Automóbil deportivo

(Redirección desde «Coche deportivo»)

Un automóbil deportivo é un automóbil pequeno, xeralmente para dous pasaxeiros, deseñado para circular a altas velocidades.[1] Ao contrario que un automóbil de carreiras, un automóbil deportivo está pensado para ser conducido na vía pública. Adoita ter mellor aceleración, velocidade máxima, adherencia ao asfalto, e maior sistema de freada que outros automóbiles, o cal lógrase mediante motores, freos, suspensión, caixa de cambios, pneumáticos, chasis e carrozaría especiais. As carrozarías asociadas a un deportivo son cupé e cabriolé.

Porsche 911

Tradicionalmente reservábase este cualificativo para vehículos de marcas connotadas, prezos elevados e altas prestacións; ou ben para vehículos con motores de alta cilindrada. En atención estrita á súa definición, débese considerar que existen vehículos con características deportivas en practicamente todos os segmentos.

Tipos de deportivos

editar
BMW Z3

Existen distintos tipos de automóbiles deportivos, que se distinguen segundo as súas características:

Koenigsegg CCXR, un superdeportivo.

Outros automóbiles poden ter características deportivas, pero sen que se utilice propiamente o termo "automóbiles deportivos" para describilos. Neste caso, adoitan ser versións modificadas de automóbiles non deportivos. As versións deportivas derivadas de automóbiles dos segmentos A, B ou C con carrozaría hatchback adóitanse denominar deportivos pequenos ou tamén desígnanse como compactos deportivos. Á súa vez, un derivado dun sedán denomínase sedán deportivo.

Notas

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar