Gran Premio de Francia de 1971

O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1971 celebrouse no Circuíto Paul Ricard o 4 de xullo de 1971. Foi a quinta proba da tempada de Fórmula Un de 1971.

Francia Gran Premio de Francia de 1971
Detalles da carreira
Carreira 5 de 11 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1971.
Trazado do circuíto de Paul Ricard.
Trazado do circuíto de Paul Ricard.
Data4 de xullo de 1971
Nome oficialLVII Grand Prix de l'A.C.F.
LocalizaciónCircuíto Paul Ricard, Le Castellet Francia
PercorridoCircuíto permanente
5´809 km
Distancia55 voltas, 319´495 km
Pole position
Piloto Jackie StewartTyrrell-Ford
Tempo1:50.71
Volta rápida
Piloto Jackie StewartTyrrell-Ford
Tempo1:54.09
Podio
Primeiro Jackie StewartTyrrell-Ford
SegundoFrancia François CevertTyrrell-Ford
Terceiro Emerson FittipaldiLotus-Ford

Informe Carreira

editar

A carreira levouse a cabo por primeira vez no novo circuíto de Paul Ricard nas montañas das aforas de Marsella. Jackie Stewart gañou a pole position seguido de Clay Regazzoni, Jacky Ickx e Graham Hill. Stewart distanciouse de Regazzoni, Pedro Rodríguez e Jean-Pierre Beltoise, mentres que Ickx foi golpeado na primeira chicane e descolgouse. Stewart lideraba por diante, establecendo a volta rápida na volta 2 e sacando unha vantaxe de 10 segundos na volta 7. O seu único rival real Regazzoni, patinou nunha mancha de aceite e golpeou na varanda, rompendo unha roda na volta 20. Na volta 28 Rodríguez retirouse cunha bobina defectuosa, deixando ós Tyrrells nunha formación 1-2, con François Cevert demostrando a súa valía na súa terra natal. Hill deixou a quinta posición cun tubo de aceite roto, tras tocar previamente a varanda mentres evitaba a Regazzoni.

Isto deixou a Jo Siffert no terceiro lugar, mantendo a raia a Emerson Fittipaldi, quen se atopaba dorido e vendado logo dun accidente de tráfico. Malia iso, o brasileiro tomou a terceira posición na volta 39. Siffert retomou a posición brevemente, pero Fittipaldi mantívose para o podio final por diante do suízo. Chris Amon quedou quinto nunha actuación pouco convincente do equipo de casa Matra, loitou con Tim Schenken ata que se lle acabou o combustible a 6 voltas do final.

Foi un éxito 1-2 para os Tyrrells nun circuíto complicado, o motor Ford proporcionou potencia extra pola longa recta Mistral.

Esta ía ser a última carreira de Fórmula Un de Pedro Rodríguez. Morreu unha semana despois, mentres conducía un Ferrari 512 privado nunha carreira en Norisring en Alemaña.

Clasificación

editar
PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
111 Jackie StewartTyrrell-Ford551:46:42.319
212 François CevertTyrrell-Ford55+ 28.1276
31 Emerson FittipaldiLotus-Ford55+ 34.07174
414 Jo SiffertBRM55+ 37.1763
520 Chris AmonMatra55+ 41.0892
62 Reine WisellLotus-Ford55+ 1:16.02151
721 Jean-Pierre BeltoiseMatra55+ 1:16.938
822 John SurteesSurtees-Ford55+ 1:24.9113
910 Peter GethinMcLaren-Ford54+ 1 volta19
1016 Howden GanleyBRM54+ 1 volta16
1124 Rolf StommelenSurtees-Ford53+ 2 voltas10
128 Tim SchenkenBrabham-Ford50Presión aceite14
1334 François MazetMarch-Ford50+ 5 voltas23
NC28 Max JeanMarch-Ford46Non clasificado22
Ret27 Henri PescaroloMarch-Ford45Caixa de cambios18
Ret7 Graham HillBrabham-Ford34Circuíto aceite4
Ret19 Andrea de AdamichMarch-Alfa Romeo31Motor20
Ret15 Pedro RodríguezBRM27Encendido5
Ret5 Clay RegazzoniFerrari20Accidente2
Ret17 Ronnie PetersonMarch-Alfa Romeo19Motor12
Ret9 Denny HulmeMcLaren-Ford16Encendido11
Ret4 Jacky IckxFerrari4Motor3
Ret18 Alex Soler-RoigMarch-Ford4Bomba gasolina21

Notas

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

Posicións logo da carreira

editar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

References

editar


Carreira anterior:
Gran Premio dos Países Baixos de 1971
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1971
Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1971
Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1970
Gran Premio de FranciaCarreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1972