Gran Premio de Australia de 1996


O Gran Premio de Australia de 1996 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 10 de marzo de 1996 en Melbourne. Foi a primeira vez que se celebrou esta carreira en Melbourne, substituíndo ao Circuíto urbano de Adelaide como anfitrión do Gran Premio de Australia. A rolda do Campionato do Mundo de Australia volvía a unha sede anterior do Gran Premio de Australia, aínda que nun circuíto moi diferente, nos arredores do Lago de Albert Park, anfitrión dos Grandes Premios de Australia de 1953 e 1956. Esta foi a carreira de debut do futuro campión mundial Jacques Villeneuve.

Australia Gran Premio de Australia de 1996
Detalles da carreira
Carreira 1 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1996.
Trazado do circuíto de Adelaide.
Trazado do circuíto de Adelaide.
Data10 de marzo 1996
Nome oficialLXI Australian Grand Prix
LocalizaciónCircuíto de Melbourne
Melbourne, Australia
PercorridoCircuíto urbano
5´302 km
Distancia58 voltas, 307´516 km
ClimaSeco con temperaturas de ata 23 °C[1]
Pole position
Piloto Jacques VilleneuveWilliams-Renault
Tempo1:32.371
Volta rápida
Piloto Jacques VilleneuveWilliams-Renault
Tempo1:33.421 na volta 27
Podio
Primeiro Damon HillWilliams-Renault
Segundo Jacques VilleneuveWilliams-Renault
Terceiro Eddie IrvineFerrari

Informes

editar

Antecedentes

editar

Foi o segundo gran premio consecutivo celebrado en Australia, a carreira anterior fora a conclusión da tempada 1995 de Fórmula Un poucos meses antes En Adelaide.

Estaba programado que Taki Inoue correra co equipo Minardi como piloto de pago, pero non conseguiu os cartos antes da carreira e foi substituído por Giancarlo Fisichella.[2] Marlboro expresou interese en que Fisichella correra desde o inicio da tempada.[3]

A carreira foi a primeira en usar o novo sistema de inicio de carreira, aínda usado hoxe na Fórmula 1.[4] substituíndo o vello sistema de luz vermella a verde. Co novo sistema, cinco luces vermellas encéndense nun intervalo dun segundo, comezando despois de que o último piloto chege á súa caixa na grella. Haí unha pausa pre-determinada, e entón as cinco luces apáganse simultaneamente.[5] Esta foi tamén a primeira carreira en ter unha sesión cualificadora o sábado pola tarde; a sesión de venres retirouse en 1996.

Cualificación

editar

Jacques Villeneuve, no seu debut na Fórmula 1, logrou a pole position.

Ambos Forti non iniciaron a carreira debido á nova regra do 107% para cualificar, que dice que calquera coche que clasificase un 107% máis lento que o tempo da pole (1:38.837 nesta carreira) quedaría excluído. Por certo, que o equipo lograra o seu mellor resultado 7º na anterior carreira no fin da tempada no Gran Premio de Australia de 1995[6]

A medida foi introducida para asegurar que os equipos fosen o suficientemente rápidos como para correr e non ser só unha especie de chicanas móbiles.[7]

Carreira

editar

A primeira fila foi para Williams con Damon Hill e o debutante Jacques Villeneuve nos coches Rothmans azuis e brancos.Na primeira curva, Irvine foi presionado por Hill e o que significou que perdeu o seu impulso e foi superado polos dous Ferraris antes de entrar na terceira curva. Detrás de Hill, Alesi cruzouse diante de Hakkinen e Barrichello para reclamar a curva e comezou unha reacción en cadea de fortes freadas, xa que os pilotos intentaron evitar chocar uns contra outros. Foi ben ata que tocoulle a Coulthard. O McLaren de súpeto virou á esquerda e cruzou a pista cara ao lado do Sauber de Herbert. Herbert intentou evitar o coche e frenou fortemente pero detrás del Martin Brundle non puido controlar o seu coche. O piloto de Jordan intentou parar, pero contactou coa parte traseira de Herbert e Coulthard, e saíu voando para aterrar na trampa de area da curva 3 onde o coche rompeu en dous, facendo que a carreira fose reiniciada. Brundle saíu ileso.[8] O McLaren de David Coulthard e o Sauber de Johnny Herbert, tamén resultaron danados.[4]

Posteriormente Brundle trompeou logo dun pequeno contacto con Pedro Diniz no reinicio. Schumacher fixo un bo traballo para seguir adiante, pero nunca pareceu un candidato para o liderado. Nun patrón de carreira a dúas paradas, Schumacher perdeu medio minuto coa súa parada, aínda que permaneceu no terceiro lugar ata a volta 28 cando un problema cos freos deixouno fora. Iso deixou a Irvine, que anteriormente sobrevivira a unha colisión na sexta volta co Benetton de Jean Alesi, en terceiro lugar.

A carreira estivo marcada polo dominio de Jacques Villeneuve, que liderou a maior parte da carreira pero o seu debut nas carreiras viuse estragado por unha fuga de aceite ao final da carreira. Hill atrapou e pasou a Villeneuve.

Hill logrou a súa 14ª vitoria nun Gran Premio, igualando ao seu pai Graham no número total de vitorias. Ao final, o podio foi Hill-Villeneuve-Irvine.

Clasificación

editar

Cualificación

editar
PosPilotoConstrutorTempoDiferenza
16 Jacques VilleneuveWilliams-Renault1:32.371
25 Damon HillWilliams-Renault1:32.509+0.138
32 Eddie IrvineFerrari1:32.889+0.518
41 Michael SchumacherFerrari1:33.125+0.754
57 Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes1:34.054+1.683
63 Jean AlesiBenetton-Renault1:34.257+1.886
74 Gerhard BergerBenetton-Renault1:34.344+1.973
811 Rubens BarrichelloJordan-Peugeot1:34.474+2.103
915 Heinz-Harald FrentzenSauber-Ford1:34.494+2.123
1019 Mika SaloTyrrell-Yamaha1:34.832+2.461
119 Olivier PanisLigier-Mugen-Honda1:35.330+2.959
1217 Jos VerstappenFootwork-Hart1:35.338+2.967
138 David CoulthardMcLaren-Mercedes1:35.351+2.980
1414 Johnny HerbertSauber-Ford1:35.453+3.082
1518 Ukyo KatayamaTyrrell-Yamaha1:35.715+3.344
1621 Giancarlo FisichellaMinardi-Ford1:35.898+3.527
1720 Pedro LamyMinardi-Ford1:36.109+3.738
1816 Ricardo RossetFootwork-Hart1:36.198+3.827
1912 Martin BrundleJordan-Peugeot1:36.286+3.915
2010 Pedro DinizLigier-Mugen-Honda1:36.298+3.927
107% tempo: 1:38.837
NSC22 Luca BadoerForti-Ford1:39.202+6.831
NSC23 Andrea MonterminiForti-Ford1:42.087+9.716

Carreira

editar
PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
15 Damon HillWilliams-Renault581:32:50.491210
26 Jacques VilleneuveWilliams-Renault58+38.02016
32 Eddie IrvineFerrari58+1:02.57134
44 Gerhard BergerBenetton-Renault58+1:17.03773
57 Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes58+1:35.07152
619 Mika SaloTyrrell-Yamaha57+1 volta101
79 Olivier PanisLigier-Mugen-Honda57+1 volta11
815 Heinz-Harald FrentzenSauber-Ford57+1 volta9
916 Ricardo RossetFootwork-Hart56+2 voltas18
1010 Pedro DinizLigier-Mugen-Honda56+2 volta20
1118 Ukyo KatayamaTyrrell-Yamaha55+3 voltas15
Ret20 Pedro LamyMinardi-Ford42Cinto de seguridade17
Ret1 Michael SchumacherFerrari32Freos4
Ret21 Giancarlo FisichellaMinardi-Ford32Embrague16
Ret11 Rubens BarrichelloJordan-Peugeot29Motor8 
Ret8 David CoulthardMcLaren-Mercedes24Acelerador13
Ret17 Jos VerstappenFootwork-Hart15Motor12
Ret3 Jean AlesiBenetton-Renault9Colisión6
Ret12 Martin BrundleJordan-Peugeot1Colisión19
Ret14 Johnny HerbertSauber-Ford0Colisión14
Fonte:[9]

Posicións logo da carreira

editar
  • Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.

Notas

editar
  1. Weather info for the 1996 Australian Grand Prix at Weather Underground
  2. "Minardi to get Fisichella?". www.grandprix.com. 4 de marzo de 1996. Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  3. "Five drivers bidding for Minardi". www.grandprix.com. 15 de xaneiro de 1996. Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  4. 4,0 4,1 "Grand Prix Results: Australian GP, 1996". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2009. Consultado o 28 de maio de 2009. 
  5. "FIA Formula One World Championship - Lights and Pit Lane" (PDF). FIA.com. 14 de marzo de 1996. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de marzo de 2005. Consultado o 20 de xaneiro de 2010. 
  6. "Forti - Team Summary". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2012. Consultado o 09 de xuño de 2018. 
  7. "107% Disapproval". Autosport. 
  8. "Martin Brundle's Melbourne crash". www.grandprix.com. 11 de marzo de 1996. Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  9. "1996 Australian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de2015. 

Véxase tamén

editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 1995
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1996
Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1996
Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 1995
Gran Premio de AustraliaCarreira seguinte:
Gran Premio de Australia de 1997