Vietnam

país de Asia
(Redirección desde «República Socialista de Vietnam»)

Vietnam[1] (en vietnamita: Việt Nam viət˨ næm˧), oficialmente República Socialista de Vietnam (en vietnamita Cộng hòa Xã hội chủ nghĩa Việt Nam (Công hoà xa hoi chu nghia Viêt Nam.oga listen)) é o país máis oriental da Península de Indochina, no sueste asiático. Cunha poboación estimada de 90 millóns de habitantes, é o décimo terceiro país máis poboado do mundo, e o oitavo de Asia. O nome Vietnam, que se traduce por "Viet do sur" (sinónimo do termo antigo Nam Viet), foi oficialmente adoptado en 1802 polo Emperador Gia Long, e foi recuperado de novo en 1945 coa fundación da República Democrática de Vietnam baixo Ho Chi Minh. O país limita con China ó norte, Laos ó noroeste, Camboxa ó suroeste e o mar da China Meridional ó leste.[2] A capital é Hanoi dende a reunificación de Vietnam do Norte e do Sur en 1976.

Modelo:Xeografía políticaVietnam
Việt Nam (vi) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoTiến Quân Ca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Độc lập – Tự do – Hạnh phúc»
«Independence – Freedom – Happiness»
«Независимост - свобода - щастие»
«Annibyniaeth – Rhyddid – Hapusrwydd» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aNanyue Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 16°N 108°L / 16, 108Coordenadas: 16°N 108°L / 16, 108
CapitalHanoi Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
An Giang (pt) Traducir
Ba Ria-Vung Tau (pt) Traducir
Bac Giang (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 63+
Poboación
Poboación96.208.984 (2019) Editar o valor em Wikidata (290,06 hab./km²)
Lingua oficialLingua vietnamita Editar o valor em Wikidata
Relixiónbudismo, catolicismo, Protestantismo, Cao dai (pt) Traducir e Hòa Hảo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie331.690 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoFan Si Pan (pt) Traducir (3.143 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar da China Meridional (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Cronoloxía
1804 ↔ 14 de febreiro de 1839Nome
2 de setembro de 1945Declaração de independência (pt) Traducir
2 de xullo de 1976Unión política Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoEstado unitario
unipartidismo
república Editar o valor em Wikidata
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor em WikidataVõ Văn Thưởng (pt) Traducir (2023–2024) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Vietnam (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataPhạm Minh Chính (2021–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional do Vietnã (pt) Traducir , (Escano: 498) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal366.137.590.718 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaDong vietnamita Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.vn Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+84 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia113, 115 e 114 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísVN Editar o valor em Wikidata

Páxina webvietnam.gov.vn Editar o valor em Wikidata
BNE: XX450945

Vietnam foi parte da China Imperial por máis dun século, dende o -111 ata o 938. Os vietnamitas conseguiron a independencia despois de conseguir a vitoria na Batalla do río Bạch Đằng. Floreceron sucesivas dinastías reais, e a nación estendeuse xeograficamente e politicamente no sueste asiático, ata que a Península de Indochina foi colonizada polos franceses a mediados do século XIX. Despois da ocupación xaponesa na década de 1940, os vietnamitas loitaron contra o goberno francés na primeira guerra de Indochina, expulsándoos en 1954. Vietnam foi dividida politicamente en dous estados, Vietnam do Norte e do Sur. Os conflitos entre os dous intensificáronse, coa forte intervención dos Estados Unidos, na que se coñece como guerra de Vietnam. A guerra rematou coa vitoria norvietnamita en 1975.

Vietnam foi unificado baixo un goberno comunista pero permaneceu empobrecida e politicamente illada. En 1986, o goberno iniciou unha serie de reformas económicas e políticas que significaron para Vietnam o camiño da integración no mundo económico.[3] No 2000, estableceu relacións diplomáticas con moitas nacións. Dende o 2000, o crecemento económico de Vietnam situouse entre os máis altos do mundo,[3] e, no 2011, tivo os máis altos indicadores de crecemento entre as 11 meirandes economías.[4] As reformas económicas deron como resultado a súa unión á Organización Mundial do Comercio no 2007.

Porén, malia os avances que experimentou nos últimos anos, o país aínda padece de altos niveis de desigualdade, disparidade de acceso á asistencia sanitaria, e falta de igualdade de xénero.[5][6][7][8][9]

Historia

editar
Artigo principal: Historia de Vietnam.

Introdución

editar

A maior parte da súa historia estivo gobernada por varias dinastías do Imperio Chinés e propias. Vietnam obtivo a súa independencia nos inicios do século X e a súa autonomía total un século despois. O período de goberno das dinastías nativas rematou a mediados do século XIX, cando o país foi colonizado por Francia. Durante a segunda guerra mundial, o Xapón ocupou Vietnam; pero respectou a autoridade francesa por ser o Goberno de Vichy colaboracionista coa súa aliada, a Alemaña nazi. Foi cara a fin deste conflito cando os xaponeses trataron de exterminar o poder francés por sospeitar dun apoio a unha invasión aliada. Nesta situación, Ho Chi Minh proclamou a República Democrática de Vietnam.

Ó rematar a guerra, Francia intentou restablecer o seu control; pero fallou e comezou a guerra de Indochina que finalmente perdeu. A Conferencia de Xenebra de 1954 dividiu o país en dous: Vietnam do Norte e Vietnam do Sur. Durante a guerra fría, o norte recibiu o apoio da República Popular da China e a Unión Soviética, mentres que o Sur obtivo o apoio dos Estados Unidos. Axiña as tensións levaron á guerra de Vietnam, que terminou coa retirada das tropas estadounidenses en marzo de 1973 e a toma de Saigón en abril de 1975. En 1976, Vietnam unificouse baixo o goberno de Vietnam do Norte e tomou o nome de República Socialista de Vietnam.

En 1978, Vietnam invadiu a Kampuchea Democrática de Pol Pot e precipitou a caída do seu réxime. Mantivo uns 100.000 soldados durante toda a década dos oitenta. A finais da década dos noventa, comezaron as negociacións para restabelecer relacións diplomáticas cos Estados Unidos e a comezos do século XXI, Vietnam comezou a recibir axuda estadounidense co que se considera superado o "Trauma Vietnam".

Era predinástica

editar
Un tambor de bronce Dong Song, feito arredor do -800 durante a Idade de Bronce. Museo Guimet, París.

De acordo coas lendas vietnamitas, membros de varias tribos naceron do matrimonio entre Lạc Long Quân (rei dragón) e Âu Cơ (deusa madriña), e a historia de Vietnam data de hai máis de 4.000 anos. Porén, as fontes fiables indican que os vietnamitas ou a historia do seu país data de hai uns 2.700 anos. No ano de -258, Thuc Phan fundou o reino Áu Lac (formado pola unión de Áu Viet e Lac Viet - Van Lang), no norte de Vietnam.

Moitos historiadores consideran que a civilización Dong Son é común a moitos pobos do Sueste asiático. No 208 a.C., a Dinastía Qin, chamada tamén "Triệu Đà", estableceu un estado coñecido como "Nam Việt", o cal estaba localizado ó sur da China e do Delta do río Vermello. O significado histórico da orixe de Nam Việt é motivo de controversias xa que para algúns estudosos o devantido territorio estaba baixo rexencia chinesa, mentres que para outros constitúe xa un período de independencia. Dende o -111 a.C. ata o século X Vietnam estivo baixo o mando de diferentes dinastías chinesas.

Era dinástica

editar
O templo da literatura en Hanoi, construído no século XI.

En 938, Ngô Quyền logrou derrotar ás forzas chinesas na Batalla do río Bạch Đằng e logrou a independencia despois dun milenio baixo control dos chineses. Denominada Đại Việt, a nación viviu a súa idade de ouro durante as Dinastías Lý e Trần. Durante o reinado desta última, Đại Việt puido defenderse de tres intentos de invasión dos mongois en 1257, 1284-85 e 1287-88. Despois da breve Dinastía Hồ, a independencia de Đại Việt foi brevemente interrrompida pola dinastía Ming da China, pero foi restaurada por Lê Lợi, o fundador da dinastía Lê.

Mapa da expansión do pobo vietnamita cara ao sur, Nam Tien, dende 1069 a 1757.

No século XV, o feudalismo acadou o seu máximo esplendor, especialmente durante o reinado do Emperador Lê Thánh Tông. Entre os séculos XI e XVIII, os vietnamitas expandíronse ó sur nun proceso que chamaron nam tiến (expansión sur e que os levou a conquistar o Reino de Champa (o cal desapareceu definitivamente como estado) e parte do imperio Khmer (Kampuchea Krom).

A finais da dinastía Lê, Vietnam sufriu conflitos civís, primeiro co apoio que os chineses deron á Dinastía Mac, a cal desafiou o poder da dinastía Lê, e despois, coa derrota da dinastía Mac que supuxo o retorno da anterior. Daquela, o poder foi dividido entre os Señores Trịnh do norte e os Señores Nguyễn do sur, o que levou ó país a un novo conflito: a guerra civil Trịnh-Nguyễn que durou máis dun século. A guerra rematou cando os irmáns Tây Sơn derrotaron ós señores e estableceron unha nova dinastía. Porén, o seu goberno non durou e foron derrotados polos remanentes dos Señores Nguyễn coa axuda dos franceses, quen estableceron a Dinastía Nguyễn.

Dominio francés (1887 — 1954)

editar
Artigo principal: Guerra de Indochina.
Mapa da Indochina Francesa en 1913.

A independencia de Vietnam rematou a mediados do século XIX, cando o país foi colonizado polo Imperio francés. A administración francesa impuxo significativos cambios políticos e culturais na sociedade vietnamita. Impúxose un sistema de educación moderna occidental, o cristianismo, desenvolveuse o cultivo de tabaco, e café. Os franceses ignoraron o clamor pola independencia e os dereitos civís, o que deu lugar ó xurdimento de movementos políticos nacionalistas e líderes como Phan Boi Chau, Phan Chu Trinh, o Emperador Ham Nghi e Ho Chi Minh. Os franceses mantiveron o dominio das súas colonias ata a segunda guerra mundial, cando os xaponeses invadiron a Península Indochina. Os recursos naturais de Vietnam foron explotados polo Xapón para as súas campañas militares en Myanmar, Malaisia e a India.

Nos últimos anos da guerra, o movemento nacionalista de Ho Chi Minh desafiou ós franceses. Despois da derrota do Xapón, as forzas nacionalistas de Indochina enfrontáronse a Francia no que se chamou a primeira guerra de Indochina (1945 - 1954). Os franceses foron derrotados e fixeron unha retirada das súas colonias. Porén, os países que combateran nesta primeira Guerra de Vietnam, dividiron o país polo paralelo 17 en Vietnam do Norte e Vietnam do Sur.

Política

editar

Vietnam é unha república socialista. O dereito de voto é dado aos cidadáns de máis de 18 anos. O presidente é o xefe do estado, mentres que o primeiro ministro é o xefe do goberno. O presidente é nomeado polo parlamento. Nguyễn Phú Trọng é o presidente de Vietnam desde o ano 2016.

O sistema xudicial baséase sobre o dereito francés e sobre as teorías comunistas. O poder lexislativo é exercido por unha soa cámara composta de 450 asentos renovados cada 5 anos.

Vietnam é membro da ASEAN (Asociación das Nacións de Asia do sueste).

Linguas

editar

Vietnam ten unha gran diversidade lingüística, pois conta con 55 linguas, repartidas en 6 a 7 grupos etnolingüísticos. A lingua oficial é o vietnamita, que se escribe con caracteres latinos. O vietnamita é unha das poucas linguas de Extremo Oriente que pasou dun sistema ideográfico (próximo á grafía chinesa) ao alfabeto latino. A utilización desta transcrición latina está en vigor no ensino dende 1918 e oficialízase a partir da independencia.

Provincias

editar

Vietnam está dividido en 58 provincias (tinh) e 5 municipalidades controladas polo goberno central ao mesmo nivel que as provincias (thành phố trực thuộc trung ương).

As provincias divídense en distritos (huyện), cidades provinciais (thành phố trực thuộc tỉnh), e cidades (thị xã), que se subdividen en cidades (thị trấn) ou concellos (xã).

Provincias de Vietnam
Teito vietnamita.
NomeCapitalPoboación
(1 Xul 2006)
Superficie
(1 Xan 2006)
Rexión
Bắc NinhBắc Ninh1,009,800823.1 km²Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hà NamPhủ Lý826,600859.7 km²Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hải DươngHải Dương1,722,5001,652.8 km²Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hưng YênHưng Yên1,142,700923.5 km²Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Nam ĐịnhNam Định1,974,3001,650.8 km²Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Ninh BìnhNinh Bình922,6001,392.4 km²Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Thái BìnhThái Bình1,865,4001,546.5 km²Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Vĩnh PhúcVĩnh Yên1,180,4001,373.2 km²Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hà Nội (concello)5,760,2003,119 km²Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hải Phòng (concello)1,803,4001,520.7 km²Hà Nội Kinh-Dong Bang Song Hong
Hà TĩnhHà Tĩnh1,306,4006,026.5 km²Bắc Trung Bộ
Nghệ AnVinh3,064,30016,498.5 km²Bắc Trung Bộ
Quảng BìnhĐồng Hới847,9008,065.3 km²Bắc Trung Bộ
Quảng TrịĐông Hà625,8004,760.1 km²Bắc Trung Bộ
Thanh HoáThanh Hoá3,680,40011,136.3 km²Bắc Trung Bộ
Thừa Thiên-HuếHuế1,143,5005,065.3 km²Bắc Trung Bộ
Bắc GiangBắc Giang1,594,3003,827.4 km²Dong Bac
Bắc KạnBắc Kạn301,5004,868.4 km²Dong Bac
Cao BằngCao Bằng518,9006,724.6 km²Dong Bac
Hà GiangHà Giang683,5007,945.8 km²Dong Bac
Lạng SơnLạng Sơn746,4008,331.2 km²Dong Bac
Lào CaiLào Cai585,8006,383.9 km²Dong Bac
Phú ThọViệt Trì1,336,6003,528.4 km²Dong Bac
Quảng NinhHạ Long1,091,3006,099.0 km²Dong Bac
Thái NguyênThái Nguyên1,127,2003.546.6 km²Dong Bac
Tuyên QuangTuyên Quang723,3005,870.4 km²Dong Bac
Yên BáiYên Bái740,7006,899.5 km²Dong Bac
Điện BiênĐiện Biên459,1009,562.5 km²Tây Bắc
Hoà BìnhHoà Bình820,4004,684.2 km²Tây Bắc
Lai ChâuLai Châu319,9009,112.3 km²Tây Bắc
Sơn LaSơn La1,007,50014,174.4 km²Tây Bắc
DaklakBuôn Ma Thuột1,737,60013,139.2 km²Tây Nguyên
Dak NôngGia Nghĩa407,3006,516.9 km²Tây Nguyên
Gia LaiPleiku1,161,70015,536.9 km²Tây Nguyên
KontumKontum383,1009,690.5 km²Tây Nguyên
Lâm ĐồngĐà Lạt1,179,2009,776.1 km²Tây Nguyên
Bình ĐịnhQuy Nhơn1,566,3006,039.6 km²Nam Trung Bộ
Khánh HòaNha Trang1,135,0005,217.6 km²Nam Trung Bộ
Phú YênTuy Hòa873,3005,060.6 km²Nam Trung Bộ
Quảng NamTam Kỳ1,472,70010,438.3 km²Nam Trung Bộ
Quảng NgãiQuảng Ngãi1,295,6005,152.7 km²Nam Trung Bộ
Đà Nẵng (concello)788,5001,257.3 km²Nam Trung Bộ
Bà Rịa-Vũng TàuVũng Tàu926,3001,989.6 km²Dong Nam Bo
Bình DươngThủ Dầu Một964,0002,696.2 km²Dong Nam Bo
Bình PhướcĐồng Xoài809,5006,883.4 km²Dong Nam Bo
Bình ThuậnPhan Thiết1,163,7007,836.9 km²Dong Nam Bo
Đồng NaiBiên Hòa2,214,8005,903.9 km²Dong Nam Bo
Ninh ThuậnPhan Rang-Tháp Chàm567,9003,363.1 km²Dong Nam Bo
Tây NinhTây Ninh1,047,1004,035.9 km²Dong Nam Bo
Cidade Ho Chi Minh (concello)6,105,8002,098.7 km²Dong Nam Bo
An GiangLong Xuyên2,210,4003,536.8 km²Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Bạc LiêuBạc Liêu820,1002,584.1 km²Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Bến TreBến Tre1,353,3002,360.2 km²Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Cà MauCà Mau1,232,0005,331.7 km²Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Đồng ThápCao Lãnh1,667,8003,376.4 km²Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Hậu GiangVị Thanh796,9001,601.1 km²Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Kiên GiangRạch Giá1,684,6006,348.3 km²Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Long AnTân An1,423,1004,493.8 km²Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Sóc TrăngSóc Trăng1,276,2003,312.3 km²Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Tiền GiangMỹ Tho1,717,4002,484.2 km²Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Trà VinhTrà Vinh1,036,8002,295.1 km²Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Vĩnh LongVĩnh Long1,057,0001,479.1 km²Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Cần Thơ (concello)1,139,9001,401.6 km²Tây Nam Bo Đồng Bằng Sông Cửu Long
Mapa do Vietnam.

Municipalidades

editar

Can Tho, Da Nang, Haifong, Hanoi, Cidade Ho Chi Minh (antes chamada Saigon), Nha Trang.

Xeografía

editar

Vietnam é un país do sueste de Asia. Rodeado polo golfo de Tailandia, o golfo de Tonkín, o mar da China, China, Laos e Camboxa. Ocupa unha superficie de 329.560 km², con 4.200 km² de augas territoriais.

No sur, o clima é tropical mentres que no norte é un clima de monzón. Ngoc Linh, con 3.143 m, é o punto cumio do país.

Economía

editar
Artigo principal: Economía do Vietnam.

Demografía

editar

No ano 2007, Vietnam tiña unha poboación de 85.262.000 habitantes. A esperanza de vida é de 71 anos. O 94.3% da poboación está alfabetizada. A media de fillos por muller é de 1,89.

A etnia Kihn representa o 87 por cento da poboación e é a principal habitante das cidades e das terras chairas, deixando ao resto dos grupos étnicos o predominio das áreas montañosas.

O 50 % da poboación é menor de 25 anos.

Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

Cultura

editar

Festas

editar
Festas
DataNome galegoNome localNotas
1 de xaneiroAno Novo solarTết dương lịch
entre xaneiro e o comezo de febreiroAno Novo LunarTết Nguyên Đán4 días. Dura do último do ano precedente ao 3º día do ano seguinte segundo o calendario lunar
30 de abrilAniversario da liberación de Vietnam SurNgày giải phóngCaída de Saigon en 1975
1 de maioXornada internacional do traballoNgày Quốc tế Lao động
2 de setembroFesta nacional da República socialista de VietnamQuốc khánhDiscurso de Ho Chi Minh en 1945

Gastronomía

editar
Prato de canh chua

A cociña vietnamita caracterízase polo uso de salsas de peixe e o emprego de vexetais. Algúns dos pratos máis comúns son o "chả giò" (Roliño de primavera), "gỏi cuốn" (Rolo de verán), "phở" ou o "canh chua".

Patrimonio da Humanidade

editar

Vietnam conta con oito lugares declarados Patrimonio da Humanidade, cinco culturais, dous naturais e un mixto:[10]

  • Conxunto de monumentos de Huế
  • Baía de Hạ Long
  • Cidade antiga de Hội An
  • Santuario de Mỹ Sơn
  • Parque Nacional de Phong Nha-Ke Bang
  • Sector central da Cidadela Imperial de Thăng Long - Hanoi
  • Cidadela da Dinastía Hồ
  • Complexo paisaxístico de Tràng An

Notas

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vietnamita.
  2. The South China Sea is referred to in Vietnam as the East Sea (Biển Đông). VietNamNet News, ed. (10 de decembro de 2012). "China continues its plot in the East Sea". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2013. Consultado o 16 de febreiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Vietnam's new-look economy". BBC News. 18 de outubro de 2004. 
  4. Weisenthal, Joe (22 de febreiro de 2011). "3G Countries". Businessinsider.com. Consultado o 6 de agosto de 2011. 
  5. "Vietnam Inequality Report" (PDF). Mekong Economics. 2005. Consultado o 7 de novembro de 2010. 
  6. "Distribution of Family Income – Gini Index" Arquivado 13 de xuño de 2007 en Wayback Machine.. CIA World Factbook, 2008 data. Consultado o 27 de novembro de 2011.
  7. Adam Wagstaffa; Eddy van Doorslaerc; Naoko Watanabea (2003). "On decomposing the causes of health sector inequalities with an application to malnutrition inequalities in Vietnam". Journal of Econometrics (en inglés) 112 (1): 207–223. doi:10.1016/S0304-4076(02)00161-6. 
  8. Daniel Goodkind (1995). "Rising Gender Inequality in Vietnam Since Reunification". Pacific Affairs (en inglés) 68 (3): 342–359. JSTOR 2761129. doi:10.2307/2761129. 
  9. Gallup, John Luke (2002). "The wage labor market and inequality in Viet Nam in the 1990s". Ideas.repec.org. Consultado o 7 de novembro de 2010. 
  10. "Viet Nam - UNESCO World Heritage Convention". UNESCO. Consultado o 8 de maio de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Herring, George C. (2001). America's Longest War: The United States and Vietnam, 1950–1975 (4th edition).
  • Jahn, G.C. (2006). "The dream is not yet over". In Fredenburg P., Hill B. (eds.): Sharing rice for peace and prosperity in the Greater Mekong Subregion. Victoria, Australia: Sid Harta Publishers. p. 237–240.
  • Karrnow, Stanley (1997). Vietnam: A History (2nd edition). Penguin. ISBN 0-14-026547-3.
  • McMahon, Robert J. (1995). Major Problems in the History of the Vietnam War: Documents and Essays.
  • Tucker, Spencer (ed.) (1998). Encyclopedia of the Vietnam War. 3-volume reference set; also one-volume abridged edition (2001).

Ligazóns externas

editar