Lingua kʼicheʼ

lingua da familia maia

A lingua kʼicheʼ ou quiché[3] é unha lingua que forma parte do grupo quicheano de linguas, que forman parte da familia lingüística das linguas maias. É falada maioritariamente polos membros do pobo kʼicheʼ, orixinaria de Guatemala, aínda que tamén ten presenza no sueste de México a causa da migración de refuxiados a este país durante o período da Guerra Civil Guatemalteca nos anos oitenta do século XX. Ten arredor dun millón de falantes en Guatemala,[1] e uns 524 falantes en México (2002), sendo a lingua maia coa comunidade lingüística máis extensa e a segunda lingua de Guatemala, despois do español. Moitos falantes do kʼicheʼ son bilingües da súa lingua nativa e do español, aínda que este fenómeno é menos frecuente nos ámbitos rurais illados.

Kʼicheʼ
Outros nomes:Quiché
Falado en:Guatemala e México
Rexións: Poñente de Guatemala e sueste de México
Total de falantes:~1 000 000 en Guatemala[1] e 524 en México
Familia:Linguas maias
 Quicheano-mameano
  Quicheano maior
   Quicheano
    Quiché-Achí
     Kʼicheʼ
Status oficial
Lingua oficial de: Ningún pais
Regulado por: Academia de Linguas Maias de Guatemala (Guatemala)
Secretaría de Educación Pública (México)
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:---
ISO 639-3: quc
Mapa
Status

O kʼicheʼ está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]
Falante de lingua kʼicheʼ.

Existe unha substancial variación dialectal da lingua kʼicheʼ, a algúns dos seus dialectos son considerados ás veces como linguas separadas. A maior parte dos falantes empregan a variedade coñecida como kʼicheʼ central, que tamén é a máis empregada nos medios de comunicación e o ámbito educativo. Outros dialectos son o kʼicheʼ centro-occidental, kʼicheʼ de San Andrés, kʼicheʼ de Joyabaj, kʼicheʼ oriental, kʼicheʼ de Nahualá e kʼicheʼ de Cunén.

Aínda que non é unha lingua oficial nin en Guatemala nin en México, e os niveis de alfabetización como primeira lingua son baixos, a importancia do kʼicheʼ tende a crecer tanto nas escolas como na radio no territorio guatemalteco. É recoñecida como lingua nacional en Guatemala a raíz da "Lei de Idiomas Nacionais" aprobada polo Congreso de Guatemala no 2003. En México, como resultado das reformas da Constitución deste país, e das leis regramentarias derivadas, o kʼicheʼ ten o recoñecemento de lingua nacional, coa mesma validez no territorio mexicano que o español e outras sesenta e catro linguas indíxenas.

A obra máis coñecida escrita en kʼicheʼ clásico é o Pop Wuj, máis comunmente coñecido como Popol Vuh.

Fonoloxía

editar

Vogais

editar
[a]vogal anterior aberta non redondeadaa
[ə]vogal media central non redondeadaä
[ɛ]vogal anterior semi-cerrada non redondeadae
[i]vogal central cerrada non redondeadai
[o]vogal posterior semicerrada non redondeadao
[u]vogal posterior cerrada redondeadau

Consoantes

editar
 BilabialAlveolarPalatalVelarUvularGlotal
 normalimplosivanormalexectivanormalexectivanormalexectivanormalexectivanormal
Oclusivasp  [p]b'  [ɓ]t   [t]t'  [t'] k  [k]k'  [k']q  [q]q'  [q'] '   [ʔ]
Africadas tz  [ʦ]tz'  [ʦ’]ch  [ʧʰ]ch'  [ʧ’]     
Fricativas s  [s]x  [ʃ] j  [x]h  [h]
Nasais  m  [m]  n  [n]   nh  [ŋ]  
Líquidas l  [l]  r  [r]    
Semivogais    y  [j]  w  [w]  

Ortografía

editar

Ao longo da historia, varios sistemas ortográficos empregáronse para transliterar a lingua kʼicheʼ. A ortografía clásica do Padre Francisco Ximénez, que transcribiu o Popol Vuh, está baseada na ortografía española da época. En tempos recentes foi substituída pola ortografía estandarizada da Academia de Linguas Maias de Guatemala (ALMG). O etnohistoriador e maiísta Dennis Tedlock emprega o seu propio sistema de transliteración, diferente en todos os sentidos das ortografías establecidas.

Sintaxe e morfoloxía

editar

O kʼicheʼ emprega unha orde Suxeito Verbo Obxecto, en oposición a moitos idiomas maiances nos que o verbo é o elemento inicial dunha oración. A variación deste esquema é pouco común, mais algúns falantes actuais empregan o sistema Verbo Suxeito Obxecto.

Notas

editar
  1. 1,0 1,1 Segundo o censo de 2002 hai 1 270 953 persoas que pertencen ó pobo kʼicheʼ (véxase "XI Censo Nacional de Poboación e VI de Habitación (Censo 2002) - Pertenza de grupo étnico". Instituto Nacional de Estadística (Guatemala). 2002. Arquivado dende o orixinal o 22-02-2011. Consultado o 20-09-2010. , das cales 890.596 son falantes do kʼicheʼ (véxase "XI Censo Nacional de Poboación e VI de Habitación (Censo 2002) - Lingua na que aprendeu a falar". Instituto Nacional de Estadística. 2002. Arquivado dende o orixinal o 28-09-2011. Consultado o 20-09-2010. ).
    O SIL International menciona cifras moito máis elevadas e estima que o número total de falantes do kʼicheʼ é de máis de dous millóns (véxase "Languages of Guatemala". Summer Institute of Linguistics (SIL). 2000. Consultado o 20-09-2010. ).
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definición de maia-quiché no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar