Masa molecular
A masa molecular é o número de veces que a molécula dun composto ou dun elemento pesa máis, ten máis masa, que un átomo que se toma como unidade. Calcúlase sumando todas as masas atómicas do elemento correspondente.O seu valor numérico coincide co da masa molar, pero expresado en unidades de masa atómica en lugar de gramos/mol. A masa molecular alude a unha soa molécula, a masa molar corresponde a un mol (N = 6,022·1023) de moléculas.[1]
Cálculo da masa molecular
editarA fórmula para calcular a masa molecular é a seguinte:
incluíndo todos os átomos diferentes.
A masa molecular calcúlase sumando as masas atómicas dos elementos que compoñen a molécula. Así, no caso da auga: H2O, a súa masa molecular é:
Se as cifras decimais son maiores de 0,5, o número másico aproxímase á unidade enteira seguinte. Exemplo: o número másico do osíxeno é 15,9994 ≈ 16. É dicir, o número másico do O é 16.
Ao igual que a masa atómica, a masa molecular exprésase en unidades de masa atómica: Umas (u) ou daltons (Da), que son equivalentes. Os Da teñan a vantaxe de que se poden empregar para moléculas maiores ao aceptar un múltiplo, o quilodalton: kDa.
A masa molecular calcúlase facilmente sumando as masas atómicas. Por exemplo, a masa molecular do ácido sulfúrico:
H2SO4: H = 1,00797 Da; S = 32,065 Da; O = 15,9994 Da
H2 = 2 x 1,00797 Da = 2,01594 Da
S = 1 x 32,065 Da = 32,065 Da
O4 = 4 x 15,9994 Da = 63,9976 Da
Masa molecular = H2 + S + O4 = 2,01594 Da + 32,065 Da + 63,9976 Da = 98,07854 Da
Notas
editar- ↑ "Masa molecular". quimica.laguia2000.com. 26 de outubro de 2010. Consultado o 3 de outubro de 2013.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- International Union of Pure and Applied Chemistry (1980). "Atomic Weights of the Elements 1979" (PDF). Pure Appl. Chem. 52 (10): 2349–84. doi:10.1351/pac198052102349.
- Paul, Hiemenz C. e Lodge P. Timothy. Polymer Chemistry. 2ª ed. Boca Raton: CRC P, 2007. 336, 338–339.
Ligazóns externas
editar- Definição de massa atómica, massa molecular e mole.
- A Free Android application for molecular and reciprocal weight calculation of any chemical formula
- Stoichiometry Add-In for Microsoft Excel Arquivado 11 de maio de 2011 en Wayback Machine. for calculation of molecular weights, reaction coefficients and stoichiometry.