Banato Central

O Banato Central (en serbio Средњебанатски округ, Srednjebanatski okrug), é un distrito do norte de Serbia, na povincia autónoma de Voivodina, na rexión do Banato. A súa poboación en 2011 era de 186 951 habitantes.[1] A capital do distrito é Zrenjanin.

Средњебанатски округ
Srednjebanatski okrug
Banato Central
Siuación
Situación do distrito en Voivodina.
Situación do distrito en Voivodina.
Siuación do distrito do Banato Central en Voivodina.
Administración
CapitalZrenjanin
Comisionados/d
Municipios5
Asentamentos55
 - Cidades e vilas4
 - Pobos51
Sitio oficial
Estadísticas
Superficie3 256 km²
Poboación (censo 2002)208 456
 - Densidade de poboación64,0 hab./km²
Vojvodina
Municipios do distrito do Banato Central.
Mapa étnico do Banato Central (censo de 2002.
Distritos de Voivodina.

Nomes

editar

Ademais do nome serbios citado anteriormente, o distrito coñécese en croata como Srednjebanatski okrug, en húngaro como Közép-bánsági körzet, en eslovaco como Sredobanátsky okres, en romanés como Districtul Banatul Central e en ruteno como Стредобанатски окрух.

Municipios

editar
NomeSuperficie
(en km²)
Poboación 2002Poboación 2011 [2]Estatuto
Žitište52520.39916.786Municipio
Zrenjanin191132.051122.714Cidade
Nova Crnja27312.70510.222Municipio
Novi Bečej60926.92423.847Municipio
Sečanj52316.37713.282Municipio
Total3.254208.456186.851

Demografía

editar

De acordo co censo de 2002, no distrito vivían:

Cultura

editar

No distrito hai moitos edificios que destacan pola súa beleza: a igrexa ortodoxa da Asunción, construída en 1746; a igrexa católica de Arač, que data do século XIII, e a catedral católica, de 1868.

Economía

editar

A economía do distrito é diversa: industria, agricultura, forestal, industria da construción e transportes. La rama principal é a industria alimentaria, integrada no complexo industrial "Servo Mihalj" - Combine.

Outras industrias de produtos derivados da agricultura son a cerveceira "ZIP" DD, o DD "Luxol" industria química e do azucre.

Porén, moitas instalacións están en moi malas condicións, excepto a industria petroleira de "Dijamant" e a central leiteira de "Mlekoprodukt".

A cidade de Zrenjanin era o cuarto maior centro industrial da antiga Iugoslavia.

Notas

editar
  1. Oficina Estatística da República de Serbia (en serbio), (en inglés) Consultada o 12/1/2012.
  2. Statistical Office of the Republic of Serbia Arquivado 24 de marzo de 2017 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 12/1/2012.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
🔥 Top keywords: