Lingua akhvakh

O akhvakh é unha lingua caucásica do subgrupo andi do grupo avar-ando-dido que se fala en Daguestán (Rusia) e en Acerbaixán
ISO/DIS 639-3: akv

Abkhvakh
aшвaлъи мицIи
Falado en:Federación Rusa, Acerbaixán
Rexións: Daguestán, Akhvakh-Dere
Total de falantes:6000
Familia:Linguas caucásicas
 Abkhvakh
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:cau
ISO 639-3: akv
Mapa
Status

Distribución xeográfica

editar

Fálase entre os ríos Andi-Koisu e Avar-Koisu no Daguestán, en 8 auls, 5 no distrito de Akhvakh: Tad-Magitl, Kvankero, Logonitl, Kuydab-Roso e Izani e 3 no distrito de Shamil: Ratlub, Tsegob e Tlyanub.
Máis ao sur, xa en Acerbaixán, está o aul de Akhvakh-Dere (distrito de Zhakalay), froito dunha migración na primeira metade do século XVIII.

Falantes

editar

6.000

  • Daguestán: 4.000
  • Acerbaixán: 2.000

Dialectos

editar

A principal deivisión é entre o Akhvakh do norte (Tsunta-Akhvakh) e do sur (Ratu-Akhvakh), cada aul ten o seu propio dialecto

Usos sociais

editar

Os falantes de akhvakh empregan o ávaro como lingua literaria e como lingua de relación entre os diferentes dialectos. As primeiras publicacións sobre a lingua datan de 1949. A lingua carece de literatura escrita e tan só se emprega dentro do ámbito doméstico, nos últimos anos o incremento dos matrimonios mixtos cos ávaros pon en perigo a transmisión interxeracional da lingua.

Véxase tamén

editar

Ligazóns

editar
🔥 Top keywords: