Marta

(Redirección desde «Martes martes»)

A marta (Martes martes) é unha especie de mustélido carnívoro europeo duns 25 centímetros de altura e 50 dende a cabeza ata o arranque da cola, que ten preto de 30 cm.

Martaraña
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Mammalia
Subclase:Theria
Infraclase:Placentalia
Orde:Carnivora
Suborde:Caniformia
Familia:Mustelidae
Xénero:Martes
Especie:M. martes
Nome binomial
Martes martes
Carl von Linné, 1758)
Distribución en Galicia
Distribución en Galicia

Distribución en Galicia
Distribución en Europa (verde – nativa, vermello – introducida)
Distribución en Europa
(verde – nativa, vermello – introducida)

Distribución en Europa
(verde – nativa, vermello – introducida)

Características

editar

Un exemplar adulto pesa ao redor dun quilogramo e medio. Posúe unha cabeza pequena, un fociño agudo, un corpo delgado, patas curtas e pelame espeso e suave, máis escuro polo lombo que polo ventre.

Os seus hábitos son nocturnos, adoitan vivir nas árbores e aliméntanse de pequenos mamíferos, pequenas aves, insectos e ras. Tamén comen algúns froitos e ovos de paxaros. Asemade as martas son presas das aguias e dos raposos. Non obstante, o seu maior inimigo é o home, que a aprecia pola súa fina pel. En cativerio viven ata 18 anos, mentres que a súa vida silvestre apenas supera os catro anos. Chegan á súa madurez sexual aos dous anos. As súas crías adoitan nacer en marzo ou abril, logo dun período de xestación de ao redor dun mes. O seu peso ao nacer é de aproximadamente 30 gramos.

En Galicia

editar

A miúdo confundida coa fuíña ou garduña, as dúas especies presentes en Galicia, coa que comparte nome popular, martuxa[1] ou martuxo, distínguese desta polo seu babeiro de cor branca, ou abrancado, que se abre en pinza cara ás extremidades dianteiras. Para evitar erros, en ADEGA recomendanfixarse tamén no fociño, xa que a marta teno negro e a garduña ten a punta rosada. [2]. Ambos animais están asociados na cultura popular aos asaltos aos galiñeiros, de onde se recolle o dito “morra a marta, morra farta” . Mais a garduña ten uns hábitos de caza onde se pode achegar máis a carón das casas, sendo a marta a máis localizada no interior das fragas, polo que cabería supoñer que é a primeira a que espreita as galiñas no maior número de casos. [3]


Notas

editar

Véxase tamén

editar