Na estrada

novela en ingles de 1957 de Jack Kerouac

Na estrada[1] (no orixinal, On the Road) é unha novela escrita por Jack Kerouac en 1951 e publicada por primeira vez en 1957 na editorial estadounidense Viking Press. En galego, traduciuna Xesús Fraga e publicouna a editorial Kalandraka en 2020. É unha obra en parte autobiográfica escrita como un monólogo interior, baseada nas viaxes que Kerouac e os seus amigos fixeron polos Estados Unidos e México entre 1947 e 1950. Contribuíu á mitificación da ruta 66. Está considerada como a obra definitiva da xeración beat e recibe inspiración do jazz, a poesía e as drogas.

Na estrada
Título orixinalOn the Road
Autor/aJack Kerouac
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)Novela, Beat
EditorialKalandraka e Viking Press
Data de pub.5 de setembro de 1957
TraduciónXesúa Fraga
editar datos en Wikidata ]

É un dos clásicos máis influentes do século XX, e hoxe en día reedítase a un ritmo de 100.000 copias anuais, sendo considerado pola revista Time como unha das cen mellores novelas en inglés editadas desde o nacemento da revista en 1923.

Con esta novela Kerouac foi cualificado como o novo Charlie Parker, e o seu estilo foi denominado como "prosa espontánea", e comparado co Be Bop debido ó seu ritmo frenético e improvisado.

Foi escrita en só tres semanas, mentres Kerouac vivía coa súa segunda esposa Jane Haverty nun apartamento no número 454 da rúa 20 oeste de Manhattan, e foi mecanografada sen marxes nin parágrafos diferenciados nun longo rolo de papel ó que Kerouac chamaba simplemente o rolo. Contrariamente á lenda, non utilizou máis drogas que o café para escribir a novela.

O rolo orixinal é actualmente propiedade de James Isray, o propietario do equipo de fútbol americano Indianapolis Colts, quen o comprou por unha elevada suma de diñeiro e permite a súa exposición en universidades, museos e centros culturais.

A lendaria historia sobre como escribiu Kerouac o libro pasa por alto a tediosa organización e preparación previa antes da súa explosión creativa. Kerouac levaba pequenos cadernos nos que escribía notas para preparar a novela durante o seu tempo libre, algunhas delas incluídas no libro pese a escribilas como notas sen ordenar sete anos antes das viaxes. Kerouac corrixiu a novela varias veces antes de que o escritor e asesor da editorial Viking Press decidira publicala.

En 2006 comezou a prepararse unha adaptación ó cine, dirixida por Walter Salles baixo a produción de Francis Ford Coppola.

En agosto de 2007 publicouse unha edición sen censurar da novela coincidindo co 50 aniversario da publicación orixinal, incluíndo partes que foron consideradas inadecuadas daquela, e substituíndo tamén os pseudónimos que utilizou Kerouac polos nomes reais dos personaxes.

Argumento

editar

O libro comeza presentando ó impulsor da maioría das aventuras que teñen lugar ó longo da novela, Dean Moriarty, pseudónimo de Neal Cassady, que fora o aloucado hipster que se converteu en heroe de tódolos beats. O narrador é Sal Paradise, alter ego de Kerouac, fascinado polo seu ecléctico grupo de amigos, polo jazz, polas paisaxes de Norteamérica e polas mulleres.

A cidade de Nova York é o punto de partida da aventura, onde pouco antes da chegada de Moriarty, Sal Paradise (Kerouac) coñecería a Carlo Marx (sobrenome de Allen Ginsberg), que axiña se convertería no seu mellor amigo na cidade. Sal define a Dean como o estafador santo de mente brillante e a Carlo como o estafador poético e doloroso de mente escura. Carlo e Dean falan das súas experiencias cos seus amigos por todo o país e Sal queda fascinado con eles e con outros que irá coñecendo máis tarde nas viaxes.

As viaxes

editar
Mapa das viaxes de Kerouac por Norteamérica relatadas en On the Road. Vermello: 1947; Azul:1949; Verde:1950.

1947

Nova YorkChicagoNewton (Iowa) → Stuart (Iowa) → Cheyenne (Wyoming) → Denver (Colorado) → Salt Lake City (Utah) → San Francisco (California) → Marin CityHollywoodOs ÁnxelesSelma (California) → Dalhart (Texas) → Indianapolis, (Indiana) → Harrisburg (Pensilvania) → Nova York.

1949

Rocky Mount (Carolina do Norte) → Algiers (Luisiana) → San Francisco → Nova York.

1950

Nova York, → Terre Haute (Indiana) → St. Louis (Missouri) → DenverAmarillo (Texas) → Terre Haute (Indiana) → San Antonio (Texas) → Laredo (Texas) → Nuevo Laredo (Tamaulipas) → Hidalgo (Nuevo León) → Ciudad VictoriaLlera de CanalesMéxico DF.

As personaxes

editar
Sal ParadiseJack Kerouac
Dean MoriartyNeal Cassady
Chad KingHaldon "Hal" Chase
Carlo MarxAllen Ginsberg
MarylouLuAnne Henderson
Tim GrayEd White
Ed WallEd Uhl
A tíaGabrielle Kerouac (nai do autor)
Old Bull LeeWilliam S. Burroughs
Elmer HasselHerbert Huncke
Jane LeeJoan Vollmer Adams Burroughs
Tommy SnarkJim Holmes
Roy JohnsonBill Tomson
Ed DunkelAl Hinkle
RoccoPaul Blake (cuñado do autor)
Remi BoncœurHenri Cru
Lee AnnDianne Orin
Ray RawlinsBob Burford
Babe RawlinsBeverly Burford
Mary BettencourtRuth Gullion
Rita BettencourtHelen Gullion
Roland MajorAllan Temko
William Holmes “Big Slim” Hazard  William Holmes “Big Slim” Hubbard
Betty GrayJoanie White (esposa de Ed White)
CamilleCarolyn Cassady (nada Robinson)
Denver D. DollJustin Brierly
Old Dean MoriartyNeal Cassady pai
Mr. Snow?
“The famous director”Gregory La Cava
TerryBea Franco
PeachesGinger Chase
Dorie, “Tall redhead”Vicki Russell
Amy MoriartyCatherine Cassady
Galatea DunkelHelen Hinkle
LucillePauline
Tom SaybrookEd Stringham
Ian MacArthurJohn Clellon Holmes
DamionLucien Carr
MonaRhoda
Rollo GrebAlan Ansen
Dodie LeeJulie Burroughs
Ray LeeWilliam S. Burroughs Jr.
DaleKells Elvins
Hal HinghamAlan Harrington
MarieLorraine
Dorothy JohnsonHelen Tomson
Sam Brady(curmán de Neal Cassady)
InezDiana Hansen
Angel Luz GarcíaJosé García Villa
Walter EvansWalter Adams
Victor VillanuevaVictor Tejeira
Jinny JonesJinny Baker Lehrman
Gene DexterGene Pippin
Stan ShepardFrank Jeffries
VictorGregorio
LauraJoan Kerouac (nada Haverty)
Joanie MoriartyJami Cassady
  1. Ficha en Bitraga.