José Fontán

futbolista galego

José Manuel Fontán Mondragón, nado en Vilagarcía de Arousa o 11 de febreiro do 2000, é un futbolista galego. Xoga coma defensa no Go Ahead Eagles, equipo da Eredivisie, a primeira división neerlandesa. Está cedido a este club polo Real Club Celta de Vigo, ao que pertence[1].

José Fontán
Información persoal
NomeJosé Manuel Fontán Mondragón
Nacemento11 de febreiro de 2000
Lugar de nacementoVilagarcía de Arousa
Altura1,82
PosiciónDefensa
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

José Fontán comezou a súa carreira futbolística nas categorías inferiores do Celta de Vigo. Na tempada 2018-19 debutou no Celta B. O seu primeiro partido foi o 14 de outubro de 2018, ao substituír a Diego Alende nun encontro fronte ao Atlético de Madrid B.

O 23 de xaneiro de 2020, Fontán debutou co primeiro equipo no partido da Copa do Rei que terminou con derrota por 1 a 2 fronte ao CD Mirandés. En liga xogou o seu primeiro partido como titular o 1 de outubro de 2020 na derrota por 0 a 3 fronte ao FC Barcelona.

O 27 de xullo de 2021 renovou ata 2026 co Celta de Vigo e consolidou a súa ficha no primeiro equipo.

O 18 de xuño de 2022, firmou en cualidade de cedido co Go Ahead Eagles da Eredivisie durante unha tempada.

Estatísticas

editar

Clubs

editar

Actualizado co último partido disputado o 21 de maio de 2022 .

ClubDiv.TempadaLigaCopaInternacionalTotal
Part.GolesPart.GolesPart.GolesPart.Goles
[[Celta de Vigo FortunaCelta de Vigo B]]
Galicia
2.ª B2018-198080
2019-20220220
Total club300300
Celta de Vigo
Galicia
1.ª2019-200010241
2020-2114020160
2021-229032122
Total club23062292
Go Ahead Eagles
Países Baixos
1.ª2022-23000000
Total club0000
Total carreira53062592

Notas

editar
  1. "José Fontán". Transfermarkt. Consultado o 5 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar