Gran Premio de Italia de 1966

O Gran Premio de Italia de Fórmula 1 de 1966 (formalmente o XXXVII Gran Premio d'Italia) celebrouse en Monza o 4 de setembro de 1966.

Italia Gran Premio de Italia de 1966
Detalles da carreira
Carreira 7 de 9 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1966.
Trazado do circuíto de Monza.
Trazado do circuíto de Monza.
Data4 de setembro 1966
Nome oficialXXXVII Gran Premio d'Italia
LocalizaciónCircuíto de Monza, Monza,Italia
PercorridoPercorrido permanente de carreira
5´750 km
Distancia68 voltas, 391´00 km
ClimaAsollado, seco, cálido
Pole position
Piloto Mike ParkesFerrari
Tempo1:31.3
Volta rápida
PilotoItalia Ludovico ScarfiottiFerrari
Tempo1:32.4
Podio
PrimeiroItalia Ludovico ScarfiottiFerrari
Segundo Mike ParkesFerrari
Terceiro Denny HulmeBrabham-Repco

Foi a sétima rolda da tempada de Fórmula Un de 1966. A carreira foi a 37º Gran Premio de Italia e o 32º, que se celebraba en Monza. A carreira levouse a cabo sobre 68 voltas ao circuíto de cinco quilómetros cunha distancia de carreira de 391 quilómetros.

A carreira foi gañada polo piloto italiano Ludovico Scarfiotti pilotando un Ferrari 312 na súa única vitoria nun Gran Premio. Scarfiotti gañou ao seu compañeiro de equipo, o británico Mike Parkes por cinco segundos. Parkes bateu ao piloto neozelandés Denny Hulme no seu Brabham BT20, por menos de medio segundo.

O líder por puntos no campionato Jack Brabham detívose cunha fuga de aceite no seu Brabham BT19 na sétima volta, conseguiu o seu terceiro campionato mundial, sendo o único piloto en converterse en campión do mundo nun coche da súa propia marca, cando o seu único posible rival John Surtees detívose cunha fuga de combustible no seu Cooper T81 24 voltas máis tarde.

Informe da carreira

editar

Jack Brabham era o favorito con máis probabilidades para gañar o campionato, só John Surtees podía superalo, e só gañando as tres últimas carreiras. Non puido facelo por unha impresionante actuación dos pilotos de Ferrari no seu circuíto de casa. Honda trouxera un novo motor V12 de 3 litros e 370 CV para Richie Ginther, mentres que Dan Gurney tiña o seu motor Weslake e Graham Hill tiña o BRM H16. Lorenzo Bandini e Mike Parkes lideraron desde o inicio, o motor de Hill rompeu na primeira volta, seguido do abandono de Jackie Stewart na volta 5 cunha fuga de combustible, e logo de Brabham na volta 8 cun fallo de motor que recubriu o coche en aceite. Jim Clark no Lotus H16 movíase con forza a través da pista. Na volta 17, Richie Ginther tivo un terrible accidente, estrelándose fortemente contra as árbores e foi moi afortunado de saír con vida. Cando Clark entrou en boxes, Ludovico Scarfiotti, Parkes, Surtees disputaron o liderado ata que Surtees se retirou co tanque de gasolina roto que derramaba gasolina sobre os seus pneumáticos e poñía fin ás súas posibilidades no campionato. Denny Hulme avanzaba a través da pista no terceiro lugar. Pero a carreira foi para Scarfiotti, convertendose no primeiro italiano en gañar cun Ferrari en Monza desde Alberto Ascari en 1952. Parkes completou a ledicia de Ferrari, xa que superou a Hulme en 0´3 segundos, acadando o segundo lugar. No medio de todas as celebracións, Jack Brabham coroouse campión.

Clasificación

editar
PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
16 Ludovico ScarfiottiFerrari681:47:14.829
24 Mike ParkesFerrari68+ 5.816
312 Denny HulmeBrabham-Repco68+ 6.1104
416 Jochen RindtCooper-Maserati67+ 1 volta83
542 Mike SpenceLotus-BRM67+ 1 volta142
640 Bob AndersonBrabham-Climax66+ 2 voltas151
748 Bob BondurantBRM65+ 3 voltas18
824 Peter ArundellLotus-BRM63Motor13
920 GekiLotus-Climax63+ 5 voltas20
NC44 Giancarlo BaghettiFerrari59Non clasificado16
Ret22 Jim ClarkLotus-BRM58Caixa de cambios3
Ret36 Jo SiffertCooper-Maserati46Motor17
Ret2 Lorenzo BandiniFerrari33Encendido5
Ret14 John SurteesCooper-Maserati31Fuga gasolina4
Ret18 Richie GintherHonda16Accidente7
Ret10 Jack BrabhamBrabham-Repco7Fuga aceite6
Ret30 Dan GurneyEagle-Weslake7Motor19
Ret28 Jackie StewartBRM5Fuga gasolina9
Ret38 Jo BonnierCooper-Maserati3Acelerador12
Ret26 Graham HillBRM0Motor11
NSC34 Phil HillEagle-Climax
NSC32 Chris AmonBrabham-BRM

Posicións logo da carreira

editar
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.

Notas

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1966
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1966
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1966
Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1965
Gran Premio de ItaliaCarreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1967