Estación de Altsasu

Coordenadas: 42°53′41″N 2°10′52″O / 42.894861111111, -2.1812

A estación de Altsasu é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Altsasu, en Navarra. É a principal estación do municipio e un importante nó ferroviario da rede. Dispón de servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Cumpre tamén funcións loxísticas.

Altsasu
SituaciónAltsasu
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Intercity
Media distanciaIntercity, MD

Situación ferroviaria

editar

É unha estación de bifurcación situada a 533,83 metros de altitude, que forma parte das seguintes liñas férreas:

Historia

editar

A estación foi inaugurada o 20 de agosto de 1864 coa posta en marcha do tramo Olazti-Beasain da liña radial Madrid-Hendaia. A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España. Norte fíxose tamén o 12 de marzo de 1878 coa Compañía do Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona e Barcelona asumindo así a xestión da outra liña que chegaba a Altsasu, a Zaragoza-Altsasu vía Pamplona. En 1941 a compañía foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

editar

Atópase ao oeste da localidade. Como outras estaciones nó o edificio de viaxeiros parece unha illa atrapada entre a considerable praia de vías que se estende a cada un dos seus costados.[2] En total dúas plataformas laterais e dúas centrais dan acceso a seis vías (vías 1, 2, 3, 12, 14 e 16). O resto, as vías 5, 7, 9, 11, 13 e 15 por unha banda e 18, 20, 22, 24, 26, 28, 30 polo outro, son vías de apartado ou con funcións loxísticas usadas frecuentemente por trens de mercadorías. Completan a praia outras sete vías máis que son vías mortas.

Servizos ferroviarios

editar

Longa distancia

editar

Actualizado a 26 de xuño de 2016.

TrenOrixeParadas intermediasDestinoObservacións
AlviaMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · IrúnHendaia2 trens diarios por sentido
IntercityHendaiaIrún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de CompostelaA Coruña1 tren diario por sentido

Media distancia

editar

Actualizado a 26 de xuño de 2016.

LiñaTrensOrixe/DestinoDestino/Orixe
IntercityIrúnMadrid-Chamartín
25MDIrúnVitoria
Miranda de Ebro

Notas

editar
  1. 1,0 1,1 Alsasua (Est.) Euroferroviarios
  2. Información técnica Arquivado 07 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Adif

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar