2006 Luís "Chapulín" Díaz xunto con Scott Pruett gañaron a carreira, converténdose o primeiro mexicano (Díaz) en gañar no Autódromo da capital. De igual forma realízanse eventos de diversas índoles dentro do trazado da Magdalena Mixhuca.

Marcas de volta

editar

Voltas rápidas no Autódromo Hermanos Rodríguez (Configuración baixo condicións de carreira).

Configuración do circuítoEventoClaseTempoPilotoCoche/moto
Circuíto F1 Grand Prix circuit (2015–presente)Gran Premio de México de 2015F11:20.521Nico RosbergMercedes F1 W06 Hybrid
Circuíto F1 Grand Prix (1986–2001)Gran Premio de México de 1991F11:16.788Nigel MansellWilliams FW14
Circuíto F1 Grand Prix circuit (1962–1979)Gran Premio de México de 1969F11:43.05Jacky IckxBrabham BT26A

Voltas rápidas absolutas

editar
Configuración do circuítoEventoClaseTempoPilotoCoche/moto
Circuíto F1 Grand Prix (2015–presente)Gran Premio de México de 2016F11:18.704Lewis HamiltonMercedes F1 W07 Hybrid
Circuíto F1 Grand Prix (1986–2001)Gran Premio de México de 1992F11:16.346Nigel MansellWilliams FW14B

O circuíto do Gran Premio

editar
Grand-Am Rolex Series facendo un bypass desde a curva 4 ata a curva 8

Deseñado como a súa tese polo estudante Óscar Fernández en 1953,[5] o circuíto ten unha altitude de 2.238 m o aire enrarecido causa dificultades tanto para os pilotos como para os seus coches.[Cómpre referencia] Tamén reduce os niveis de resistencia aerodinámica que experimentan os coches, o que significa que se poden usar configuracións de maior carga aerodinámica con menos impacto na velocidade en liña recta.[6]

O circuíto ten unha curva final extremadamente rápida (a Peraltada, curva 17) antes da longa recta de saída/meta, e así a algúns lembralles a Monza, con todo, a diferenza da curva Parabolica de Monza, a curva Peraltada está lixeiramente inclinada, permitindo aínda máis velocidade na curva. Foi nesta curva onde se estrelou o mozo Rodríguez, por falla de suspensión. Despois do último Gran Premio de México de F1 en 1992, construíuse un estadio de béisbol chamado "Foro" na parte interna desta curva. Cando a serie Champ Car comezou a usar a pista en 2002, a curva Peraltada foi parcialmente evitada por unha serie de curvas pechadas que entraban e saían do Foro, volvendo entrar na Peraltada a metade do camiño.

Despois da Peraltada chega a longa recta principal de 1,2 km. Durante a era orixinal do turbo na Fórmula Un, os coches máis rápidos marcaban regularmente velocidades de ata 330 km./h na recta.

Na tempada 2005 da NASCAR Busch Series, houbo unha chicana na recta principal para reducir a velocidade dos coches. Tamén introduciron unha curva entre o trazado curto e a Ese do Lago para sortear esta última, pero evitando o desvío do estadio.

O circuíto de Gran Premio someteuse a unha importante renovación baixo a dirección de Hermann Tilke para o regreso da Fórmula Un en 2015. A recta principal ampliouse lixeiramente e reperfilouse para acomodar un novo centro multimedia e un paddock. Os emblemáticos eSes entre as curvas 7 e 13 foron significativamente modificados; as prolíficas curvas e de alto radio diminuíron en gran medida e algunhas substituíronse por curvas de ángulo fixo. A parte do campo de béisbol da pista tamén alterouse a unha combinación esquerda-dereita a baixa velocidade que saltaba a primeira metade da Peraltada, permitindo aos coches volver entrar na Peraltada na metade da curva. Con 4,304 km., o percorrido é 170 m. máis curto que o anterior trazado do Gran Premio, e os organizadores do Gran Premio de México prognosticaron tempos por volta duns 75 segundos e velocidades superiores a 328 km/h para os actuais coches de Fórmula Un turboalimentados, que eliminan os efectos adversos de altitude presente nos coches de aspiración natural.[1] Non obstante, os modernos coches de F1 turbo híbridos V6 lograron alcanzar velocidades máximas superiores a 370 km/h pola recta principal.

Historia do trazado

editar


Gañadores de Fórmula 1 no autódromo Hermanos Rodríguez

editar
AnoPilotoVehículoDuraciónLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de
11963 Jim ClarkLotus-Climax2:09:52,100 h5´000 km65150´152 km/h27. outubro México
21964 Dan GurneyBrabham-Climax2:09:50,320 h5´000 km65150´186 km/h25. outubro
31965 Richie GintherHonda2:08:32,100 h5´000 km65151´710 km/h24. outubro
41966 John SurteesCooper-Maserati2:06:35,340 h5´000 km65154´042 km/h23. outubro
51967 Jim ClarkLotus-Ford1:59:28,700 h5´000 km65163´210 km/h22. outubro
61968 Graham HillLotus-Ford1:56:43,950 h5´000 km65167´049 km/h3. novembro
71969 Denny HulmeMcLaren-Ford1:54:08,800 h5´000 km65170´833 km/h19. outubro
81970 Jacky IckxFerrari1:53:28,360 h5´000 km65171´848 km/h25. outubro
91986 Gerhard BergerBenetton-BMW1:33:18,700 h4´421 km68193´306 km/h12. outubro
101987 Nigel MansellWilliams-Honda1:26:24,207 h4´421 km63193´411 km/h18. outubro
111988 Alain ProstMcLaren-Honda1:30:15,737 h4´421 km67196´898 km/h29. maio
121989 Ayrton SennaMcLaren-Honda1:35:21,431 h4´421 km69191´941 km/h28. maio
131990 Alain ProstFerrari1:32:35,783 h4´421 km69197´664 km/h24. xuño
141991 Riccardo PatreseWilliams-Renault1:29:52,205 h4´421 km67197´757 km/h16. xuño
151992 Nigel MansellWilliams-Renault1:31:53,587 h4´421 km69199´176 km/h22. marzo
162015 Nico RosbergMercedes1:42:35.038 h4´304 km71178´597 km/h1. novembro
172016 Lewis HamiltonMercedes1:40:31.402 h4´304 km71182´259 km/h30. outubro
182017 Lewis HamiltonMercedes1:36:26.552 h4´304 km71189´971 km/h29. outubro
192018 Max VerstappenRed Bull - TAG Heuer1:38:28.851 h4´304 km71186´039 km/h28. outubro
202019 Lewis HamiltonMercedes1:36:48,904 h4´304 km71189´240 km/h27. outubro
2020Suspendida pola pandemia de COVID-19
212021 Max VerstappenRed Bull - Honda1:38:39,086 h4´304 km71185,717 km/h7. novembro México
222022 Max VerstappenRed Bull - RBPT1:38:36.729 h4´304 km71185,791 km/h30. outubro
232023 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda RBPT2:02:30.814 h4´304 km71km/h29. outubro

Récords
Piloto: Max Verstappen (3) • País: Reino Unido (8) • Construtor: Lotus/McLaren/Mercedes/Williams/Red Bull (todos 3) • Motor: Honda (5) • Pneus.: Goodyear (8)

Notas

editar
  1. 1,0 1,1 "FORMULA 1 GRAN PREMIO DE MÉXICO 2015". Consultado o 10 de outubro de 2015. 
  2. "México tendrá gran premio ya para 2013". MARCA.com. Consultado o 30-5-2012. 
  3. "2014 Calendar draft has 21 races including Mexico". f1fanatic.co.uk. Consultado o 5-9-2013. 
  4. "World Motor Sport Council 2014 - Doha". FIA. 3 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 22 de decembro de 2014. 
  5. "Mexican circuit designed by a student will be examination for Mercedes". The Guardian. 26 de outubro de 2019. Consultado o 27 de outubro de 2019. 
  6. Holding, Joe (7 de abril 2021). "High-downforce tracks vs power tracks in F1 – differences explained". Autosport. Consultado o 7 de abril de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar