Marco (anime)

serie de debuxos animados

Marco (母をたずねて三千里 Haha wo tazunete sanzenri?, lit. "Tres mil leguas na procura da nai") é unha serie de anime baseada no relato Marco, dos Apeninos ós Andes que está incluído na novela italiana Corazón de Edmondo de Amicis. Foi emitida orixinalmente no Xapón no ano 1976, dentro do contedor infantil World Masterpiece Theater. En España, emitiuse en varias canles como Televisión Española, Antena 3 e Tele5; o anime tamén está dispoñible nunha serie de DVD's distribuída por Planeta Junior.

Marco
母をたずねて三千里
(Haha wo tazunete sanzenri)
Anime Marco
Dirixido porIsao Takahata
EstudioNippon Animation
Canle televisivaFuji TV, Animax
Primeira emisión4 de xaneiro do 1976
1 de agosto do 2012 Galicia
Última emisión26 de decembro do 1976
11 de outubro do 2012 Galicia
Núm. de capítulos52

Nos anos 80 lanzouse un filme usando os episodios da serie de TV. No 1999, Nippon Animation, fixo unha produción nova na que se lle deu un toque excepcional á animación; unha versión conmemorativa, cunha canción cantada por Sheena Easton: "Carry a Dream", que en galego quere dicir "Acada un soño".

Marco foi dobrado en varios idiomas e converteuse nun éxito inmediato nalgúns países como Portugal, Brasil, España, Uruguai, Venezuela, o mundo árabe e Israel.

En Galiza estreouse en galego o 1 de agosto do 2012 na segunda canle da Televisión de Galicia, a tvG2, dentro do seu contedor Xabarín Club.

Personaxes

editar

Familia de Rossi

editar
  • Marco Rossi

Marco é o personaxe principal, un neno italiano de doce anos. É traballador, ledo e xeneroso. Un día recibe a noticia de que a súa nai debe ir á Arxentina para xuntar cartos para á familia. A familia segue ben por un ano, ata que un día deixa de recibir cartas da súa nai, por iso Marco, desesperado, decide partir á Arxentina na procura da súa nai. É aquí onde comeza as súas aventuras e penurias, atopándose no seu camiño con amigos que axudarano na súa procura.

  • Anna Rossi

É a nai de Marco, debe emigrar á Arxentina en busca de traballo para axudar á súa familia. Na Arxentina aféctalle unha enfermidade mortal, pero a chegada de Marco axúdalle a superala. Finalmente ámbolos dous volven a Xénova.

  • Pietro Rossi'

O pai de Marco, un esforzado doutor que ten unha clínica para os pobres. Cando Marco lle formula a idea de ir a buscar á súa nai, négase nun principio, pero máis tarde consente.

  • Antonio "Tonio" Rossi

É o irmán máis vello de Marco, sempre trata de lle ver o lado bo a todo. Cando Anna emigra, decide ir a Milán para traballar nos trens, pero finalmente estuda e convértese en enxeñeiro.

  • Amedio

É un simpático moniño tití proveniente do Brasil. Tonio agasállallelo a Marco e é a súa compaña durante toda a xornada.

Familia de Fiorina

editar
  • Fiorina

É a mellor amiga de Marco, sabe manexar moi ben os monicreques. Era unha nena moi triste ata que coñeceu a Marco, quen mudou a súa vida, e deulle máis confianza.

  • Peppino

É o pai de Fiorina, Concetta e Julietta, é un monicrequeiro. Decide irse de Italia, xa que a xente era moi avara, para probar sorte xunto coa súa familia na Arxentina.

  • Concetta

É a irmá meirande de Fiorina, canta, baila e manexa os monicreques do espectáculo familiar.

  • Giulietta

É a irmá meniña de Fiorina e Concetta. É unha nena moi feliz, pero alédase máis cando aparece Amedio.

Secundarios

editar
  • Emilio

É o mellor amigo de Marco na Italia.

  • Gina Cristini

É a xefa de Marco nunha empresa de transporte.

  • Sr. Guillioti

É o segundo xefe de Marco, fabricante de botellas

  • Ramón Mequínez

Un enxeñeiro agrícola arxentino a quen Marco coñeceu en Tucumán, cando a súa nai estaba enferma.

Lista de episodios

editar
Artigo principal: Lista de episodios de Marco.

Ficha técnica

editar
FunciónDesempeñado por
DirecciónPatrocinio Takahata
ProduciónJunzou Nakajima, Takaji Matsudo
Historia orixinalEdmondo De Amicis (Corazón, do italiano Cuore)
GuiónKazuo Fukasawa
Deseño dos personaxes e dirección de animaciónYōichi Kotabe
Animador auxiliarReiko Okuyama
Escenografía, LayoutHayao Miyazaki
Director de ArteTakamura Mukuo
Música porKouichi Sakata
Encargado de sonYasuo Uragami

Banda Sonora

editar

Versión Xaponesa

editar
  • Abertura: Sōgen no Marco (por Kumiko Ōsugi)
  • Peche: Kaasan Ohayō (por Kumiko Ōsugi)

Versión Galega

editar
  • Abertura: Adeus, mamá (por Beatriz García)
  • Peche: Somos dous (por Beatriz García)

Temas musicais

editar
  • Xapón: (Abertura) "Sougen no Marco", (Peche) "Kaasan Ohayou" cantadas por Kumiko Ōsugi.
  • Galicia (Abertura) "Adeus, mamá", (Peche) "Somos dous" cantada por Beatriz García.

Abertura

editar
  • 1. "Adeus, mamá" [Sougen no Marco].

Peche

editar
  • 1. "Somos dous" [Kaasan Ohayou].

Dobraxe

editar
PersonaxeActor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal
Xapón
MarcoAna OuroYoshiko Matsuo
PeppinoTacho GonzálezIchirô Nagai
ConcettaChelo DíazNoriko Ohara
FiorinaMarián MuíñoMieko Nobusawa
GiuliettaMontse DavilaSachiko Chijimatsu
TonioNacho CastañoKazuyuki Sogabe
AnnaCharo PenaYukiko Nikaido
PietroXosé Manuel RodríguezKiyoshi Kawakubo
EmilioIsabel VallejoChie Kitagawa
Sr. GuilliotiAlfonso ValiñoRyûsuke Shiomi

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar