Gran Premio de Italia de 1959

O Gran Premio de Italia de 1959 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 13 de setembro de 1959 no circuíto de Monza. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 1959. Foi o 30º Gran Premio de Italia e o 24, que se celebrou en Monza. A carreira levouse a cabo sobre 72 voltas ao circuíto de cinco quilómetros cunha distancia total de carreira de 414 quilómetros.

Italia Gran Premio de Italia de 1959
Detalles da carreira
Carreira 8 de 9 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1959.
Trazado do circuíto de Monza.
Trazado do circuíto de Monza.
Data13 de setembro 1959
Nome oficialXXX Gran Premio d'Italia
LocalizaciónCircuíto de Monza, Monza,Italia
PercorridoPercorrido permanente de carreira
5´750 km
Distancia72 voltas, 414 km
ClimaSeco e asollado
Pole position
Piloto Stirling MossCooper-Climax
Tempo1:39.7
Volta rápida
Piloto Phil HillFerrari
Tempo1:40.4
Podio
Primeiro Stirling MossCooper-Climax
Segundo Phil HillFerrari
TerceiroAustralia Jack BrabhamCooper-Climax

Informe da carreira

editar

A carreira foi gañada polo piloto británico Stirling Moss pilotando un Cooper T51 para o equipo privado Rob Walker Racing Team. Moss gañou por 46 segundos sobre o piloto americano Phil Hill que pilotaba un Ferrari Dino 246 da Scuderia Ferrari. O líder do campionato o australiano Jack Brabham terminou terceiro nun Cooper de fábrica modelo T51, ampliando a súa vantaxe nos puntos, pero non o suficiente como para evitar un enfrontamento polo campionato con Moss e o piloto de Ferrari Tony Brooks na última carreira da tempada, o GP dos Estados Unidos.

O peso dos coches foi foi o factor decisivo para gañar a carreira, Stirling Moss gañou a carreira sen ter que cambiar os pneumáticos do seu coche, o pequeno e lixeiro Cooper, aínda que fixo unha parada en boxes. Stirling fixo unha carreira prudente, confiando en que os pilotos de Ferrari necesitarian entrar en boxes. Tony Brooks fixo unha boa saída, pero un fallo nun pistón eliminouno na primeira volta. Graham Hill e Dan Gurney lideraron a carreira, pero perderon as súas vantaxes logo dunhas longas paradas en boxes. Moss continuou liderando a unha velocidade media de 200 quilómetros por hora, unha nova marca. Phil Hill foi o segundo con Ferrari no seu circuíto, e os seus compañeiros de Ferrari foron 4-5-6 nesta orde, Gurney, Cliff Allison e Olivier Gendebien.

A vitoria de Moss pechou a brecha no campionato a só 5 puntos e medio por detrás de Jack Brabham e Brooks a oito puntos detrás de Brabham. Os esforzos combinados de Brabham, Moss, Maurice Trintignant, Bruce McLaren e Masten Gregory conseguiron o campionato de construtores para Cooper Car Company.

Clasificación

editar
PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
114 Stirling MossCooper-Climax722:04:05.418
232 Phil HillFerrari72+ 46.757
312 Jack BrabhamCooper-Climax72+ 1:12.534
436 Dan GurneyFerrari72+ 1:19.643
534 Cliff AllisonFerrari71+ 1 volta82
638 Olivier GendebienFerrari71+ 1 volta6
72 Harry SchellBRM70+ 2 voltas7
86 Jo BonnierBRM70+ 2 voltas11
916 Maurice TrintignantCooper-Climax70+ 2 voltas13
1026 Carroll ShelbyAston Martin70+ 2 voltas19
1140 Colin DavisCooper-Maserati68+ 4 voltas18
1210 Giorgio ScarlattiCooper-Climax68+ 4 voltas12
134 Ron FlockhartBRM67+ 5 voltas15
1442 Ian BurgessCooper-Maserati67+ 5 voltas16
1528 Giulio CabiancaMaserati64+ 8 voltas21
Ret24 Roy SalvadoriAston Martin44Motor17
Ret8 Bruce McLarenCooper-Climax22Motor9
Ret22 Jack FairmanCooper-Maserati18Motor12
Ret20 Innes IrelandLotus-Climax14Freos14
Ret18 Graham HillLotus-Climax1Embrague10
Ret30 Tony BrooksFerrari0Embrague2

Posicións logo da carreira

editar
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.

Notas

editar

Ligazóns externas

editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Portugal de 1959
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1959
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1959
Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1958
Gran Premio de ItaliaCarreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1960

Clasificación

editar