Metropolitans 92

(Redirección desde «Levallois Metropolitans»)

O Metropolitans 92 é un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Levallois-Perret (Illa de Francia). Actualmente compite na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto galo. Disputa os seus partidos como local no Palais des sports Marcel Cerdan, un pavillón con capacidade para 4.000 espectadores. Fundado no ano 2007 co nome de Paris-Levallois Basket, os seus maiores éxitos son un tíulo de Copa e outro do Match des Champions (Supercopa), ambos conseguidos en 2013.

Metropolitans 92
Información xeral
LigaPro A / Eurocup
Fundación9 de xuño de 2007
HistoriaParis-Levallois Basket
(2007–2017)
Levallois Metropolitans
(2017−2019)
Metropolitans 92
(2019−presente)
Cores          Azul, dourado
PresidenteFrancia Boris Diaw
AdestradorFrancia Vincent Collet
PatrocinadorIdex
Localización
CidadeFrancia Levallois-Perret, Francia
PavillónPalais des sports Marcel Cerdan
Capacidade4 000
Inauguración1992
Campionatos
Copa1 (2013)
Supercopa1 (2013)
metropolitans92.com

Historia

editar

O club foi fundado no ano 2017 a raíz da fusión do Paris Basket Racing, equipo posuidor de catro títulos de liga da cidade de París, o Levallois Sporting Club Basket, de Levallois-Perret, un municipio da periferia da capital francesa. O club, que foi bautizado co nome de Paris-Levallois Basket, mantén toda a historia e títulos do Paris Basket Racing e o Levallois Sporting Club Basket.[1] O club comezou a súa andaina na LNB Pro A, máxima categoría do baloncesto galo, porén, en 2008 descendeu á LNB Pro B tras finalizar penúltimo na liga. O club volveu á máxima categoría en tan só un ano e desde aquela permanece nela. O seu mellor ano foi o 2013 cando conseguiron os títulos de campión de Copa e da Supercopa. O 5 de xullo de 2017, o equipo directivo decide mudar o nome do club a Levallois Metropolitans. O 4 de xullo de 2019, o ex-xogador da NBA Boris Diaw foi nomeado novo presidente do club, sucedendo a Jean-Pierre Aubry. Ese mesmo ano o club adopta un novo nome, Metropolitans 92.

Palmarés

editar

Temporada por temporada

editar
AnoNivelLigaPos.CopaSupercopaEuropa
2007–081Pro A15ºFase de 32
2008–092Pro BRolda de 16
2009–101Pro AFase de 32
2010–111Pro A13ºRolda de 163 EuroChallengeFC
2011–121Pro AFase de 32Cuartos de final
2012–131Pro A12ºCampiónSemifinalista3 EuroChallengeCF
2013–141Pro ACuartos de finalSemifinais2 EurocupLR
2014–151Pro A11ºRolda de 16
2015–161Pro A14ºRolda de 16
2016–171Pro ARolda de 16
2017–181Pro A10ºSemifinalista2 EurocupLR
2018–191Pro A12ºSemifinais
2019–201Pro ACuartos de final
2020–211Pro ACuartos de final2 EurocupCF
2021–221Pro ACuartos de final2 EurocupCF

Notas

editar
  1. "L’histoire des Levallois Metropolitans" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2020. Consultado o 8 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar