Geraldine Chaplin

Actriz británica

Geraldine Leigh Chaplin, nada en Santa Monica (California) o 31 de xullo de 1944, é unha actriz británica que posúe tamén as cidadanías estadounidense e española, cunha ampla traxectoria cinematográfica recoñecida internacionalmente.

Infotaula de personaGeraldine Chaplin

(2023) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Santa Monica, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema , guionista , bailarina , actriz de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1952 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxePatricio Castilla (2006–)
ParellaCarlos Saura (1967–1979) Editar o valor em Wikidata
FillosOona Chaplin
 () Patricio Castilla (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCharlie Chaplin Editar o valor em Wikidata  e Oona O'Neill (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsVictoria Chaplin (pt) Traducir, Josephine Chaplin (pt) Traducir, Eugene Chaplin (pt) Traducir, Christopher Chaplin (pt) Traducir, Michael Chaplin (pt) Traducir, Sydney Chaplin e Charles Chaplin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001036 Allocine: 602 Rottentomatoes: celebrity/geraldine_chaplin Allmovie: p12339 TCM: 32231 TV.com: people/geraldine-chaplin IBDB: 35040 BNE: XX1061471 WikiTree: Chaplin-540 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Filla dun dos máis importantes cineastas da historia, Charles Chaplin e da súa última dona, Oona O'Neill —filla do dramaturgo Eugene O'Neill (Premio Nobel de Literatura e Premio Pulitzer) e da escritora Agnes Boulton—, naceu nos Estados Unidos en 1944.

Aos oito anos a súa familia emigrou á localidade suíza de Vevey (Vaud).[1] En 1961 trasládase a Inglaterra, incorporándose ao Royal Ballet School de Londres. Converteuse en bailarina e exerceu de modelo e mesmo de pallaso no circo Medrano de París.[2]

En 1963 representou o papel de Cincenta no Teatro dos Campos Elíseos, que xunto á súa actuación n'A loba, dirixida por Mike Nichols en 1968, son as súas únicas incursións teatrais.

No cinema apareceu de cativa xunto aos seus irmáns no filme de Chaplin Limelight. En 1964 protagonizou xunto a Jean-Paul Belmondo Par un beau matin d'été e un ano despois triunfou co seu papel principal en Doutor Zhivago, de David Lean. A rodaxe significa o principio do seu arraigamento en España.[3]

Chaplin no Gambrinus de Nápoles.

O seu encontro co director Carlos Saura, a quen ficou ligada profesional e sentimentalmente até 1979, resulta decisivo no desenvolvemento da súa carreira cinematográfica. Rodaron xuntos nove filmes que se inscriben na corrente do novo cinema español contrario aos convencionalismos da época. Salientan Peppermint frappé, Ana y los lobos, Cría cuervos, Elisa, vida mía e Mamá cumple cien años.[4][5]

Nesa etapa continuou traballando no estranxeiro: The Three Musketeers, Noroît, Remember My Name etc.

Até 1998, ano do seu regreso ás pantallas españolas co filme galego Fisterra, onde termina o mundo, dirixido por Xavier Villaverde, Geraldine Chaplin prodígase no cine inglés, francés, suízo e estadounidense, traballando ás ordes de Robert Altman, Alan Rudolph, Alain Resnais, Martin Scorsese e Daniel Schmid, entre outros. Das películas desta longa etapa, salientan The Mirror Crack'd, xunto a Angela Lansbury, Elizabeth Taylor e outros astros de Hollywood; A idade da inocencia, xunto a Daniel Day-Lewis, Winona Ryder e Michelle Pfeiffer e a biográfica Chaplin, de Richard Attenborough, na que interpreta a súa propia avoa.[6]

En 2002 colabora con Pedro Almodóvar en Hable con ella, ademais de obter o Premio Goya á mellor actriz secundaria polo seu traballo en En la ciudad sin límites, de Antonio Hernández, onde volve coincidir con Fernando Fernán Gómez.[7]

En 2005 interpreta a pérfida Señorita Rottenmeier nunha nova versión da coñecida novela Heidi. En 2007 destaca o seu papel de médium no filme de terror El orfanato, de Juan Antonio Bayona, que lle vale unha segunda candidatura ao Goya.[8]

En 2006 recibe a Medalla de Ouro da Academia do Cinema de España en recoñecemento á súa traxectoria.[9][10]

Repite con Juan Antonio Bayona en dous filmes máis: The Impossible e en 2016 en A Monster Calls. Tamén deu voz a unha das personaxes no filme de animación galego O Apóstolo.

Está unida desde 1979 ao director de fotografía chileno Patricio Castela. Ten dous fillos, Shane Saura e a tamén actriz Oona Chaplin.

Filmografía selecta

editar
Chaplin na presentación de El orfanato en Madrid en 2007.
AnoFilmePapelDirector, País, Notas
1952LimelightLittle Girl in Opening Scene (sen acreditar)Director: Charles Chaplin
País: Estados Unidos
1965Par un beau matin d'étéZeldaDirector: Jacques Deray
Países: Francia - España - Italia
Doutor ZhivagoTonya GromekoDirector: David Lean; Países: Estados Unidos - Italia - Reino Unido
Candidata ao Globo de Ouro como Nova Estrela do Ano - Actriz
1966Andremo in cittàLenkaDirector: Nelo Risi; Países: Italia - Iugoslavia
1967A Countess from Hong KongRapaza no baileDirector: Charlie Chaplin; País: Reino Unido
Casino RoyaleKeystone Kop (sen acreditar)Directores: Ken Hughes, John Huston, Joseph McGrath, Robert Parrish, Richard Talmadge
Países: Reino Unido - Estados Unidos
J'ai tué RaspoutineMounia GolovineDirector: Robert Hossein
Países: Francia - Italia
Stranger in the HouseAngela SawyerDirector: Pierre Rouve; País: Reino Unido
Peppermint FrappéElena/AnaDirector: Carlos Saura; País: España
1968Stress-es tres-tresTeresaDirector: Carlos Saura
País: España
1969La madrigueraTeresaDirector: Carlos Saura; País: España
G. Chaplin tamén coescribiu o guión e contribuíu ao argumento. O filme participou no Festival Internacional de Cinema de Berlín
1970The HawaiiansPurity HoxworthDirector: Tom Gries; País: Estados Unidos
El jardín de las deliciasActriz (sen acreditar)Director: Carlos Saura
País: España
1971Caídos nunha árboreMme Muller(como Géraldine Chaplin)
CarlosLisa
1972Innocent BystandersMiriam Loman
Z.P.G.Carol McNeilMellor actriz no Festival de Sitges
A House Without BoundariesActrizParticipante no Festival Internacional de Cinema de Berlín
1973Ana y los lobosAnaDirector: Carlos Saura
The Three MusketeersAna de AustriaDirector: Richard Lester
Marriage a la ModeActriz
Yankee DudlerKate Elder
1974Os catro mosqueteirosAna de AustriaDirector: Richard Lester
¿...Y el prójimo?Luisa
SommerfugleneAnne Zimmler
1975Cría cuervosAna The MotherDirector: Carlos Saura
Mellor actriz nos Premios ACE
NashvilleOpalDirector: Robert Altman
Candidata ao Globo de Ouro como mellor actriz secundaria
1976Buffalo Bill and the Indians, or Sitting Bull's History LessonAnnie OakleyDirector: Robert Altman
Welcome to L.A.Karen HoodDirector: Alan Rudolph
Candidata ao BAFTA como mellor actriz secundaria
ScrimActriz
NoroîtMoragDirector: Jacques Rivette; episodio dunha serie prevista en catro partes: "Scènes de la vie parallèle"
1977RoselandMarilynDirector: James Ivory
Elisa, vida míaElisa Santamaría/Nai de ElisaDirector: Carlos Saura
In MemoriamPaulina ArevaloDirector: Enrique Brasó
1978Remember My NameEmilyDirector: Alan Rudolph
Mellor actriz no Festival de Miami e no Festival de París
A WeddingRita BillingsleyDirector: Robert Altman
One Page of LoveLise
Blindfolded EyesActrizDirector: Carlos Saura
1979L'AdoptionCatherineDirector: Marc Grunebaum; País: Francia
Mamá cumple cien añosAnaDirector: Carlos Saura
La viuda de MontielAdelaidaO filme participou no Festival Internacional de Cinema de Berlín
Mais où et donc OrnicarIsabelleDirector: Bertrand Van Effenterre
1980Le Voyage en douceLucieO filme participou no Festival Internacional de Cinema de Berlín
The Mirror Crack'dElla Zielinsky
1981Les Uns et les AutresSuzan/Sara GlennDirector: Claude Lelouch
The House of MirthLily BartTelefilme
1982CastingActriz
1983Life Is a Bed of RosesNora WinkleDirector: Alain Resnais
My Cousin RachelContessa Rachel SangallettiMiniserie
1984L'Amour par terreCharlotteDirector: Jacques Rivette
1987White MischiefNina SoamesDirector: Michael Radford
1988The ModernsNathalie de VilleDirector: Alan Rudolph
1989The Return of the MusketeersAna de AustriaDirector: Richard Lester
I Want to Go HomeTerry ArmstrongDirector: Alain Resnais
1990Gentille AlouetteAngela Duverger
The ChildrenJoyce Wheater
1991Buster's BedroomDiana DanielsDirector: Rebecca Horn
Duel of HeartsMrs. MillerTelefilme
1992ChaplinHannah ChaplinDirector: Richard Attenborough
Candidata ao Globo de Ouro como mellor actriz secundaria
Hors SaisonAnarchistDirector: Daniel Schmid
1993A Foreign FieldBeverly
A idade da inocenciaMrs. WellandDirector: Martin Scorsese
1994Words Upon the Window PaneMiss McKenna
1995Para recibir el canto de los pájarosCatherineDirector: Jorge Sanjinés; País: Bolivia
Home for the HolidaysAunt GladysDirector: Jodie Foster
1996Jane EyreMiss ScatcherdDirector: Franco Zeffirelli
Gulliver's TravelsEmpress MunodiMiniserie
Os Olhos da ÁsiaJane Powell
CrimetimeThelma
1997Mother Teresa: In the Name of God's PoorTareixa de Calcuta
1998Cousin BetteAdeline Hulot
Fisterra, onde termina o mundoNai
1999To Walk with LionsVictoria Anrecelli
Beresina oder Die letzten Tage der SchweizCharlotte DeDirector: Daniel Schmid
2000In the BeginningYochevedTelefilme
2001Just Run!Madre
The Faces of the MoonJoan Turner
2002DinotopiaAvoaMiniserie
En la ciudad sin límitesMariePremio Goya á mellor actriz secundaria
Hable con ellaKaterina BilovaDirector: Pedro Almodóvar
2004The Bridge of San Luis ReyThe Abbess
2005HeidiRottenmeier
OcultoAdela
Melissa P.Nonna ElviraDirector: Luca Guadagnino
BloodRayneFortune Teller
2006Agatha Christie's MarpleMrs. FaneSerie de televisión
Episodio: Sleeping Murder
Les aventuriers des mers du SudMaggieTelefilme
2007El orfanatoAuroraDirector: Juan Antonio Bayona
Candidata ao Goya á mellor actriz secundaria
Teresa, el cuerpo de CristoPrioresa do convento
Miguel and WilliamA ama
Los TotenwackersSalgado
BoxesNaiDirectora: Jane Birkin
2008InconceivableFrances Church-Chappel
Parlami d'AmoreAmelie
ParcNai de Marteau
RamírezGalerista
Diario de una NinfómanaAvoa de Valére
BrontëTía Elizabeth
2009The Island InsideVictoria
Imago MortisContessa Orsini
2010HostiasJean
The Making of Plus OneGeri, directora de casting
The WolfmanMalevaDirector: Joe Johnston
There Be DragonsAbileyzaDirector: Roland Joffé
The Mosquito NetMaría
The Trick in the SheetAlmaDirector: Alfonso Arau
2011¿Para qué sirve un oso?JosephineMellor actriz secundaria no Festival de Málaga de Cine Español
Le moineL'abbesseDirector: Dominik Moll
AmericanoLinda
Et si on vivait tous ensemble?Annie
Memoria de mis putas tristesRosa CabarcasDirector: Henning Carlsen
2012O ApóstoloDosindaVoice
The ImpossibleAnciá
The Hollow CrownAlice1 episodio: Henry V
2013The ReturnCoco ChanelCurtametraxe
Director: Karl Lagerfeld
Tres 60Jean ChristopheDirector: Alejandro Ezcurdia
Another MeMrs. BrennanDirectora: Isabel Coixet
2014AmapolaMeméDirector: Eugenio Zanetti
Dólares de arenaAnneDirectores: Israel Cárdenas, Laura Amelia Guzmán
2015Marguerite et JulienNai de Lefebvre
Valentin ValentinJane
2016A Monster CallsJuan Antonio Bayona

Premios e candidaturas

editar
Premios Globo de Ouro
AnoCategoríaFilmeResultado
1993Mellor actriz secundariaChaplinCandidata
1976Mellor actriz secundariaNashvilleCandidata
1966Nova estrela do ano - ActrizDoutor ZhivagoCandidata
Premios BAFTA
AnoCategoríaFilmeResultado
1977Mellor actriz de reparticiónWelcome to L.A.Candidata
Premios Goya
AnoCategoríaFilmeResultado
2007Mellor interpretación feminina secundariaecundariaEl orfanatoCandidata
2002Mellor interpretación feminina secundariaEn la ciudad sin límitesGañadora
Premios Fotogramas de Prata
AnoCategoríaFilmeResultado
1969Mellor intérprete de cinema españolLa madrigueraGañadora
Premios da Unión de Actores
AnoCategoríaFilmeResultado
2007Mellor actriz secundaria de cineEl orfanatoGañadora
2002Mellor actriz secundaria de cinemaEn la ciudad sin límitesCandidata
Premios ACE (Nova York)
AnoCategoríaFilmeResultado
2007Mellor actriz secundariaEl orfanatoGañadora
2002Mellor actriz secundariaHable con ellaGañadora
1976Mellor actrizCría cuervosGañadora
Festival de Cine Español de Málaga
AnoCategoríaFilmeResultado
2011Biznaga de Prata á Mellor actriz secundaria¿Para qué sirve un oso?Gañadora
Festival de Cinema de Sitges
AnoCategoríaFilmeResultado
1972Medalla Sitges en Prata de Lei á Mellor actrizZ.P.G.Gañadora
Festival Internacional de Cinema de Miami
AnoCategoríaFilmeResultado
1978Mellor actrizRemember My NameGañadora
Festival de Cinema de París
AnoCategoríaFilmeResultado
1978Mellor actrizRemember My NameGañadora

Notas

editar