Ibidorhyncha struthersii

Ibidorhyncha struthersii é unha especie de ave caradriforme da familia Ibidorhynchidae, sendo o seu único membro.

Ibidorhyncha struthersii
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Charadriiformes
Familia:Ibidorhynchidae
Bonaparte, 1856
Xénero:Ibidorhyncha
Vigors, 1832
Especie:I. struthersii
Vigors, 1832
Distribución do Ibidorhyncha struthersii
Distribución do Ibidorhyncha struthersii

Distribución do Ibidorhyncha struthersii

Descrición

editar

Esta ave é inconfundíbel. O adulto é gris con ventre branco, patas rubias, peteiro longo e curvado cara a abaixo, a cara negra e o peito cunha banda negra. Os novos non teñen a cor negra na cara e o peito, e o peteiro é máis opaco. Os adultos en reprodución teñen unha patas rubias brillantes e nos inmaturos son de cor sepia. A pesar da súa aparencia espectacular pasa desapercibido no seu ambiente rochoso.

O seu canto é un resoante ‘kliu-kliu’ similar ao do do bilurico claro.

Taxonomía

editar

A posición taxonómica da familia é controvertida. Pode estar relacionada coas gabitas e as avocetas. Para unha clasificación alternativa dos Charadriiformes véxase a taxonomía de Sibley-Ahlquist.

Distribución

editar

Vive nas ribeiras de croios das mesetas altas de Asia Central e o Himalaia.

Comportamento

editar

Aliméntase escaravellando co seu bico os coídos dos leitos fluviais.[2] Aniña catro ovos no chan.

Notas

editar
  1. "Ibidorhyncha struthersii". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 2 de marzo de 2017. 
  2. Marchant, J., Prater, T. & Hayman. P. 1986. Shorebirds: an identification guide to the waders of the world. Christopher Helm.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar