Gran Premio de España de 1996

O Gran Premio de España de 1996 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 2 de xuño de 1996 no Circuíto de Cataluña, Barcelona. Foi a sétima carreira da tempada de Fórmula Un de 1996.

España Gran Premio de España de 1996
Detalles da carreira
Carreira 7 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1996.
Trazado do circuíto de Cataluña
Trazado do circuíto de Cataluña
Data2 de xuño 1996
Nome oficialXXXVIII Gran Premio de España
LocalizaciónCircuíto de Cataluña, Barcelona, España
PercorridoCircuíto permanente
4´727 km
Distancia65 voltas, 307´114 km
ClimaChuvia
Pole position
Piloto Damon HillWilliams-Renault
Tempo1:20.650
Volta rápida
PilotoAlemaña Michael SchumacherFerrari
Tempo1:45.517 na volta 14
Podio
PrimeiroAlemaña Michael SchumacherFerrari
SegundoFrancia Jean AlesiBenetton-Renault
Terceiro Jacques VilleneuveWilliams-Renault

Esta carreira, a primeira vitoria de Ferrari con Michael Schumacher, é xeralmente considerada como unha das súas mellores.[1] Baixo unha choiva torrencial, desenvolveu unha pilotaxe impoñente e é un excelente exemplo de por que gañou o alcumo de "Regenmeister" ("Mestre da chuvia"), a pesar do seu accidente inicial e non forzado nun mollado Gran Premio de Mónaco dúas semanas antes.

Mika Salo foi descualificado por segunda vez esta tempada, por cambiar de automóbil despois de que a pista estivese baixo as ordes do director de carreira.

Damon Hill comezara a carreira desde a pole position, pero caeu a oitavo despois de trompear dúas veces nas primeiras voltas, antes de que outro trompo con toque na parede do pit na volta 12 o fixera abandonar a carreira. Schumacher recuperouse dunha mala saída para tomar o liderado de Villeneuve na volta 13 e, a partir de entón, dominou a carreira, superando en tres segundos por volta ao resto dos participantes.[1][2]

Rubens Barrichello, que marchaba en segundo lugar despois de que Jacques Villeneuve e Alesi fixeron as súas paradas en boxes, tivo unha boa actuación nesta carreira, pero viuse forzado a retirarse a falta de 20 voltas tras un problema de embrague. Na volta anterior, Gerhard Berger se retirara co seu Benetton logo de trompear cando marchaba cuarto lugar ao intentar dobrar ao Ligier de Pedro Diniz.

Despois dunha carreira sen incidentes, Heinz-Harald Frentzen terminou na cuarta posición, mentres que Mika Häkkinen quedou quinto despois de sobrevivir a un trompo na fase final da carreira. Jos Verstappen, quinto tras as retiradas de Barrichello e Berger, estrelouse contra a barreira de pneumáticos cando quedaban 12 voltas, garantindo a Diniz o seu primeiro punto na Fórmula Un, xa que só quedaron seis pilotos na carreira. Sen máis retiradas, Diniz levou o seu coche a meta no sexto lugar, tras pilotar a un ritmo máis cauteloso que o viu perder dúas voltas respecto aos pilotos gañadores ao final.

Clasificación

editar

Cualificación

editar
PosPilotoConstrutorTempoDiferenza
15 Damon HillWilliams-Renault1:20.650
26 Jacques VilleneuveWilliams-Renault1:21.084+0.434
31 Michael SchumacherFerrari1:21.587+0.937
43 Jean AlesiBenetton-Renault1:22.061+1.411
54 Gerhard BergerBenetton-Renault1:22.125+1.475
62 Eddie IrvineFerrari1:22.333+1.683
711 Rubens BarrichelloJordan-Peugeot1:22.379+1.729
89 Olivier PanisLigier-Mugen-Honda1:22.685+2.035
914 Johnny HerbertSauber-Ford1:23.027+2.377
107 Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes1:23.070+2.420
1115 Heinz-Harald FrentzenSauber-Ford1:23.195+2.545
1219 Mika SaloTyrrell-Yamaha1:23.224+2.574
1317 Jos VerstappenFootwork-Hart1:23.371+2.721
148 David CoulthardMcLaren-Mercedes1:23.416+2.766
1512 Martin BrundleJordan-Peugeot1:23.438+2.788
1618 Ukyo KatayamaTyrrell-Yamaha1:24.401+3.751
1710 Pedro DinizLigier-Mugen-Honda1:24.468+3.818
1820 Pedro LamyMinardi-Ford1:25.274+4.624
1921 Giancarlo FisichellaMinardi-Ford1:25.531+4.881
2016 Ricardo RossetFootwork-Hart1:25.621+4.971
107% tempo: 1:26.296
NSC22 Luca BadoerForti-Ford1:26.615+5.965
NSC23 Andrea MonterminiForti-Ford1:27.358+6.708

Carreira

editar
PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
11 Michael SchumacherFerrari651:59:49.307310
23 Jean AlesiBenetton-Renault65+ 45.30246
36 Jacques VilleneuveWilliams-Renault65+ 48.38824
415 Heinz-Harald FrentzenSauber-Ford64+ 1 volta113
57 Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes64+ 1 volta102
610 Pedro DinizLigier-Mugen-Honda63+ 2 voltas171
Ret17 Jos VerstappenFootwork-Hart47Trompo13
Ret11 Rubens BarrichelloJordan-Peugeot45Diferencial7
Ret4 Gerhard BergerBenetton-Renault44Trompo5
Ret14 Johnny HerbertSauber-Ford20Trompo9
Ret12 Martin BrundleJordan-Peugeot17Diferencial15
DSC19 Mika SaloTyrrell-Yamaha16Cambio de coche ilegal12
Ret5 Damon HillWilliams-Renault10Trompo1
Ret18 Ukyo KatayamaTyrrell-Yamaha8Eléctrico16
Ret2 Eddie IrvineFerrari1Trompo6
Ret9 Olivier PanisLigier-Mugen-Honda1Colisión8
Ret21 Giancarlo FisichellaMinardi-Ford1Colisión19
Ret8 David CoulthardMcLaren-Mercedes0Colisión14
Ret20 Pedro LamyMinardi-Ford0Colisión18 
Ret16 Ricardo RossetFootwork-Hart0Colisión20
NSC22 Luca BadoerForti-Ford 107% tempo21
NSC23 Andrea MonterminiForti-Ford 107% tempo22
Fonte:[3]

Posicións logo da carreira

editar
  • Note: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

editar
  1. 1,0 1,1 "Schumacher's first win for Ferrari - Spanish Grand Prix 1996". Formula1.com. 30 de abril de 2003. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2008. Consultado o 15 de decembro de 2009. 
  2. "Classic F1 - Spanish Grand Prix 1996". BBC Sport. 5 de maio de 2009. Consultado o 30 de abril de 2010. 
  3. "1996 Spanish Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1996
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1996
Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 1996
Carreira anterior:
Gran Premio de España de 1995
Gran Premio de EspañaCarreira seguinte:
Gran Premio de España de 1997