Eurovision Song Contest's Greatest Hits

O Eurovision Song Contest's Greatest Hits (en galego, Os Grandes Éxitos do Festival da Canción de Eurovisión) foi un espectáculo televisado para conmemorar o 60.º aniversario do Festival de Eurovisión, celebrado na sala Eventim Apollo de Londres, Reino Unido o 31 de marzo de 2015.[1][2]

Eurovision Song Contest's Greatest Hits
Datas
Final31 de marzo de 2015
Anfitrión
LugarEventim Apollo
Londres, Reino Unido
Presentador(es)Petra Mede
Graham Norton
Supervisor executivo Jon Ola Sand
Televisión anfitrioa
Participantes
Participantes15 artistas
Votacións
Sistema de votaciónNon é competitivo

A televisión anfitrioa foi a BBC, da man da UER. Os presentadores da gala foron a sueca Petra Mede (presentadora do Festival de Eurovisión 2013) e o irlandés Graham Norton (comentarista de Eurovisión para a BBC desde 2009).[1]

Na gala-concerto actuaron artistas destacados da historia do Festival de Eurovisión.[1] O evento tivo como precedente a gala celebrada en Copenhaguen en 2005 con motivo do 50º Aniversario, Congratulations: 50 years of the Eurovision Song Contest, aínda que nesta ocasión tivo un formato distinto, sen votacións.

Participantes

editar

Participaron os seguintes quince artistas na gala:[1][3][4][5]

PaísAno (Resultado)ArtistaCanción na gala
Luxemburgo1973 (Gañador)Anne-Marie David"Tu te reconnaîtras"
Reino Unido1976 (Gañador)Brotherhood of Man"Save Your Kisses for Me"
Irlanda1980 (Gañador)
1987 (Gañador)
Johnny Logan"What's Another Year?" e
"Hold Me Now (popurrí)
Alemaña1982 (Gañador)Nicole"Ein bißchen Frieden"
Suecia1984 (Gañador)Herreys"Diggi-Loo Diggi-Ley"
Israel1998 (Gañador)Dana International"Diva"
Dinamarca2000 (Gañador)Olsen Brothers"Fly on the Wings of Love"
Francia2001 (4º)Natasha Saint-Pier"Je n'ai que mon âme"
España2002 (7º)Rosa LópezPopurrí de cancións de España
Finlandia2006 (Gañador)Lordi"Hard Rock Hallelujah"
Noruega1985 (Gañador)Bobbysocks!"La det swinge"
Rusia2006 (2º)
2008 (Gañador)
Dima Bilán"Never Let You Go" e
"Believe" (popurrí)
Suecia2012 (Gañador)Loreen"Euphoria"
Dinamarca2013 (Gañador)Emmelie de Forest"Only Teardrops"
Austria2014 (Gañador)Conchita Wurst"Rise Like a Phoenix"

Retransmisión e comentaristas

editar

As seguintes canles retransmitiron o evento ben en directo ou en diferido:[1]

Data de emisiónPaísCanal de televisiónComentarista(s)
3 de abril de 2015 IrlandaRTÉ2Sen comentaristas
Reino UnidoBBC One
4 de abril de 2015 Bélxica
(en flamenco)
éénPeter Van de Veire
IslandiaRÚVSen comentaristas
NoruegaNRK1
Finlandia
(en sueco)
YLE FemSarah Dawn Finer e Christer Björkman
SueciaSVT 1 e SVT World
5 de abril de 2015 AlbaniaRTSHSen comentaristas
RusiaC1R
San MarinoSMRTV
11 de abril de 2015 Finlandia
(en finés)
YLE TV2
IsraelCanal 1
12 de abril de 2015 RomaníaTVR
13 de abril de 2015 BulgariaBNT 1
25 de abril de 2015 LetoniaLTV1Aigars Rozenbergs
26 de abril de 2015 PortugalRTP1Júlio Isidro
2 de maio de 2015 EsloveniaRTVSLOSen comentaristas
12 de maio de 2015 Bélxica
(en francés)
La UneJean-Louis Lahaye e Maureen Louys
16 de maio de 2015 DinamarcaDR1Ole Tøpholm
AlemañaNDR E MDRPeter Urban
GreciaNERITsubtítulos en grego
RomaníaTVR1Sen comentaristas
17 de maio de 2015 AustriaORF einsAndi Knoll
19 de maio de 2015 SuízaSRF zwei (parte 1)Sen comentaristas
20 de maio de 2015 FranciaFrance 2Natasha Saint-Pier
21 de maio de 2015 SuízaSRF zwei (parte 2)Sen comentaristas
AustraliaSBS
22 de maio de 2015 EstoniaETV
AlemañaEinsFestivalPeter Urban
23 de maio de 2015 EspañaLa 1José María Íñigo e Julia Varela
SerbiaRTSSen comentaristas

Notas

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
🔥 Top keywords: