Julia Roberts

actriz estadounidense

Julie Roberts, nada como Julie Fiona Roberts en Smyrna (Xeorxia) o 28 de outubro de 1967, é unha actriz estadounidense gañadora dos premios Oscar e Globo de Ouro.

Infotaula de personaJulia Roberts

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Julia Fiona Roberts Editar o valor em Wikidata
28 de outubro de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Smyrna, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo, budismo, Cristianismo ortodoxo e catolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónCampbell High School (en) Traducir
Lee Strasberg Theatre and Film Institute (pt) Traducir
Universidade do Estado da Geórgia (pt) Traducir
Saint Monica Catholic High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de televisión , actriz de teatro , actriz de dobraxe , modelo , actriz de cinema , produtora , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDaniel Moder (2008–)
Lyle Lovett (1993–1995)
ParellaBenjamin Bratt (pt) Traducir (1998–2001)
Jason Patric (1991–1992) Editar o valor em Wikidata
FillosHazel Patricia Moder (en) Traducir
 ()
Phinnaeus Walter Moder (en) Traducir
 ()
Henry Daniel Moder (en) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
PaisWalter Grady Roberts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Betty Lou Bredemus (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEric Roberts e Lisa Roberts Gillan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000210 Allocine: 13593 Rottentomatoes: celebrity/10e6d476-3012-35d0-b308-59609ab64f74 Allmovie: p60634 TCM: 162850 Metacritic: person/julia-roberts TV.com: people/julia-roberts IBDB: 403590
Instagram: juliaroberts BNE: XX1102413 iTunes: 280700732 Last fm: Julia+Roberts Musicbrainz: 140c8033-e142-4ad9-95f9-d3c56ecfb6f3 Songkick: 2221949 Discogs: 173269 Allmusic: mn0001507299 WikiTree: Roberts-10357 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Os seus pais, antes de que ela nacese, mantiveran un taller de interpretación. Divorciáronse en 1971. O pai, Walter, era vendedor e mantivo sempre con Julia unha relación moi profunda. Morreu de cancro en 1976, cando ela apenas contaba nove anos, o que a afectou profundamente.

Julia ten dous irmáns, o popular Eric Roberts (1956) e Lisa (1965), que tamén son actores. Ten tamén unha medio irmá: Nancy. Julia asistiu á escola primaria de Fitzhugh, continuou os seus estudos en Griffiny finalizounos na High School de Campell, todas elas na propia Smyrna. Sempre quixo ser veterinaria, pero terminou estudando xornalismo, trasladouse con Lisa a Nova York e iniciou a súa carreira de actriz en 1987 cun pequeno papel en Firehouse. Custoulle conseguir outro traballo, ata que o seu irmán Eric, falou con Peter Masterson para que lle dese un papel no drama Blood Red, que non triunfou. A película ía ser dirixida polo propio Eric e o veterano Dennis Hopper.

Debutou na pantalla grande en Mystic Pizza (1988). En 1990, xunto a Richard Gere interpretou a unha prostituta en Pretty Woman, co que obtivo un nomeamento ó Oscar. O seu entrañable personaxe en Pretty Woman seduciu a público e crítica. Daquela converteuse na actriz mellor pagada de Hollywood cun salario de entre 16 e 17 millóns de dólares por película. Sempre foi un reclamo millonario para a billeteira.

Sendo unha das raíñas da comedia romántica, non lograra demostrar a súa valía en papeis máis serios. Esa espiña sacoulla uns anos máis tarde grazas a súa interpretación en Erin Brockovich, que lle valeu por fin o Oscar á mellor actriz. No ano 2001, Julia coprotagonizou xunto a Brad Pitt o filme The Mexican.

Vida persoal

editar

Julia tivo moitos mozos, entre eles os actores: Liam Neeson, Dylan McDermott, Kiefer Sutherland, Jason Patric e Daniel Day-Lewis.

Casou o 27 de xuño de 1993 coa estrela da música country Lyle Lovett, en Marion (Indiana). A unión durou ata marzo de 1995 en que se divorciaron, aínda que ambos manteñen desde entón unha boa relación.

Na rodaxe do filme The Mexican namorou do cámara Danny Moder, rompendo a súa relación con Brad. Danny e Julia casaron en xullo de 2002. O domingo 28 de novembro de 2004 Julia Roberts tivo nos Ánxeles ós xemelgos Phinnaeus Walter e Hazel Patricia. O 18 de xuño de 2007 nacía o terceira fillo da parella, Henry Daniel Moder.

Filmografía

editar
Julia Roberts cun soldado estadounidense no hospital da base aérea de Incirlik (Turquía), 7 de decembro de 2001.

Premios

editar
AnoCategoríaPelículaResultado
2000Oscar á mellor actrizErin BrockovichGañadora
1990Oscar á mellor actrizPretty WomanCandidata
1989Oscar á mellor actriz secundariaSteel MagnoliasCandidata
AnoCategoríaPelículaResultado
2010Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musicalDuplicityCandidata
2008Globo de Ouro á mellor actriz secundariaLa guerra de Charlie WilsonCandidata
2001Globo de Ouro á mellor actriz - DramaErin BrockovichGañadora
2000Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musicalNotting HillCandidata
1998Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musicalMy Best Friend's WeddingCandidata
1991Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musicalPretty WomanGañadora
1990Globo de Ouro á mellor actriz secundariaSteel MagnoliasGañadora

Premios BAFTA

editar
AnoCategoríaPelículaResultado
1990Mellor actrizPretty WomanCandidata
2000 Mellor actrizErin BrockovichGañadora

Premios do Sindicato de Actores

editar
AnoCategoríaPelículaResultado
2000Mellor actriz protagonistaErin BrockovichGañadora
AnoPremioResultado
2010Premio DonostiaGañadora

Notas

editar