Papuxa do mato

(Redirección desde «Sylvia undata»)

A papuxa do mato (Curruca undata) é unha ave paseriforme da familia dos sílvidos.

Morfoloxía e hábitos

editar

A Papuxa do mato ten unha lonxitude duns 12,5 cm e pesa uns 8,5 gramos. O corpo enteiro é de cor escura, case negro. Normalmente coa cola erguida e cunha carúncula ocular tipicamente vermella. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas.Habita en zonas de matogueiras ou bosques con claros. Aliméntase de insectos, arañas e bagas.

Reprodución

editar
Ovos de Curruca undata toni.

A época de cría vai dende abril a xullo, consistindo a posta en 3-6 ovos. O tempo de incubación oscila entre os 12-13 días, permanecendo os polos preto de 12 días no niño.

Distribución

editar

Localizada unicamente na Península Ibérica, suroeste de Francia, sur de Italia e extremo sur de Inglaterra. Tamén está presente no extremo norte do Magreb Occidental.

Notas

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest (en castelán).