Premier Liha

O Premier Liha ou Liga Premier é a máxima categoría da liga profesional de fútbol que se disputa en Ucraína. O campionato naceu en 1991 trala desintegración da Unión Soviética, coa denominación de Liga Suprema. Esta denominación foi trocada pola actual en 2008.

Modelo:Competición deportivaPremier Liha
Editar o valor em Wikidata
Tipoliga de fútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación de Fútbol de Ucraína Editar o valor em Wikidata
Liga inferiorCampeonato Ucraniano de Futebol - Segunda Divisão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Número de participantes16 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísUcraína Editar o valor em Wikidata
Vixencia1991 – Editar o valor em Wikidata
Calendario da tempadaxulloEditar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialupl.ua Editar o valor em Wikidata
Facebook: upl.ua.official Instagram: upl.ua Youtube: UCNNPYchoKoREFVpE9rO_3Ag Editar o valor em Wikidata

O Donbass Arena.
O Donbass Arena.

O Dynamo de Kíiv e o Shakhtar Donetsk dominan o palmarés da competición, xuntando 24 títulos nas 25 edicións disputadas. Tan só o Tavriya Simferopol foi quen de superar esa hexemonía gañando a primeira edición da liga, en 1992.

O formato da liga consiste nunha liga de 14 equipos que disputan 26 xornadas, nas que cada equipo se enfronta dúas veces ós outros 13, unha vez como local e outra como visitante. Os encontros comezan en xullo, e rematan en maio do ano seguinte, cunha paréntese de 3 meses entre decembro e marzo no que non se disputa ningún encontro por mor do inverno. Ó remate da tempada, o último clasificado da táboa descende de categoría á Persha Liha. Os equipos que rematan nas dúas primeiras posicións acadan o dereito a competir na Liga de Campións da UEFA, e os equipos que rematan entre as posicións 3ª e 6ª, acadan o dereito a competir na UEFA Europa League.

Equipos participantes

editar

Tempada 2022–23

editar

Nesta campaña na Liga Premier participan 14 equipos da tempada anterior e os dous mellores da Persha Liha 2021–22. Dous equipos non participaron debido á destrución das súas infraestruturas pola ocupación rusa de Ucraína.

EquipoCidadeEstadio
Chornomorets OdesaOdesaChornomorets
Dnipro-1DniproDnipro-Arena
Dynamo KyivKíivNSC Olimpiyskiy
Inhulets PetrovePetroveInhulets
Kolos KovalivkaKovalivkaKolos
Kryvbas Kryvyi RihKryvyi RihHirnyk
FC LvivLvivArena Lviv
Metalist KhárkivKhárkivMetalist
Metalist 1925 KhárkivKhárkivMetalist
MynaiUzhhorodAvanhard
OleksandriyaOleksandriiaNika
Rukh LvivLvivArena Lviv
Shakhtar DonetskDonetskDonbass Arena
Veres RivneRivneAvanhard
Vorskla PoltavaPoltavaButovsky Vorskla
Zorya LuhanskLuhanskSlavutych-Arena

Palmarés

editar

O palmarés da liga está dominado principalmente por 2 clubs:

Nº TítulosEquipoCampionatos obtidos
16 Dynamo Kyiv1992–93, 1993–94, 1994–95, 1995–96, 1996–97, 1997–98, 1998–99, 1999–00, 2000–01, 2002–03, 2003–04, 2006–07, 2008–09, 2014–15, 2015–16, 2020-21
13 Shakhtar Donetsk2001–02, 2004–05, 2005–06, 2007–08, 2009–10, 2010–11, 2011–12, 2012–13, 2013–14, 2016–17, 2017–18, 2018–19, 2019–20
1 Tavriya Simferopol1992

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar