Eurovision: Europe Shine a Light
Eurovision: Europe Shine a Light, foi un programa de televisión que se emitiu en directo, organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (UER) e polos entes de radiodifusión dos Países Baixos: AVROTROS, Nederlandse Omroep Stichting (NOS) e Nederlandse Publieke Omroep (NPO). Este espazo foi o encargado de substituír a LXV edición do Festival de Eurovisión 2020, que estaba prevista para que se celebrase na cidade de Rotterdam (Países Baixos), pero foi cancelada por mor da pandemia de COVID-19.
Eurovision: Europe Shine a Light | |
---|---|
Datas | |
Final | 16 de maio de 2020 |
Anfitrión | |
Presentador(es) | Chantal Janzen Edsilia Rombley Jan Smit NikkieTutorials |
Televisión anfitrioa | ![]() ![]() ![]() |
O evento foi emitido desde a cidade neerlandesa de Hilversum o día 16 de maio de 2020. A súa duración foi de aproximadamente dúas horas.[1][2] Ademais, foi presentado por Chantal Janzen, Edsilia Rombley e Jan Smit, que xa foran elixidos anteriormente para presentar a edición do Festival de Eurovisión 2020, antes de que este fora cancelado.[3]
Antecedentes
editar- Véxase tamén: Pandemia de COVID-19.
Como a LXV edición do Festival de Eurovisión 2020 non se ía a poder celebrar debido ao brote de enfermidade por coronavirus 2019 (COVID-19), a UER decidiu organizar o programa de televisión Eurovision: Europe Shine a Light como alternativa. O nome deste programa foi inspirado pola canción «Love Shine a Light» da banda anglo-estadounidense Katrina & the Waves, a cal gañou o Festival de Eurovisión 1997 (XLII edición).
Esta foi a cuarta vez que a UER organizou un programa especial no formato de Eurovisión, logo dos especiais preparados para o 25°, 50º e 60º aniversario do festival: Songs of Europe (celebrado o 22 de agosto de 1981 en Mysen, Noruega), Congratulations: 50 years of the Eurovision Song Contest (celebrado o 22 de outubro de 2005 en Copenhague, Dinamarca) e Eurovision Song Contest's Greatest Hits (celebrado o 31 de marzo de 2015 en Londres, Reino Unido). Cabe destacar que, do mesmo xeito que este último, o especial de 2020 foi un certame non competitivo.
Formato
editar![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a5/Eurovision-2020-hosts.png/220px-Eurovision-2020-hosts.png)
Durante o programa, as 41 cancións que foran elixidas para participar no Festival de Eurovisión 2020 foron homenaxeadas nun formato non competitivo. Xuntos, todos os artistas interpretaron a canción "Love Shine a Light" desde os seus respectivos países de orixe.[4] Tamén foron invitados varios participantes de edicións anteriores e os fans enviaron fragmentos de vídeo cantando "What's Another Year?" de Johnny Logan, vencedor do Festival de Eurovisión 1980 na Haia.[5]
Localización
editarO 1 de abril de 2020, Hilversum foi confirmada como cidade anfitrioa do evento, co Studio 21 en Media Park como sede do espectáculo.[1] Foi a segunda vez que Hilversum organizou un evento de Eurovisión, xa que previamente albergou o Festival de Eurovisión 1958.[6]
Contidos
editarActuacións
editarO programa contou con actuacións dos seguintes artistas de Eurovisión:[7]
Mostra das cancións de 2020
editarO programa tamén mostrou aos artistas e as cancións que previstas para o Festival de Eurovisión 2020 con breves extractos dos vídeos musicais ou representacións das cancións, xunto con mensaxes dos propios artistas sobre a situación excepcional causada pola pandemia. A orde foi a seguinte:
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Granger, Anthony (1 de abril de 2020). "Eurovision: Europe Shine a Light To Be Broadcast Live From Hilversum". Eurovoix (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020.
- ↑ "Eurovision: Europe Shine A Light will bring audiences together on 16 May". Eurovision.tv. 31 de marzo de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "European Broadcasting Union Announces 'Eurovision: Europe Shine a Light'". Eurovoix (en inglés). 31 de marzo de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ Muldoon, Padraig (7 de abril de 2020). "2020 Acts To Sing "Love Shine A Light" At Eurovision: Europe Shine A Light". Wiwibloggs. Consultado o 10 de abril de 2020.
- ↑ "Oproep: Eurovision sing-a-long met Johnny Logan's 'What's Another Year'". Songfestival.nl (en neerlandés). 8 de abril de 2020. Consultado o 10 de abril de 2020.
- ↑ "Hilversum 1958". Eurovision.tv.
- ↑ https://escxtra.com/2020/05/06/guests-europe-shine-a-light/