Daniel Kehlmann
Daniel Kehlmann (nado o 13 de xaneiro de 1975) é un novelista e dramaturgo alemán.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/23/Daniel_Kehlmann_auf_der_Frankfurter_Buchmesse_2017.jpg/220px-Daniel_Kehlmann_auf_der_Frankfurter_Buchmesse_2017.jpg)
Traxectoria
editarNaceu en Múnic (Baviera) sendo fillo do director televisivo Michael Kehlmann e a actriz Dagmar Mettler. Debido ao traballo dos seus pais, instalouse en Viena (Austria) con seis anos, razón pola que ten dobre nacionalidade xermano-austríaca.[1] Os seus avós paternos eran xudeus, e o seu pai estivo nun campo de concentración durante a segunda guerra mundial.[2]
Publicou a súa primeira novela Beerholms Vorstellung, en 1997, cando aínda era un estudante universitario, e gañou sona grazas a Ich und Kaminski (2003). Con todo, acadaría o éxito coa novela Die Vermessung der Welt (2005), traducida ao galego como A medición do mundo. Nela, presenta con humor e ironía a vida, traballos e ambicións do naturalista Alexander von Humboldt e do matemático Carl Friedich Gauss.[3] A novela foi a segunda mellor vendida do mundo no ano 2006, segundo o New York Times.[4]
As obras que publicou dende entón foron louvadas pola crítica e colleitaron importantes éxitos de venda, como Tyll (2017) unha novela histórica con elementos fantásticos na que percorre momentos clave da Alemaña da Guerra dos Trinta Anos e da Paz de Westfalia da man de Till Eulenspiegel, unha figura do folclore alemán. Esta novela foi finalista do Premio Internacional Booker en 2020 e está sendo adaptada como unha produción audiovisual para Netflix.[5] Tamén conta cunha versión cinematográfica Du hättest gehen sollen (2016) que foi levada ao cine como You should have left (2020) protagonizada por Kevin Bacon.[6]
Vive entre Nova York, onde traballa na súa Universidade, e Berlín.[7]
Premios
editar- 2006 Kleist Premio
- 2007 WELT Literaturpreis
- 2007 Grand Prix du livre des dirigeants
- 2008 Thomas-Mann-Preis
- 2008 PO Enquist Pris
- 2010 Prix Cévennes du romano européen
- 2012 Nestroy Premio de Teatro
- 2018 Friedrich-Hölderlin-Preis
- 2018 Frank-Schirrmacher-Preis
- 2019 Premio Anton Wildgans
- 2019 Schubart Literaturpreis
- 2021 Elisabeth-Langgässer-Literaturpreis
Obras
editar- Beerholms Vorstellung (1997).
- Unter der Sonne (1998).
- Mahlers Zeit (1999).
- Der fernste Ort (2001).
- Ich und Kaminski (2003).
- Die Vermessung der Welt (2005).
- Réquiem für einen Hund (2008).
- Leo Richters Porträt (2009).
- Ruhm. Ein Romano en neun Geschichten (2009).
- Lob: Über Literatur (2010).
- F. (2013).
- Du hättest gehen sollen (2016).
- Tyll (2017).
Obras traducidas ao galego
editarA Editorial Galaxia publicou dúas novelas de Daniel Kehlmann dentro da súa colección Biblioteca Compostela. Trátase de Die Vermessung der Welt (2005) traducida en 2006 como A medición do mundo,[8] e Ruhm. Ein Romano en neun Geschichten (2009), vertido como A fama. Novela en nove historias.[9] Ambas as dúas foron traducidas por Patricia Buxán.
Notas
editar- ↑ Interview with Kehlmann in the Tagesspiegel.
- ↑ "Waiting For The Right Holocaust Angle". 24-4-2012. Consultado o 5-8-2021.
- ↑ "A medición do mundo". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-08-05.
- ↑ Hoffman, Jascha. "DATA; COMPARATIVE LITERATURE". query.nytimes.com (en inglés). Consultado o 2021-08-05.
- ↑ "Today at Frankfurter Buchmesse: Netflix's Kelly Luegenbiehl's CEO Talk". Publishing Perspectives (en inglés). 2019-10-16. Consultado o 2021-08-05.
- ↑ "You Should Have Left (2020) - IMDb" (en inglés). Consultado o 2021-08-05.
- ↑ "Best-selling German-language author Daniel Kehlmann and Adam Soboczynski of DIE ZEIT". New York University.
- ↑ "Ficha de publicación: A medición do mundo.". Consello da Cultura Galega.
- ↑ "Ficha de publicación: A Fama.". Consello da Cultura Galega.