Gurmukhi

alfasilabario que se utiliza para escribir a lingua punjabi

Gurmukhi (en punjabi ਗੁਰਮੁਖੀ, ɡʊɾmʊkʰi) é un alfasilabario que se utiliza para escribir a lingua punjabi na India. Deriva da escrita laṇḍā e en última instancia da brāhmī. Estandarizouna o segundo gurú sikh, Angad no século XVI, e nesa escrita escribiuse o libro sagrado do sikhismo, o Gurú Granth Sahib. O nome da escrita deriva do antigo punjabi "gurumukhī", " o que vén da boca do gurú".O gurmukhi moderno ten corenta e unha consoantes (vianjan), nove símbolos de vogais (lāga mātrā), dous símbolos para os sons nasais (bindī e ṭippī), e un símbolo que duplica o son de calquera consoante (addak). Utilízase principalmente no estado de Punjab na India, como a escrita oficial para o punjabi[1] aínda que tradicionalmente era a escrita que utilizaban os sikhs, mentres os musulmáns empregaban a árabe-persa e os hindús a devanágari, aínda que nestes dous últimos casos a tendencia era a empregar para a escrita o urdú e o hindi [2] Tamén se emprega amplamente nos estados indios de Haryana, Himachal Pradesh, Jammu e na capital naciional Delhi, onde o punjabi tamén é unha das linguas oficiais. Historicamente o gurmukhi tamén se adaptou para escribir outras linguas, como o braj bhasha, khariboli e sindi.[3]

Nomes de animais en punjabi en escrita gurmukhi

Consoantes

editar

O gurmukhi contén 35 letras distintas. As tres primeiras son distintas xa que elas forman a base das vogai, e non son consoantes, ademais agás 'aira, nunca se utilizan soas.

NomePron.NomePron.NomePron.NomePron.NomePron.
uṛa –æṛaə soaiṛi –səsasahahaha
kəkakakʰəkʰakʰagəgagakəgangəngaŋa
chəchat͡ʃachʰəchʰat͡ʃʰajəjad͡ʒachəjat͡ʃàneiiaɲa
ṭenkaʈaṭʰəṭʰaʈʰaḍəḍaɖaṭəḍaʈàṇaṇaṇa
tətatatʰətʰatʰadədadatədanənana
pəpapapʰəpʰapʰabəbabapəbaməmama
yaiyayarararaləlalavavaʋaṛaṛaɽa

Existen tamén outras seis consoantes, descoñecidas no Gurú Granth Sahib creadas colocando un punto (bindi) ao pé (pair) da consoante. Utilízanse principalmente para escribir palabras procedentes doutras linguas :

NomePron.
ਸ਼Sussa pair bindiʃa
ਖ਼Khukha pair bindixa)
ਗ਼Gugga pair bindiɣa)
ਜ਼Jujja pair bindiza
ਫ਼Phupha pair bindifa
ਲ਼Lalla pair bindiɭa

Lalla pair bindi é unha novidade recente do alfabeto gurmukhi e non sempre se considera unha letra diferente.

Vogais

editar
VogalNomeAPI
Ind.Dwp.con /k/NomeUnicodeUso
(none)MuktāAa[ə]
ਕਾKannāAAā[ɑ]
ਿਕਿSihārīIi[ɪ]
ਕੀBihārīIIī[i]
ਕੁOnkaṛUu[ʊ]
ਕੂDulankaṛUUū[u]
ਕੇLāvā̃Eē[e]
ਕੈDulāvā̃AIe[ɛ]
ਕੋHōṛāOō[o]
ਕੌKanōṛāAUo[ɔ]

Exemplos de vogais :

PalabraTranscriciónSignificado
ਆਲੂālūpataca
ਦਿਲdilcorazón
ਗਾਂvaca

Notas

editar
  1. Marilyn Martin-Jones, Kathryn E. Jones Multilingual Literacies: Reading and writing different worldsJohn Benjamins, 2001. p. 279
  2. Danesh, Jain; Cardona, George (2007). The Indo-Aryan Languages. Routledge. p. 53. ISBN 9781135797119. 
  3. "sindhilanguage.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2015. Consultado o 17 de marzo de 2015.