Festival de Eurovisión 2002

O XLVII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse o 25 de maio de 2002, no complexo Saku Surhall de Tallin, Estonia. Os presentadores foron Annely Peebo e Marko Matvere. Marie N foi a ganadora deste Festival, representando a Letonia coa canción "I wanna", desbancando ás máximas favoritas, Afro-diche (Suecia) e Corinna May (Alemaña).

Festival da Canción de Eurovisión 2002
Saku Suurhall, sede do Festival de Eurovisión 2002.
LocalizaciónTallin, Estonia Estonia
TV anfitrioaEesti Televisioon
Data25 de maio de 2002
EdiciónXLVII
PresentadoresAnnely Peebo e Marko Matvere
GañadorI wanna, Marie N
Letonia Letonia
Participantes24
Debutantes-
RetornosAustria Austria
Bélxica Bélxica
Chipre Chipre
Finlandia Finlandia
Macedonia do Norte Macedonia do Norte
Romanía Romanía
Suíza Suíza
RetiradosIrlanda Irlanda
Islandia Islandia
Noruega Noruega
Países Baixos Países Baixos
Polonia Polonia
Portugal Portugal
Actos artísticosBallet e coro de ETV

En 2002, a Unión Europea de Radiodifusión volveu ao sistema simple usado en 1994 e 1995 para determinar que países participarían no concurso. Os países con menos puntuación (sen contar Francia, Alemaña, España e o Reino Unido, que formaban o Big Four) do ano anterior foron excluídos, omitindo tantos países como fose necesario para reducir o número de participantes a 24. Xa que logo clasificáronse os 17 primeiros clasificados da edición de 2001 e sete países relegados en 2001. En principio a Portugal correspondíalle unha praza, pero Portugal declinou participar por problemas internos, e foron substituídos por Letonia, que acabaría gañando o concurso.[1]

Esta edición tivo unha audiencia segundo a UER e televisión estona de 166 millóns de espectadores, alcanzando os maiores índices en Malta (con máis dun 90% de seguimento), Suecia e España. Neste último país, ademais, converteuse no espazo máis visto desde que existían as estatísticas de audiencia, creando grazas ao concurso de selección, Operación Triunfo, un grande eco informativo e fenómeno de masas en España.

O pavillón e escenario de Tallin, pese a albergar a uns 5.000 espectadores, quedábase lonxe da capacidade das dúas últimas sedes en Estocolmo e Copenhaguen. Foi o primeiro festival celebrado nun dos países de Europa Oriental incorporados ao certame a partir dos anos 90.

Países participantes

editar

Cancións e selección

editar
País e TVTítulo orixinal da canciónArtistaProceso e data de selección
Lingua(s)
Alemaña
ARD
I can't live without musicCorinna MayCountdown Grand Prix, 22-02-02
inglés
Austria
ORF
Say a wordManuel OrtegaSong.Null.Zwei, 01-03-02
inglés
Bélxica
VRT
SisterSergio & The LadiesEurosong '02, 17-02-02
inglés
Bosnia e Hercegovina
PBSBIH
Na jastuku za dvojeMaja TatićBH Eurosong 2002, 23-02-02
Bosníaco e inglés
Chipre
CyBC
GimmeOneElección interna
inglés
Croacia
HRT
Everything I WantVesna PisarovićDora 2002, 10-03-02
inglés
Dinamarca
DR
Tell me who you areMalene MortensenDansk Melodi Grand Prix, 09-02-02
inglés
Eslovenia
RTVSLO
Samo ljubezenSestreEMA 2002, 16-02-02
Esloveno
España
TVE
Europe's Living a CelebrationRosaOperación Triunfo, 18-03-02
Castelán e inglés
Estonia
ERR
RunawaySahleneEurolaul 2002, 26-01-02
inglés
Francia
France 3
Il Faut Du Temps (Je Me Battrai Pour Ça)Sandrine FrançoisElección interna
francés
Finlandia
YLE
Addicted to youLaura VoutilainenEuroviisut 2002, 26-01-02
inglés
Grecia
ERT
S.A.G.A.P.O.Michalis RakintzisFinal nacional, 26-02-02
inglés
Israel
IBA
Light a candle (Nadlik Beyachad Ner)Sarit HadadElección interna
Hebreo e inglés
Letonia
LTV
I WannaMarie NEirodziesma 2002, 02-03-02
inglés
Lituania
LRT
Happy youAivarasFinal nacional, 14-02-02[2]
inglés
Macedonia do Norte
MKRTV
Od nas zavisiKarolina GočevaFinal nacional, 16-02-02
Macedonio
Malta
PBS
7th wonderIra LoscoMalta Song For Europe, 16-02-02
inglés
Reino Unido
BBC
Come backJessica GarlickA Song For Europe, 03-03-02
inglés
Romanía
TVR
Tell me whyMonica Anghel & Marcel PavelFinal nacional, 03-03-02
inglés
Rusia
C1R
Northern girlPrime MinisterElección interna
inglés
Suecia
SVT
Never let it goAfro-diteMelodifestivalen 2002, 01-03-02
inglés
Suíza
SRG SSR
Dans Le Jardin De Mon ÂmeFrancine JordiFinal nacional, 02-02-02
Francés
Turquía
TRT
Leylaklar soldu kalbindeBuket Bengisu & Group SapphireFinal nacional, 15-02-02
Turco e inglés

Artistas que regresaron

editar

Linguas

editar

Dos 24 temas participantes, 16 foron interpretados integramente en inglés. Dos restantes 8, catro foron cantados completamente na súa lingua oficial (Eslovenia, Francia, a Antiga República Iugoslava de Macedonia) e Suíza). Bosnia e Hercegovina, España, Israel e Turquía mesturaron a súa lingua propia con frases en inglés.

Celebración do festival

editar
#PaísIntérprete(s)CanciónLugarPuntos
1 ChipreOneGimme685
2 Reino UnidoJessica GarlickCome back3111
3 AustriaManuel OrtegaSay a word1826
4 GreciaMichalis RakintzisS.A.G.A.P.O.1727
5 EspañaRosaEurope's living a celebration781
6 CroaciaVesna PisarovićEverything I want1144
7 RusiaPrime MinisterNorthern girl1055
8 EstoniaSahleneRunaway3111
9 Macedonia do NorteKarolina GočevaOd nas zavisi1925
10 IsraelSarit HadadLight a candle (Nadlik beyachad ner)1237
11 SuízaFrancine JordiDans le jardin de mon âme2215
12 SueciaAfro-diteNever let it go872
13 FinlandiaLaura VoutilainenAddicted to you2024
14 DinamarcaMalene MortensenTell me who you are247
15 Bosnia e HercegovinaMaja TatićNa jastuku za dvoje1333
16 BélxicaSergio & the LadiesSister1333
17 FranciaSandrine FrançoisIl faut du temps (Je me battrai pour ça)5109
18 AlemañaCorinna MayI can't live without music2117
19 TurquíaBuket Bengisu & Group SapphireLeylaklar soldu kalbinde1629
20 MaltaIra Losco7th wonder2164
21 RomaníaMonica Anghel & Marcel PavelTell me why971
22 EsloveniaSestreSamo ljubezen1333
23 LetoniaMarie NI wanna1176
24 LituaniaAivarasHappy you2312

* Os países resaltados conseguiron a clasificación para o Festival de 2003

Máximas puntuacións

editar

Trala votación os países que recibiron 12 puntos (máxima puntuación que podía outorgar o xurado) foron:

N.ADe
5 LetoniaEspaña, Estonia, Israel, Alemaña, Lituania
3 EspañaSuíza, Bélxica, Francia
3 MaltaReino Unido, Croacia, Dinamarca
2 ChipreGrecia, Malta
2 EstoniaSuecia, Letonia
2 RomaníaRusia, República de Macedonia
1 AustriaTurquía
1 CroaciaEslovenia
1 FranciaFinlandia
1 GreciaChipre
1 Macedonia do NorteRomanía
1 Reino UnidoAustria
1 SueciaBosnia e Hercegovina

Mapa dos participantes

editar
BélxicaItaliaPaíses BaixosSuízaAlemañaReino UnidoMónacoLuxemburgoEspañaIrlandaDinamarcaFinlandiaNoruegaPortugalSueciaIsraelGreciaMaltaAustriaFranciaTurquíaRepública Federal de IugoslaviaMarrocosChipreIslandiaBosnia e HercegovinaCroaciaEsloveniaEstoniaEslovaquiaHungríaRomaníaLituaniaPoloniaRusiaRepública de MacedoniaLetonia
     Países participantes no festival.     Países participantes en edicións anteriores pero non nesta.

Notas

editar
  1. Bakker, Sietse (29-11-2002). "EBU confirmed: Portugal resigns, Latvia is in". ESCToday. Consultado o 02-05-2012. 
  2. A final nacional gañouna o grupo B'Avarija coa canción "We all", pero posteriormente foron descualificados porque a canción publicouse antes da data establecida polas normas. Aivaras, quen acabara en segundo lugar, foi declarado ganador

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Copenhaguen 2001

Festival da Canción de Eurovisión

Tallin 2002
Sucesor:
Riga 2003