Manuel Filiberto de Savoia-Aosta
Manuel Filiberto de Savoia-Aosta (en italiano: Emanuele Filiberto) nado en Xénova o 13 de xaneiro de 1869 e finado en Turín o 4 de xullo de 1931, foi un nobre italiano, II duque de Aosta, príncipe da Casa de Savoia, fillo do rei de España Amadeu I de España e da raíña consorte María Vitoria dal Pozzo della Cisterna.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1869 ![]() Xénova ![]() |
Morte | 4 de xullo de 1931 ![]() Turín ![]() |
Lugar de sepultura | Sacrário Militar de Redipuglia (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Italia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | oficial ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua italiana ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Regia Aeronautica ![]() |
Rango militar | Xeneral ![]() |
Conflito | Primeira guerra mundial ![]() |
Outro![]() | |
Título | Duque de Aosta ![]() |
Familia | Casa de Savoia e Casa de Aosta ![]() |
Cónxuxe | Helena de Orleães (1895–) |
Fillos | Tomislav II de Croacia, Amadeu II de Savoia-Aosta ![]() |
Pais | Amadeu I de España ![]() ![]() |
Irmáns | Luís Amadeu de Saboia (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ec/Asturias_-_Aosta.jpg/220px-Asturias_-_Aosta.jpg)
Infancia e mocidade
editarManuel Filiberto viviu a súa infancia entre Italia e España. Mentres os seus pais ocuparon o trono de España, ostentou a dignidade da súa Alteza Real e o título de Príncipe de Asturias. A morte da súa nai, ocorrida en 1876 en Turín, fíxolle herdeiro de todos os títulos desta, que quedaron adheridos á rama dos duques de Aosta. Así mesmo, tras a morte do seu pai, ocorrida en 1890, herdou o ducado de Aosta.
Matrimonio e descendencia
editarCasado en Kingston-on-Thames o 25 de xuño de 1895 coa princesa Helena de Orleáns, con quen tivo dous fillos:
- Amadeu II de Savoia-Aosta, (Amadeu Humberto de Savoia-Aosta, III duque de Aosta (1898-1942).
- Tomislav II de Croacia (Aimón Roberto de Savoia-Aosta, IV duque de Aosta) (1900-1948).
Período militar e morte
editarO príncipe Manuel Filiberto serviu na Terceira Armada Italiana como comandante e foi nomeado Mariscal de Italia por Benito Mussolini en 1926. Faleceu en 1931 e está enterrado no Santuario Militar de Redipuglia, xunto a miles de soldados máis.
Distincións honoríficas
editarDistincións honoríficas italianas
editarCabaleiro da Suprema Orde da Santísima Anunciación (1890).
Cabaleiro gran cruz da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro (1890).
Cabaleiro gran cruz da Orde da Coroa de Italia (1890).
Cabaleiro gran cruz da Orde Militar de Savoia (28/12/1916).[2]
Cabaleiro da Orde Civil de Savoia.
Medalla de Ouro ao Valor Militar (24/06/1937).[3]
Distincións honoríficas estranxeiras
editarCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro (España)
Cabaleiro de honra e devoción da Orde de Malta.
Cabaleiro da Orde da Xarreteira (Reino Unido).
Cabaleiro da Orde da Aguia Negra (Imperio alemán).
Cabaleiro da Orde dos Serafines (Reino de Suecia).[4]
Notas
editar- ↑ Pirri, P. (1980). Pio IX e Vittorio Emanuele II dal loro carteggio privato (en italiano). Gregorian Biblical BookShop. ISBN 978-88-7652-434-9.
- ↑ Sito web del Quirinale: dettaglio decorato.
- ↑ Espressione guerriera della millenaria stirpe sabauda, guidò con sicura fede ed incrollabile tenacia la « Invitta Armata » in undici battaglie sull’Isonzo, in quelle gloriose sul fiume sacro e nel travolgente inseguimento che portò il tricolore là ove il suo Re aveva fissato.
- ↑ Nobleza Mediterránea
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Filiberto de Savoia-Aosta ![]() |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarPredecesor: Afonso de Borbón | Príncipe de Asturias 1871 - 1873 | Sucesor: Isabel de Borbón |
Predecesor: Amadeu I | Duque de Aosta![]() 1890 - 1931 | Sucesor: Amadeu II |