Hugo Fernández

futbolista uruguaio

Hugo Daniel Fernández Vallejo, nado en Montevideo o 2 de febreiro de 1945 e finado en Puebla de Zaragoza o 1 de agosto de 2022,[1] foi un futbolista e adestrador uruguaio, que xogaba como lateral dereito.

Hugo Fernández
Información persoal
NomeHugo Daniel Fernández Vallejo
Nacemento2 de febreiro de 1945
Lugar de nacementoMontevideo
Falecemento1 de agosto de 2022
Lugar de falecementoPuebla de Zaragoza
PosiciónCentrocampista
Carreira xuvenil
Nacional
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1965–1966Nacional8(0)
1967Racing de Montevideo
1968–1969Gimnasia y Esgrima7(0)
1970Cerro
1971Defensor
1972–1975Peñarol
1975–1978Tenerife
1979–1980Puebla74(7)
1980–1981Peñarol
1981Atlas3(0)
Adestrador
1984Peñarol
1985–1987Puebla
1988–1989Tigres
1989–1990Tampico Madero
1994–1995Nacional
1995–1996Puebla
1997–1998Toshiba
2001Irapuato
2002Veracruz
2003Puebla
2006Lobos
2006–2008Dorados
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Comezou a súa carreira no Nacional, co que debutou en partido oficial en decembro de 1965, nunha derrota por 0-1 ante o Danubio no estadio Centenario.[2] Ao ano seguinte conquistou o seu primeiro campionato uruguaio. A continuación pasou polo Racing de Montevideo, Gimnasia y Esgrima, Cerro e Defensor, antes de recalar no máximo rival do seu primeiro club, o Peñarol, no que militou tres anos, gañando dous novos campionatos de liga (en 1974 e 1975).[3] Conquistou tamén co equipo negro e amarelo a 29ª edición do Trofeo Teresa Herrera en Riazor, onde foi expulsado xunto a Cruyff nas semifinais contra o Barcelona, por unha lea entre ambos.

En xullo de 1975 desembarcou no fútbol español, fichando polo Tenerife, de Segunda División, onde coincidiu cos tamén uruguaios Montero Castillo, Ferreira e Kraus.[4] Debutou co equipo de Felipe Mesones na primeira xornada da tempada 1975/76 e foi titular durante 36 dos 38 partidos de liga, formando parella de centrais xunto ao histórico Molina.[4] Continuou sendo un alicerce da defensa durante a seguinte campaña, acompañado habitualmente por Julio Durán, pero o seu contrato foi rescindido a comezos da campaña 1977/78, por motivos económicos.[4]

Acto seguido regresou a América e xogou dous anos no Puebla mexicano, antes de volver ao Peñarol, co que gañou o seu cuarto campionato uruguaio en 1981.[5] Pechou a súa carreira no Atlas mexicano en 1981.

Trala súa retirada iniciou en Peñarol a súa carreira como adestrador, carreira que se desenvolveu principalmente en México, onde pasou polos bancos de Puebla (en tres etapas), Tigres, Tampico Madero, Irapuato, Veracruz, Lobos de la BUAP e Dorados de Sinaloa. Tamén dirixiu ao Nacional de Montevideo e ao Toshiba do Xapón.[4]

Palmarés

editar

Como futbolista

editar
Nacional
Peñarol

Como adestrador

editar
Dorados de Sinaloa

Notas

editar
  1. "LIGA MX: Fallece Hugo Fernández, ex jugador de Puebla" (en castelán). 1 de agosto de 2022. Consultado o 19 de agosto de 2022. 
  2. "Nacional - Danubio 1965". atilio.uy (en castelán). Consultado o 19 de agosto de 2022. 
  3. "Falleció Hugo Fernández, exjugador y DT de Nacional y Peñarol" (en castelán). 1 de agosto de 2022. Consultado o 19 de agosto de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Fallece Hugo Fernández, recordado jugador del CD Tenerife en los años setenta". eldiario.es (en castelán). 2 de agosto de 2022. Consultado o 19 de agosto de 2022. 
  5. "Nombran a Hugo Fernández técnico del Puebla" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 19 de agosto de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar