Cela 211

filme de 2009 dirixido por Daniel Monzón
(Redirección desde «Celda 211»)

Cela 211 (en castelán: Celda 211) é unha película galega, dirixida por Daniel Monzón en 2009, gañadora de 8 Premios Goya incluíndo mellor película, mellor actor (o galego Luís Tosar) e mellor director. É unha adaptación escrita por Jorge Guerricaechevarría da novela homónima do xornalista Francisco Pérez Gandul.

Cela 211
Ficha técnica
Título orixinalCelda 211
DirectorDaniel Monzón
GuiónJorge Guerricaechevarría
Daniel Monzón
IntérpretesLuís Tosar
Alberto Ammann
Antonio Resines
Manuel Morón
Marta Etura
Carlos Bardem
Luis Zahera
Vicente Romero
Fernando Soto
FotografíaCarles Gusi
MontaxeMapa Pastor
EstudioVaca Films
Telecinco Cinema
Morena Films
TVG
DistribuidoraTelecinco Cinema (España)
IFC Film (USA)
La Fabrique de Films (Francia)
Senator Film (Alemaña)
Filmtrade (Grecia)
Estrea2009
Duración140 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt1242422 Filmaffinity: 270489 Allocine: 136862 Rottentomatoes: m/cell-211 Allmovie: v499068 TCM: 746128 Netlix: 70125343Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego na TVG o 14 de xaneiro de 2012.[1]

Sinopse

editar

Juan, funcionario de prisións, preséntase no seu novo destino un día antes da súa incorporación oficial. Alí, sofre un accidente minutos antes de que se desencadee un motín no sector dos FIES, os presos máis temidos e perigosos. Os seus compañeiros non poden máis que velar polas súas propias vidas e abandonan á súa sorte o corpo inconsciente de Juan na cela 211. Ao espertar, Juan comprende a situación e faise pasar por un preso máis ante os amotinados. A partir dese momento, o protagonista terá que arriscar a base de astucia e mentiras, sen saber aínda o que lle ten preparado o destino.

Personaxes

editar

Galardóns e nomeamentos

editar
AnoCategoríaReceptorResultado
8ª ediciónMellor filmeDaniel MonzónGañador
Mellor directorDaniel MonzónGañador
Mellor actorLuís TosarGañador
Mellor actor secundarioLuis ZaheraGañador
Carlos BardemNomeado
Mellor actriz secundariaMarta EturaNomeada
Mellor guiónJorge Guerricoechevarría e Daniel MonzónGañadores
Mellor dirección de produciónAlicia TelleríaGañadora
Mellor dirección artísticaAntón LagunaGañador
Mellor montaxeMapa PastorGañador
Mellor música orixinalRoque BañosNomeado
Mellor sonSergio Burmann, Carlos Faroulo e Jaime FernándezGañadores
Mellor fotografíaCarles GusiNomeado
Mellor maquillaxe e peiteadoRaquel Fidalgo e Inés RodríguezGañadoras
Mellor deseño de vestiarioMontse SanchoGañadora
CategoríaPersoaResultado
Mellor películaGañadora
Mellor directorDaniel MonzónGañador
Mellor actor protagonistaLuís TosarGañador
Mellor actriz secundariaMarta EturaGañadora
Mellor actor secundarioCarlos Bardem
Antonio Resines
Candidato
Candidato
Mellor actor revelaciónAlberto AmmannGañador
Mellor guión adaptadoDaniel Monzón
Jorge Guerricaechevarría
Gañadores
Mellor música orixinalRoque BañosCandidato
Mellor fotografíaCarles GusiCandidato
Mellor montaxeMapa PastorGañadora
Mellor dirección artísticaAntón LagunaCandidato
Mellor dirección de produciónAlicia TelleríaCandidata
Mellor maquillaxe e peiteadoRaquel Fidalgo
Inés Rodríguez
Candidatas
Mellor sonSergio Burmann
Jaime Fernández
Carlos Faruolo
Gañadores
Mellores efectos especiaisRaúl Romanillos
Guillermo Orbé
Candidatos

Notas

editar
  1. "Cela 211 na TVG". Diario Siglo XXI. 13 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar