Cachotaría
A cachotaría[1] ou cachotería é unha fábrica de pedra sen labrar ou con labra ruda, que se aparella de modo irregular. Cada unha das pedras que a forman recibe o nome de cachote; para que asenten ben, colócanse a miúdo unhas pedras máis pequenas como calzos chamadas ripios.
Se non ten ripios, a cachotería denomínase concertada; se o enripiado non é visíbel, careada, e, se cada fileira ten a mesma altura en todo o seu percorrido (aínda que as fileiras non sexan iguais entre si), aparellada.
O uso da cachotería non se restrinxe soamente a finalidades construtivas: en xardinería utilízase tamén para crear muretes ou muros vexetais, debido á tendencia das plantas vivaces a botar raíces nas fendas e nos ripios máis pequenos.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e1/Cachotar%C3%ADa.jpg/260px-Cachotar%C3%ADa.jpg)
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cachotaría. Consultado o 29-08-2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cachotaría |
Bibliografía
editar- de Llano, P. (2006). Arquitectura popular en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Outros artigos
editar----
![]() | Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
🔥 Top keywords: PortadaRoko (actriz)Especial:ProcurarCarles PuigdemontEspecial:Cambios recentesEder Mallo FernándezFirewireMercedes RosónMaría JamardoPlan corporalJosé María CanedaSegunda guerra mundialWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIDiego AnidoSicario (filme de 2015)Posicións sexuaisWikipedia:Acerca deJulian AssangeTeoría de conxuntosGreciaSantiago de CompostelaWikipedia:Wikiproxecto Matemáticas/Artigos por crearWikipedia:AxudaWikipedia:Portal da comunidadeContactorLingua náhuatlSaudade de tiCabo FisterraMaurice BéjartWikipedia:Advertencia xeralWikipedia:Artigos de calidadeHugo NovoaGaliciaRío LameiraCronoloxía da Grecia antigaWikipedia:I Concurso de Edición da GalipediaDicionario da Real Academia GalegaAWStatsCrimea