Gran Premio de Bélxica de 1966

O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1966 disputouse en Spa-Francorchamps o 12 de xuño de 1966. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un de 1966. A carreira foi o 26 Gran Premio de Bélxica. A carreira levouse a cabo sobre 28 voltas ao circuíto de catorce quilómetros cunha distancia de carreira de 395 quilómetros.

Bélxica Gran Premio de Bélxica de 1966
Detalles da carreira
Carreira 2 de 9 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1966.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Data12 de xuño 1966
Nome oficialXXVI Gran Premio de Bélxica
LocalizaciónCircuíto de Spa-Francorchamps, Spa, Bélxica
PercorridoPercorrido permanente de carreira
14´120 km
Distancia28 voltas, 395´36 km
ClimaCuberto, mollado
Pole position
Piloto John SurteesFerrari
Tempo3:38:0
Volta rápida
Piloto John SurteesFerrari
Tempo4:18:7
Podio
Primeiro John SurteesFerrari
SegundoAustria Jochen RindtCooper-Maserati
TerceiroItalia Lorenzo BandiniFerrari

A carreira foi gañada polo piloto británico, campión do mundo de 1964 John Surtees pilotando un Ferrari 312 nunha carreira que se viu decimada polas condicións meteorolóxicas nas primeiras voltas. Foi a cuarta vitoria de Surtees nun Gran Premio e a primeira desde o Gran Premio de Italia de 1964. Surtees levouse a vitoria con 42 segundos de vantaxe sobre piloto austríaco Jochen Rindt que pilotaba un Cooper T81. Foi o primeiro podio do futuro campión do mundo Jochen Rindt e o primeiro para a nova combinación Cooper-Maserati o equipo de fábrica de Cooper Car Company buscou o motor V12 de tres litros de Maserati para adaptarse as novas regulacións. O compañeiro de equipo de Surtees o italiano Lorenzo Bandini terminou terceiro no seu Ferrari 246.

Cun par de podios, Bandini tomou a dianteira no campionato por un punto aos dous gañadores da carreira, Surtees e Jackie Stewart.

Resumo da carreira

editar

A distancia da carreira reduciuse con respecto ao ano anterior, de 32 a 28 voltas. Máis da metade dos corredoreso tiveron un accidente na primeira volta debido a unha forte tormenta e quedaban só sete corredores no inicio da segunda volta. Catro pilotos derraparon e estrelaronse na curva Burnenville, onde caía un espeso muro de choiva. O Cooper T81 de Jo Bonnier pasou por unha pequena zona libre no bordo da pista e o BRM P261 de Jackie Stewart estrelouse contra un poste de teléfono e logo aterrou nunha gabia en Masta Kink, quedanto atrapado no seu BRM envorcado, encharcado ata a cintura no combustible, durante 25 minutos. Graham Hill e Bob Bondurant, ambos dos cales estaban preto de Stewart, lograron rescatalo coa caixa de ferramentas dun espectador. Jack Brabham derrapou co Brabham BT19 en Kink Masta a 135 quilómetros por hora, pero recuperou o control do coche e reincorporouse á carreira. Había moita auga na pista que se lle meteu e inundou o motor Climax de Jim Clark no seu Lotus 33 e quedou fóra da carreira tamén na primeira volta. A primeira volta levouse toda a cabo baixo bandeiras verdes. E no inicio da segunda volta, 8 dos 15 pilotos que iniciaron estaban fóra da carreira.[1]

A carreira foi filmada para a película Gran Premio. Un segmento de oito minutos da película de 1966 utiliza unha combinación de imaxes en vivo e de escenas da carreira. As imaxes en vivo mostran a Surtees, Bonnier, Bandini, Ligier, Clark e Gurney en acción. Surtees e interpretado na ficción por Jean-Pierre Sarti mentres que Bandini é por Barlini Nino. A película cóidase de non recoller a Jackie Stewart en acción, interpretado por Scott Stoddard, xa que cando se estrenou estabase recuperando do accidente case fatal a principios de tempada. O Yamura (Honda) branco de James Garner, o número 24 non aparecía na carreira real e as escenas que o mostran son parte da filmación en estudo.

Logo do seu accidente nesta carreira, Jackie Stewart comezou os seus esforzos para aumentar a seguridade nas carreiras, que se prolongaron durante décadas, sobre todo logo de que a súa influencia como piloto de carreiras de Fórmula Un crecera a través das seguintes sete tempadas que competiu na Fórmula Un.

Clasificación

editar
PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
16 John SurteesFerrari282:09:11.319
219 Jochen RindtCooper-Maserati28+ 42.126
37 Lorenzo BandiniFerrari27+ 1 volta54
43 Jack BrabhamBrabham-Repco26+ 2 voltas43
518 Richie GintherCooper-Maserati25+ 3 voltas82
NC22 Guy LigierCooper-Maserati24Non Clasificado12
NC27 Dan GurneyEagle-Climax23Non Clasificado15
Ret15 Jackie StewartBRM0Accidente3
Ret20 Jo BonnierCooper-Maserati0Accidente6
Ret16 Mike SpenceLotus-BRM0Accidente7
Ret14 Graham HillBRM0Accidente9
Ret10 Jim ClarkLotus-Climax0Motor10
Ret8 Bob BondurantBRM0Accidente11
Ret4 Denny HulmeBrabham-Climax0Accidente13
Ret21 Jo SiffertCooper-Maserati0Accidente14
NTS24 Bruce McLarenMcLaren-SerenissimaCoxinete da roda nas practicas
NTS11 Peter ArundellLotus-BRMMotor
NTS8 Vic WilsonBRMCoche pilotado por Bondurant

Posicións logo da carreira

editar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1966
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1966
Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1966
Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1965
Gran Premio de BélxicaCarreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1967