Markel Susaeta

futbolista español

Markel Susaeta Laskurain, nado en Éibar (Guipúscoa) o 14 de decembro de 1987, é un exfutbolista español. Xogaba de interior dereito ou mediapunta e desenvolveu case toda a súa carreira no Athletic Club.

Markel Susaeta
Información persoal
NomeMarkel Susaeta Laskurain
Nacemento14 de decembro de 1987 (36 anos)
Lugar de nacementoEibar
Altura1,79 m.
PosiciónCentrocampista
Carreira xuvenil
1997–2005Athletic Club
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2005–2006Baskonia36(4)
2006–2007Bilbao Athletic41(3)
2007–2019Athletic Club379(38)
2019–2020Gamba Osaka5(0)
2020Melbourne City10(2)
2020–2021Macarthur21(5)
Selección nacional
2007–2008España sub-213(0)
2012España1(1)
2010–2016País Vasco7(1)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Formouse nas categoría inferiores do Athletic Club, equipo ao que chegou na categoría alevín. Pasou por todas as categorías do club ata chegar ao primeiro equipo. No ano 2007, sendo xogador do Bilbao Athletic, Joaquín Caparrós chamouno para para facer a pretempada co primeiro equipo nos Países Baixos. Debutou co primeiro equipo o 2 de setembro de 2007 nun partido que enfrontaba ó Athletic contra o FC Barcelona. O equipo azulgrana gañou por 3-1, e Susaeta anotou o gol do Athletic. No seu segundo partido, o primeiro en San Mamés, anotou outro gol no empate contra o Real Zaragoza por 1-1.

Nese ano, converteuse nun xogador imprescindible para Caparrós, e xogou 29 partidos, nos que anotou 4 goles. A partir de entón, conseguiu ter ficha no primeiro equipo, e ser un xogador importante no Athletic.

Palmarés

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar