European Challenge Cup 2010-2011

A tempada 2010-2011 da European Challenge Cup foi a 16ª edición da segunda competición continental do rugby europeo. Como viña sendo habitual nos últimos anos, 20 foron os equipos participantes, divididos en 5 grupos de 4, para afrontar a primeira fase da competición, que é a fase de grupos. Tralas 6 xornadas correspondentes a esta primeira fase, viñeron os cuartos de final e as semifinais, a partido único, e a final. A primeira xornada foi o día 8 de outubro do 2010, e a gran final foi o 20 de maio do 2011, disputouse no Cardiff City Stadium de Cardiff (Gales) un día antes da gran final da Heineken Cup, que se xogou na mesma cidade, mais noutro estadio, o Millennium Stadium.

O equipo que defendía este ano o título obtido na anterior tempada era Cardiff Blues, que o ano anterior acadara por 1ª vez o título de campión, vencendo na final a RC Toulon.

Este ano Francia achegou 7 equipos ó torneo, Inglaterra 6, Italia 4, Irlanda 1, Romanía 1 e España 1.

O club español que participou esta tempada na European Challenge Cup foi o Club de Rugby El Salvador de Valladolid como campión da Liga Española de rugby na tempada 2009/10.

Fase de grupos

editar

Ó remate da fase de grupos, os 5 equipos líderes de grupo pasaron directamente á fase de cuartos de final, así coma os 3 mellores equipos da Heineken Cup que non foron capaces de pasar ós cuartos de final.

Fase de Play Offs

editar

Sumados aos 5 equipos que conseguiron ser primeiros nos grupos, presentáronse nos cuartos de final os 3 equipos mellores da primeira fase da Heineken Cup 2010-2011 que non foron capaces de clasificarse para os cuartos de final da máxima competición continental. Nesta tempada eses 3 equipos foron Munster Rugby, London Wasps e ASM Clermont, algúns dos mellores equipos do continente.

A final da edición 2010/11 da European Challenge Cup tivo lugar no Cardiff City Stadium.
Cuartos de finalSemifinalFinal
          
    
 Stade Français 32
 Montpellier HR 28 
 Stade Français 29
  ASM Clermont 25 
 La Rochelle 13
 ASM Clermont 23 
 Stade Français 18
  Harlequins 19
 CA Brive 37
 Munster Rugby 42 
 Munster Rugby 12
  Harlequins 20 
 Harlequins 32
 London Wasps 22 


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar