Década de 1120
década do século XII
Segundo milenio | |||||
Século XII | |||||
| |||||
|
1120
- Artigo principal: 1120.
- Santiago de Compostela é elevada a rango arcebispal, por obra de Xelmírez
- Os aragaoneses conquistan Calatayud.
- 25 de novembro — O buque White Ship (en galego "Navio Branco") naufraxa no Canal da Mancha, resultando morto o herdeiro a corona de Inglaterra e fillo de Henrique I, Guilherme Adelin.
1121
- Artigo principal: 1121.
África
- Ibn Tumart, fundador do movemento almohade, proclámase, en Marrocos, o Mahdí (mesías).
Europa
- Os navarros e aragoneses conquistan Tudela.
- Ali ben Yusuf, emir almorábide, decreta a expulsión da poboación mozárabe de Al-Andalus para Marrocos.
1122
- Artigo principal: 1122.
- Aparición da bóveda oxival gótica en Francia na igrexa de Morienval, en Oise.
- Expedición de Lois VII de Francia contra o conde de Auvernia.
- O emperador bizantino Xoán II Comneno derrota aos pechenegos.
- O Concordato de Worms pon fin á disputa das investiduras entre a Igrexa e os Estados.
- Pierre o Venerábel convertese en abade de Cluny.
- Remata a construción da Catedral de Santiago.
- O Papa Calisto II institúe o Ano Santo Xacobeo.
- D. Afonso Henriques, aínda infante, é armado cabaleiro na catedral de Zamora.
- 17 de febreiro: Tareixa de León, raíña de Portugal, concede ó bispo de Ourense e ós seus sucesores a xurisdición sobre a cidade. O acto sería confirmado por monarcas posteriores.
1123
- Artigo principal: 1123.
- * Sutoku accede ao trono e convértese no 75º emperador do Xapón tras a abdicación do seu pai Toba (até 1141).
Arte e cultura
- Benzón das igrexas de Santa María e San Clemente de Tahull, polo bispo Raimundo de Barbastro. As súas célebres pinturas murais dátanse neste ano.
1124
- Artigo principal: 1124.
- 25 de maio - Afonso VII é armado cabaleiro por Diego Xelmírez na Catedral de Santiago.
1125
- Artigo principal: 1125.
- Comeza a construción da catedral de Tui (data probábel).
1126
- Artigo principal: 1126.
- 10 de marzo: Afonso VII rei de Galiza desde o 1111, é coroado tamén na catedral de León como rei de León e Castela.
1127
- Artigo principal: 1127.
1128
- Artigo principal: 1128.
- 24 de xuño - Batalla de San Mamede: as tropas do conde portugués Afonso Henriques vencen ás tropas galegas mandadas pola súa nai Dona Tereixa de León e Fernando Pérez de Traba. O condado de Portugal fica exento do control galego.
- Khun Chuang accede ao trono do reino de Sawa, que corresponde aproximadamente ao actual Laos, en Indochina.
- O papa Honorio II recoñece e confirma a Orde dos cabaleiros templarios.
- A universidade de París sepárase do claustro de Nôtre-Dame e instálase na montaña de Sainte-Geneviève.
1129
- Artigo principal: 1129.
Galiza
- 1 de novembro: Fúndase o Mosteiro de Toxos Outos en Lousame.
Europa
- Concilio de Troyes, que aproba a regra dos Templarios.
- Knud Lavard, jarl dinamarqués de Schleswig, somete aos Obodritas e faise proclamar rei deles, baixo a soberanía do emperador Lotario II.
Asia
- Os Djürchet rematan a conquista do norte da China e atravesan o Yang-tse-kiang por dous lugares até o Jiangxi e Nakin.
Oriente Próximo
- O atabek de Damasco, Bouri, fai executar o visir al-Mazdaghani, protector dos asasinos (batinís). Os partidarios da seita son masacrados polo pobo. Os seus xefes son crucificados sobre as ameas das murallas. Segundo o cronista Ali Ibn al-Athîr, al-Mazdaghani e os asasinos pretendíanlle entregar a vila aos francos a cambio de Tiro e foi ao ter noticia do complot que Bouri decidiu actuar. Os poucos batinís superviventes instálanse en Palestina baixo a protección de Balduíno II de Xerusalén logo de entregarlle a fortaleza de Banias, na ruta entre Xerusalén e Damasco.
- Varias semanas máis tarde, un exército de 10 000 cabaleiros e fantasíns francos chegados da Palestina, Antioquía, Edesa e o condado de Trípoli preséntanse fronte a Damasco. Bouri recorre ás presas ás bandas de nómades turcos e a algunhas tribos árabes para rexeitar o ataque. Varios miles de francos, que se dedicaran á pillaxe na chaira da Ghouta, son sorprendidos polo ataque. Balduíno abandona o continxente e reagrupa as súas tropas para unha nova tentativa. Unha tempestade abátese sobre a rexión e transfórmaa nun inmenso lago de lama (comezos de setembro). Non podendo avanzar, Balduíno ordena a retirada.
🔥 Top keywords: PortadaRoko (actriz)Especial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontLista das bolboretas de GaliciaWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISicario (filme de 2015)Mercedes RosónRato de laboratorioDiego AnidoXeorxiaQuiaboSegunda guerra mundialPosicións sexuaisTámara EchegoyenCabo FisterraAlice Cooperx3d0yMichelle Clemente EscotetCronoloxía da Grecia antigaMaría JamardoRaphaelTamar NovasEva Iglesias MiguénsGaliciaLuis ArcePercebe da madeiraLima (homónimos)Saudade de tiCopia por contactoWikipedia:Advertencia xeralWikipedia:Acerca deLouis PasteurClanesCultura castrexaEscrita xaponesaSantiago de CompostelaSum 41