Chorale Roanne Basket

O Chorale Roanne Basket é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Le Mans, na rexión de Ródano-Alpes. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB Pro A), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 1959 o club gañou o seu primeiro campionato de liga, repetindo título en 2007. O seu pavillón como local é o Halle André-Vacheresse, recinto con capacidade para 5 020 espectadores.[1]

Chorale Roanne
Información xeral
LigaPro A
Fundación1937
Cores               Branco, azul, laranxa
PresidenteFrancia Emmanuel Brochot
AdestradorFrancia Jean-Denys Choulet
Localización
CidadeFrancia Roanne, Francia
PavillónHalle André-Vacheresse
Capacidade5 020
Inauguración1988
Campionatos
Liga2 (1959, 2007)
S. des As1 (2007)
chorale-roanne.com

Historia

editar

Fundado en 1937, o Chorale Roanne posúe nas súas vitrinas dous títulos nacionais, o primeiro en 1959 e o máis recente en 2007. O palmarés do equipo tamén inclúe unha La Semaine des As Cup (2007) e múltiples participación en competicións europeas. Na temporada 2007−08, o club mesmo xogou na Euroliga. O club perdeu o seu posto na máxima categoría pouco despois de gañar o seu segundo título, na tempada 2013−14. Despois de cinco temporadas na LNB Pro B, o club regresou na temporada 2018−19 á máxima categoría.

Ano a ano

editar
AnoNivelLigaPos.CopaLeaders CupCompeticións europeas
2006–071Pro ARolda de 16Campión
2007–081Pro ARolda de 32Cuartos de final1 EuroligaRS
2008–091Pro ASemifinaisSemifinais2 EurocupRS
2009–101Pro ARolda de 32Semifinais3 EuroChallenge3rd
2010–111Pro ARolda de 32Cuartos de final1 EuroligaQR1
2 EurocupRS
2011–121Pro ACuartos de finalCuartos de final3 EuroChallengeQF
2012–131Pro ARolda de 16Cuartos de final
2013–141Pro A15ºCuartos de final
2014–152Pro BRolda de 32
2015–162Pro B16ºRolda de 32
2016–172Pro B15ºOitavos de final
2017–182Pro BRolda de 16
2018–192Pro BRolda de 32
2019–201Pro A16ºRolda de 16
2020–211Pro A16ºOitavos de final
2021–221Pro A13ºRolda de 16

Xogadores

editar

Destacados

editar

Notas

editar
  1. Legros, Antoine (10 de xullo de 2020). "Série: les stades et enceintes de la loire, la Halle André Vacheresse". Parlons Sports Loire (en francés). 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar