Edi Gathegi

actor estadounidense

Edi Mue Gathegi nado en Nairobi o 10 de marzo de 1979, é un actor de cinema, teatro e televisión kenyano-estadounidense. É coñecido polos seus papeis como o doutor "Jeffrey Cole" na exitosa serie de televisión House ou como "Laurent" nos filmes de Twilight e The Twilight Saga: New Moon.

Infotaula de personaEdi Gathegi

(2009) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Edi Mue Gathegi Editar o valor em Wikidata
10 de marzo de 1979 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Nairobi, Kenya Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Kenya Editar o valor em Wikidata
EducaciónNew York University Tisch School of the Arts (en) Traducir
Universidade de Califórnia en Santa Bárbara
Albany High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de teatro , actor de cinema , actor de televisión , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1346230 Allocine: 193129 Rottentomatoes: celebrity/edi-gathegi Allmovie: p489643 WikiTree: Gathegi-1 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Aínda que naceu en Kenya, Gathegi medrou en Albany, California. Como estudante non declarado da "Universidade de California en Santa Bárbara", estaba máis interesado en xogar ó baloncesto e era realmente bo ata que se lesionou o xeonllo, o cal meteuno nunha gran depresión polo que tomou clases de actuación como un recurso para recuperarse.

Alí foi onde descubriu o seu amor pola actuación. Máis tarde, asistiu á "Escola Tisch das Artes na Universidade" de Nova York. A súa carreira comezou no teatro, e as súas obras inclúen "Two Trains Running", "As You Like It", "Twelfth Night", "Othello", "A Midsummer Night's Dream" e "Cyrano de Bergerac" entre outros.

O primeiro papel profesional foi como taxista haitiano no filme Crank en 2006. En 2007, apareceu como estrela invitada en Lincoln Heights, Veronica Mars, Death Sentence e en The Fifth Patient. Tamén apareceu en series de éxito como House, CSI Miami e CSI; e nos filmes Twilight e The Twilight Saga: New Moon. No 2011 interpretou o mutante Darwin no filme X-Men: First Class.

Filmografía

editar
AnoTítuloPapelNotas
2006CrankTaxista haitiano
2007Veronica MarsZeke MolindaSerie de televisión
2007HouseDr. Jeffrey ColeSerie de televisión
2007Gone Baby GoneCheese
2007The Fifth PatientDarudi
2007Death SentenceBodie
2007Lincoln HeightsBoaSerie de televisión
2008TwilightLaurent
2008CSI MiamiFreddie MaysSerie de televisión
2008CSISkinny DudeSerie de televisión
2009My Bloody Valentine 3DDeputy Martin
2009The Twilight Saga: New MoonLaurent
2011X-Men: First ClassArmando Muñoz / Darwin
2011Atlas ShruggedEddie Willers
2011NikitaKalume UngaraSerie de televisión

Véxase tamén

editar