Fernando Serena

futbolista español

Fernando Rodríguez Serena, nado en Madrid o 28 de xaneiro de 1941 e finado en Pamplona o 15 de outubro de 2018,[1][2] foi un futbolista español que xogaba como extremo dereito.

Serena
Información persoal
NomeFernando Rodríguez Serena
Nacemento28 de xaneiro de 1941
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento15 de outubro de 2018
Lugar de falecementoPamplona
Altura165 centímetros
Posiciónextremo esquerdo
Carreira xuvenil
Real Madrid
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1960–1961Plus Ultra25(4)
1961–1968Real Madrid54(11)
1961–1963 Osasuna51(9)
1968–1970Elche39(3)
1970–1976Sant Andreu175(18)
Total344(45)
Selección nacional
1959España sub-181(0)
1963España1(0)
Na rede
UEFA: 75619 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Formouse nas categorías inferiores do Real Madrid, e en 1960 debutou co filial, o Plus Ultra, na Segunda División. Nese equipo coincidiu con xogadores como Luis Aragonés ou Gento III, e disputou 26 encontros, marcando 4 goles. A continuación xogou dous anos cedido en Osasuna, na Primeira División, club co que marcou un total de 10 goles en 55 partidos.

En 1963 regresou ao Real Madrid, e xogou as seguintes cinco tempadas co primeiro equipo. É especialmente lembrado por marcar o gol decisivo na final da Copa de Europa de 1966, ante o Partizan de Belgrado no estadio de Heysel de Bruxelas, completando a remontada do club branco, despois de que Velibor Vasović adiantase o equipo iugoslavo e Amancio empatase.[3][4] Adoitaba xogar na banda dereita, onde destacaba pola súa elegancia, a velocidade do seu xogo e a precisión nos centros.

En 1968 polo Elxe CF, onde xogou dúas tempadas, antes de pasar á UE Sant Andreu, club no que se asentou durante os seguintes seis anos, todos eles na Segunda División.

Selección española

editar

Vestiu nunha ocasión a camiseta da selección española, o 9 de xaneiro de 1963, nun partido amigable contra Francia no Camp Nou no que entrou na segunda parte como substituto de Enrique Collar.

Faleceu o 15 de outubro de 2018, aos 77 anos.[1]

Palmarés

editar
Real Madrid

Notas

editar
  1. 1,0 1,1 Ayala, Manuel (15 de outubro de 2018). "Fallece Fernando Serena, héroe de la sexta Copa de Europa". Mundo Deportivo (en castelán) (Barcelona). Consultado o 6 de maio de 2022. 
  2. B., E. (15 de outubro de 2018). "Muere Serena, mítico jugador del Real Madrid, a los 77 años de edad". El Español (en castelán) (Madrid). Consultado o 6 de maio de 2022. 
  3. "¿Quién se acuerda de Serena?" (en castelán). 6 de abril de 2013. Consultado o 6 de maio de 2022. 
  4. "Real Madrid 2-1 Partizan". UEFA (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar