Gran Premio dos Estados Unidos de 1990

O Gran Premio dos Estados Unidos de 1990 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 11 de marzo de 1990 en Phoenix (Arizona). Foi o 32º Gran Premio dos Estados Unidos desde que o Gran Premio de América celebrouse por primeira vez no 1908 e o 25 baixo as regulacións da Fórmula 1 desde o primeiro Gran Premio dos Estados Unidos disputado en Sebring, Florida en 1959. Foi o segundo que se celebrou en Phoenix e disputouse durante 72 voltas ao circuíto de 4 km.

Modelo:Competición deportivaGran Premio dos Estados Unidos de 1990
Nome oficialXXVII Iceberg United States Grand Prix Editar o valor em Wikidata
Nome na lingua orixinal(en) XXVII Iceberg United States Grand Prix Editar o valor em Wikidata
TipoGran Premio dos Estados Unidos Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1990 Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento72 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto urbano de Phoenix (Arizona) 33°26′52″N 112°04′30″O / 33.4479, -112.075Coordenadas: 33°26′52″N 112°04′30″O / 33.4479, -112.075 Editar o valor em Wikidata
PaísEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Data11 de marzo de 1990 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoAyrton Senna Editar o valor em Wikidata
Pole positionGerhard Berger Editar o valor em Wikidata
Volta máis rápidaGerhard Berger Editar o valor em Wikidata

A carreira gañouna o brasileiro Ayrton Senna, conducindo un McLaren MP4/5B por oito segundos sobre o francés Jean Alesi no seu relativamente pouco competitivo Tyrrell 018. Ao longo da carreira, a parella entusiasmou aos afeccionados cun adiantamento fabuloso e atrevido para o liderado.

Foi o primeiro podio de Alesi, co piloto belga Thierry Boutsen nun Williams FW13B, chegando terceiro.

Informe

editar

Antecedentes

editar

O Gran Premio dos Estados Unidos na desértica cidade de Phoenix trasladouse ao comezo da tempada en marzo para evitar os 38 °C da cidade no verán. O piloto suízo Gregor Foitek fixo o seu debut na Fórmula Un co equipo Brabham. Intentara cualificar durante a tempada 1989 de Fórmula Un, fallando en once intentos de cualificación con EuroBrun e unha con Rial.

Cualificación

editar

Unha choiva inesperada o sábado significou que a grella decidiuse por completo cos tempos sa sesión do venres. Os pneumáticos brandos de Pirelli venceron aos Goodyear e o fabricante italiano colocou cinco dos seus equipos nas dez primeiras posicións, incluíndo a Jean Alesi, que foi cuarto nun Tyrrell . Nunha xogada sorpresa, o director do equipo Ken Tyrrell asinara con Pirelli dous días antes da carreira, logo de 18 anos con Goodyear. Gerhard Berger gañador da pole con McLaren foi o único coche nas dúas primeiras filas con Goodyears. Pierluigi Martini colocou a Minardi na primeira fila por única vez na historia do equipo, a menos de sete centésimas do tempo da pole de Berger. Ademais, Andrea de Cesaris (Scuderia Italia), Olivier Grouillard (Osella) e Roberto Moreno (EuroBrun) anotaron a que resultou ser a mellor posición do seu equipo na grella do ano. Philippe Alliot foi excluído porque un mecánico traballou no coche fóra da zona de boxes durante a práctica do venres.

Carreira

editar

Martin Donnelly non puido colocarse na grella debido a falla na caixa de cambios. (Algunhas fontes consideran isto un NTS.)

O día da carreira foi fresco cunha probabilidade de choiva. Berger rapidamente adiantouse a Martini e moveuse diante del, pero Alesi, cuxa carreira de F1 comezara no seu país de orixe Francia o verán anterior, fixo un comezo aínda máis rápido, pasou a ambos e freou a Berger na primeira curva. Inmediatamente comezou a afastarse, e lideraba por 2´4 segundos logo dunha volta.

Senna pasou a Cesaris polo terceira posto, e acercouse a Berger, que perdía medio segundo por volta con Alesi. O brasileiro conseguiu o seu compañeiro de equipo cando, na volta 9, Berger colleu unha fochanca cando freaba, e a parede do pneumático danou a súa á traseira. Entrou en boxes para poñer unha nova á, e máis tarde marcou a volta rápida da carreira, pero finalmente retirouse cun problemas de embrague.

Cando Berger trompeou, Senna estaba 8´2 segundos detrás de Alesi. Sen saber se os pneumáticos Pirelli do Tyrrell durarían, Senna mostrouse remiso a meter presión demasiado ao principio. Logo de 30 voltas, Alesi mantívose na dianteira, pero na volta 34, Senna pasoulle por dentro. O Tyrrell mantivo a liña exterior na saída e retomou a dianteira na seguinte quenda. No mesmo punto, unha volta despois, Senna volveu tomar o liderado, e esta vez sostívoo.

Logo de varios intentos de recuperar o liderado, Alesi decidiu conservar os seus pneumáticos, e deixar irse a Senna. Mentres tanto, Nelson Piquet avanzara de sexto na grella a terceiro na volta 17. Con todo, problemas cos freos causaron planos nos seus pneumáticos, e na volta 28 entrou en boxes para cambialos. Isto permitiu a Thierry Boutsen no Williams poñerse terceiro, e aínda que loitou cun problema co seu motor que se cortaba intermitentemente, mantivo o terceiro lugar ata a bandeira. Piquet tivo que conformarse co cuarto lugar no seu primeiro intento pilotando para Benetton.

Prost caera á novena posición con problemas na caixa de cambios e, mentres avanzaba á cuarta posición na volta 17, os seus problemas na caixa de cambios resultaron ser fatais, retirouse na volta 21. No outro Ferrari, Nigel Mansell retirouse cando marchaba quinto na volta 49, o seu embrague se desintegrou e perforou o tanque de aceite. O motor parouse e incendiouse, facendo trompear a Mansell.

Senna aumentou a súa vantaxe sobre Alesi a 28´5 segundos, pero retrocedeu lixeiramente cando o seu motor comezou a soar raro. Stefano Modena e Satoru Nakajima nun Brabham e o segundo Tyrrell respectivamente terminaron en quinto e sexto lugar. Foi a 21ª vitoria na carreira de Ayrton Senna e a primeira de seis da tempada. O brasileiro gañaría o seu segundo Campionato do Mundo. O podio de Alesi foi o primeiro da súa carreira.

Os dous primeiros finalistas enchéronse de eloxios entre eles logo da carreira. Senna dixo que sabía que Alesi tiña os ingredientes para ser Campión do Mundo, e Alesi dixo: "El é o meu heroe e foino durante moitos anos". Outros gañadores na carreira foron Ken Tyrrell, con dous coches nos puntos. E Pirelli, con tres puntos no final. A única nota negativa foi a pequena multitude de 15.000 que presenciou un grande espectáculo.

Clasificación

editar

Pre Cualificación

editar
PosPilotoConstrutorTempoDiferenza
133 Roberto MorenoEuroBrun-Judd1:32.292
229 Éric BernardLola-Lamborghini1:32.711+0.419
314 Olivier GrouillardOsella-Ford1:33.181+0.889
430 Aguri SuzukiLola-Lamborghini1:33.331+1.039
517 Gabriele TarquiniAGS-Ford1:35.420+3.128
618 Yannick DalmasAGS-Ford1:35.481+3.189
734 Claudio LangesEuroBrun-Judd1:37.399+5.107
839 Gary BrabhamLife2:07.147+35.855
931 Bertrand GachotColoni-Subaru5:15.010+2:43.718

Cualificación

editar
PosPilotoConstrutorQ1Q2Diferenza
128 Gerhard BergerMcLaren-Honda1:28.6641:53.486
223 Pierluigi MartiniMinardi-Ford1:28.7312:33.083+0.067
322 Andrea de CesarisDallara-Ford1:29.0191:57.435+0.355
44 Jean AlesiTyrrell-Ford1:29.4081:54.738+0.744
527 Ayrton SennaMcLaren-Honda1:29.4311:52.015+0.767
620 Nelson PiquetBenetton-Ford1:29.8621:55.449+1.198
71 Alain ProstFerrari1:29.9101:56.661+1.246
814 Olivier GrouillardOsella-Ford1:29.947+1.283
95 Thierry BoutsenWilliams-Renault1:30.0591:52.771+1.395
108 Stefano ModenaBrabham-Judd1:30.127+1.463
113 Satoru NakajimaTyrrell-Ford1:30.130+1.466
126 Riccardo PatreseWilliams-Renault1:30.2131:53.530+1.549
1325 Nicola LariniLigier-Ford1:30.424+1.760
1424 Paolo BarillaMinardi-Ford1:31.194+2.530
1529 Éric BernardLola-Lamborghini1:31.226+2.562
1633 Roberto MorenoEuroBrun-Judd1:31.2471:51.538+2.583
172 Nigel MansellFerrari1:31.3631:52.405+2.699
1830 Aguri SuzukiLola-Lamborghini1:31.414+2.750
1912 Martin DonnellyLotus-Lamborghini1:31.6501:49.942+2.986
2010 Bernd SchneiderArrows-Ford1:31.892+3.228
219 Michele AlboretoArrows-Ford1:31.9481:54.499+3.284
2219 Alessandro NanniniBenetton-Ford1:31.984+3.320
237 Gregor FoitekBrabham-Judd1:32.398+3.734
2411 Derek WarwickLotus-Lamborghini1:32.4002:05.974+3.736
2515 Maurício GugelminLeyton House-Judd1:32.904+4.240
2616 Ivan CapelliLeyton House-Judd1:33.044+4.380
2735 Stefan JohanssonOnyx-Ford1:33.468+4.804
2821 Gianni MorbidelliDallara-Ford1:34.292+5.628
2936 JJ LehtoOnyx-Ford
DSC26 Philippe AlliotLigier-Ford1:31.664+3.000

Carreira

editar
PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
127 Ayrton SennaMcLaren-Honda721:52:32.82959
24 Jean AlesiTyrrell-Ford72+8.68546
35 Thierry BoutsenWilliams-Renault72+54.08094
420 Nelson PiquetBenetton-Ford72+1:08.35863
58 Stefano ModenaBrabham-Judd72+1:09.503102
63 Satoru NakajimaTyrrell-Ford71+1 volta111
723 Pierluigi MartiniMinardi-Ford71+1 volta2
829 Éric BernardLola-Lamborghini71+1 volta15
96 Riccardo PatreseWilliams-Renault71+1 volta12
109 Michele AlboretoArrows-Ford70+2 voltas21
1119 Alessandro NanniniBenetton-Ford70+2 voltas22
1210 Bernd SchneiderArrows-Ford70+2 voltas20
1333 Roberto MorenoEuroBrun-Judd67+5 voltas16
1415 Maurício GugelminLeyton House-Judd66+6 voltas25
Ret24 Paolo BarillaMinardi-Ford54Desfalecemento14
Ret30 Aguri SuzukiLola-Lamborghini53Freos18
Ret2 Nigel MansellFerrari49Embrague17
Ret28 Gerhard BergerMcLaren-Honda44Embrague1
Ret7 Gregor FoitekBrabham-Judd39Accidente23
Ret14 Olivier GrouillardOsella-Ford39Colisión8
Ret22 Andrea de CesarisDallara-Ford25Motor3
Ret1 Alain ProstFerrari21Fuga aceite7
Ret16 Ivan CapelliLeyton House-Judd20Eléctrico26
Ret11 Derek WarwickLotus-Lamborghini6Caixa de cambios24
Ret25 Nicola LariniLigier-Ford4Acelerador13
Ret12 Martin DonnellyLotus-Lamborghini0Caixa de cambios19
DSC26 Philippe AlliotLigier-Ford
NSC35 Stefan JohanssonOnyx-Ford
NSC21 Gianni MorbidelliDallara-Ford
NSC36 JJ LehtoOnyx-Ford
NSCP17 Gabriele TarquiniAGS-Ford
NSCP18 Yannick DalmasAGS-Ford
NSCP34 Claudio LangesEuroBrun-Judd
NSCP39 Gary BrabhamLife
NSCP31 Bertrand GachotColoni-Subaru
Fonte:[1]

Notas

editar

Posicións logo da carreira

editar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Referencias

editar
  1. "1990 United States Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015. 
  • Rob Walker (xuño de 1990). "2nd United States Grand Prix at Phoenix: Senna's Surprise". Road & Track, 92–96.

Ligazóns externas

editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 1989
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1990
Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1990
Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1989
Gran Premio dos Estados UnidosCarreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1991
🔥 Top keywords: