Cantón de Neuchâtel

O cantón de Neuchâtel, oficialmente en francés République et Canton de Neuchâtel[1] (en alemán: Republik und Kanton Neuenburg; en italiano: Repubblica e Cantone di Neuchâtel; en romanche: Republica ed Chantun Neuchâtel), é un cantón suízo situado na romandía, a parte francófona de Suíza. Forma parte da gran rexión de Espace Mittelland, que comprende tamén os cantóns de Berna, Friburgo, Xura e Soleura. A súa capital e cidade máis poboada é a vila homónima de Neuchâtel.

Modelo:Xeografía políticaCantón de Neuchâtel
Neuchâtel (fr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 46°59′N 6°47′L / 46.98, 6.78Coordenadas: 46°59′N 6°47′L / 46.98, 6.78
Estado federadoSuíza Editar o valor em Wikidata
CapitalNeuchâtel Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación176.850 (2018) Editar o valor em Wikidata (220,45 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie802,24 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude430 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoChasseral Ouest (en) Traducir (1.552 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoLago de Biena (429 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1034 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoGrand Council of Neuchâtel (en) Traducir , (Escano: 100) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2CH-NE Editar o valor em Wikidata
Código NUTSCH024 Editar o valor em Wikidata

Páxina webne.ch Editar o valor em Wikidata
Twitter: Etat_Neuchatel Editar o valor em Wikidata

Xeografía

editar

O cantón atópase ao nordeste de Suíza, na cordilleira do Xura. Abrangue a zona baixa que abeira o lago de Neuchâtel, coñecida como Littoral ou Bas, e unha meseta máis alta a uns 1.000 metros de altitude, coñecida como Les montagnes neucâteloises ou Haut. A cidade de Neuchâtel está situada ás beiras do lago, mentres que as vilas de La Chaux-de-Fonds e Le Locle se encontran na montaña. Limitan coa fronteira francesa localizada no Doubs, chamado así polo río de mesmo nome que corta o val en dous. A parte inferior estendese dende Vaumarcus ata o límite do lago de Biel. Entre o Haut e o Bas existen varios vales, como o Val-de-Travers, ao oeste do cantón, e o Val-de-Ruz, no centro.

O cantón de Neuchâtel culmina ao oeste do Chasseral, cunha altitude de 1.552 metros[2]. Os seus puntos máis baixos atópanse ás beiras dos lagos de Biel e de Neuchâtel, con 429 metros de altitude. Con 802,16 km2 de superficie territorial, é o décimo quinto cantón máis grande de Suíza.

Rexións, comunas e vilas

editar

Historicamente o cantón estaba dividido en seis distritos, que xuntos formaban as catro rexións do cantón: o distrito de Neuchâtel e o distrito de Boudry forman xuntos a rexión Littoral, o distrito de Val-de-Ruz e o de Val-de-Travers forman cada un unha rexión propia. Os distritos de La Chaux-de-Fonds e Le Locle forman a rexión de Montagnes. Os distritos suprimíronse o 1 de xaneiro de 2018 e as rexións pasaron a ser un nivel estatístico, mais xa non administrativo[3].

O cantón de Neuchâtel conta con 27 comunas, catro das cales posúen máis de 10.000 habitantes: Neuchâtel con 44.568, La Chaux-de-Fonds con 36.915, Val-de-Ruz con 17.143 e Val-de-Travers con 10.579. Le Locle, con 9.864, achégase a estes números.

Lista de comunas do cantón de Neuchâtel
NomeN° OFS[4]Rexión[5]PoboaciónSuperficie
(km2)
Densidade
(hab./km2)
Boudry6404Littoral6.19316,77369
Vista aérea da vila de Neuchâtel.
Paisaxe de Val-de-Travers.
Cortaillod6408Littoral4.6973,691.273
Rochefort6413Littoral1.29125,8450
Milvignes6416Littoral9.0638,781.032
La Grande Béroche6417Littoral8.82542,21209
La Chaux-de-Fonds6421Montagnes36.91555,66663
Les Planchettes6422Montagnes21011,7318
La Sagne6423Montagnes1.05825,5541
La Brévine6432Montagnes62441,8215
Brot-Plamboz6433Montagnes29016,0318
Le Cerneux-Péquignot6434Montagnes31315,6720
La Chaux-du-Milieu6435Montagnes51417,2830
Le Locle6436Montagnes9.86423,14325
Les Ponts-de-Martel6437Montagnes1.23018,2367
Cornaux6451Littoral1.5874,72336
Cressier6452Littoral1.8928,55221
Enges6453Littoral2669,5928
Hauterive6454Littoral2.6362,121.243
Le Landeron6455Littoral4.64210,31450
Lignières6456Littoral97912,5178
Neuchâtel6458Littoral44.56818,11.478
Saint-Blaise6459Littoral3.2588,87367
La Tène6461Littoral5.1765,44951
Val-de-Ruz6487Val-de-Ruz17.143124,26138
La Côte-aux-Fées6504Val-de-Travers45812,8536
Les Verrières6511Val-de-Travers64628,6823
Val-de-Travers6512Val-de-Travers10.579124,9185

Lagos e cursos de auga

editar

A xeomorfoloxía do cantón é de tipo cárstico, o que dificulta a existencia dun gran número de lagos e ríos. Malia isto, hai varios lagos e ríos no cantón.

Notas

editar
  1. "Constitución cantonal". 
  2. "Puntos culminantes dos cantóns suízos.". 
  3. "Repertorio oficial das comunas de Suíza.". 
  4. "Liste officielle des communes de la Suisse - 01.05.2014". Office fédéral de la statistique. Consultado o 4 de setembro de 2014. 
  5. "Liste officielle des communes de la Suisse - 01.05.2014". Office fédéral de la statistique. Consultado o 4 de setembro de 2014.