Das Rheingold

Das Rheingold (en galego, O ouro do Rin) é unha ópera en catro cadros con música e libreto en alemán de Richard Wagner. É a primeira das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo). A ópera foi estreada no Königliches Hof-und Nationaltheater de München o 22 de setembro de 1869 de xeito illado, antes mesmo do termo do ciclo do anel, baixo o patrocinio de Lois II de Baviera, contra a vontade de Wagner, que pretendía estrear a obra por completo no seu teatro de ópera de Bayreuth, que daquela aínda estaba en construción. Non foi ata o 13 de agosto de 1876 cando se representou por primeira vez dentro do ciclo completo. Forma parte do Canon de Bayreuth.

Das Rheingold
O ouro do Rin
Estrea en Bayreuth (1876).
FormaPrólogo
Actos e escenas1 acto formado por un preludio e 4 escenas
Idioma orixinal do libretoAlemán
LibretistaRichard Wagner
Fontes literariasO poema anónimo medieval Das Nibelungenlied e a escandinava Volsunga Saga
Estrea22 de setembro de 1869
Teatro da estreaKönigliches Hof-und Nationaltheater
Lugar da estreaMünchen
Duración2 horas 30 minutos
Música
CompositorRichard Wagner
Personaxes
Deuses
Nibelungos
Os xigantes
As doncellas do Rin

Das Rheingold é desafiante para os músicos da orquestra e o director. Tendo un único acto, e con dúas horas e media de música continua, é necesario distribuír ben a enerxía ata o final. É un desafío tamén para os directores de escena pola presenza do río Rin, onde se ambienta a primeira escena, pola aparición dos xigantes Fafner e Fasolt (que deben aparentar máis de dous metros de altura) e polos efectos especiais das transformacións de Alberich co seu helmo máxico e os poderes de Donner e Froh.

Para crear a impresión correcta ao espectador, foi necesaria a creación de máquinas especiais. Wagner supervisou persoalmente a creación desas máquinas, así como tódolos outros detalles da encenificación, nunha época (segunda metade do século XIX) na que non había enerxía eléctrica.

A historia lida co tema da busca desmedida polo poder, envolvendo a renúncia ao amor e contratos inaxeitados. Das Rheingold está marcada musicalmente polo uso do leitmotiv, o uso de temas musicais para identificar elementos da obra, como personaxes ou lugares.

Personaxes

editar
PersonaxeTesituraRepartimento na estrea[2]
22 de setembro de 1869
(Director: Franz Wüllner)
Repartimento na estrea do ciclo completo[3]
13 de agosto de 1876
(Director: Hans Richter)
Deuses
Wotan, deus supremobaixo-barítonoAugust KindermannFranz Betz
Loge, deus do lumetenorHeinrich VoglHeinrich Vogl
Fricka, dona de Wotan, deusa do amor conxugalmezzosopranoSophie StehleFriederike Grün
Freia, seu irmá, deusa da xuventudesopranoHenriette MullerMarie Haupt
Donner, deus do trono, irmán de Fricka e de Freiabaixo-barítonoKarl Samuel HeinrichEugen Gura
Froh, deus do día, irmán de Fricka e de FreiatenorFranz NachbaurGeorg Unger
Erda, deusa nai da naturezacontraltoEmma SeehoferLuise Jaide
Nibelungos
Alberich, anano nibelungobarítonoKarl FischerKarl Hill
Mime, seu irmántenorMax SchlosserMax Schlosser
Nibelungos
Xigantes
Fasoltbaxo-barítono ou baixoToni PetzerAlbert Eilers
Fafner, seu irmánbaixoKaspar BauseweinFranz von Reichenberg
Fillas do Rin
WoglindesopranoAnna KaufmannLilli Lehmann
Wellgundesoprano ou mezzosopranoTherese VoglMarie Lehmann
FlosshildemezzosopranoWilhelmine RitterMinna Lammert

Notas

editar
  1. Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en español) (2.ª ed.). Alianza Editorial, S.A. p. 314. ISBN 84-206-0284-1. 
  2. "Almanacco 22 de septiembre de 1869 (AmadeusOnline)". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2012. Consultado o 10 de xullo de 2012. 
  3. "Almanacco 13 de agosto de 1876 (AmadeusOnline)". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2011. Consultado o 05 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén

editar

 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.