Top Gear

programa de televisión da BBC (2002–2022)

Top Gear é un programa de televisión da BBC Two británica no que se trata a actualidade do mundo dos automóbiles dun xeito humorístico. Comezou a emitirse no ano 1977, e dende 2002 está presentado por Jeremy Clarkson, Richard Hammond e James May, coa colaboración dun piloto anónimo alcumado The Stig. A súa audiencia estimada no mundo enteiro é duns 350 millóns de espectadores. En Galicia pode verse polas canles Energy e Cuatro.

Top Gear

(De esquerda a dereita) Richard Hammond, James May e Jeremy Clarkson, presentadores de Top Gear.
XéneroMotor
FormatoDocumental
Dirixido porBrian Klein
IntérpretesJeremy Clarkson
Jason Dawe (2002)
Richard Hammond
James May (2003-)
"The Stig"
Tema de aperturaThe Allman Brothers Band – Jessica (instrumental)
País de orixeReino Unido Reino Unido
Lingua(s)Inglés
Temporadas20
Episodios152 (incluíndo 3 especiais)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Andy Wilman
Produtor(es)Lloyd Washbrook
Editor(es)Guy Savin
Dan James
Localización(s)Dunsfold Park, Dunsfold, Surrey, Inglaterra, Reino Unido Reino Unido
Duración60 minutos
DistribuidorBBC Worldwide
Emisión orixinal
Canle de orixeBBC Two
BBC HD
Formato de imaxe(SDTV) 576i (Series 1–13)
(HDTV) 1080i (Series 14–presente & Especial Polo)
Formato de sonDolby Digital Stereo
Primeiro episodio1977–2001
20 de outubro de 2002
Na rede
https://www.topgear.com
IMDB: tt1628033 Rottentomatoes: tv/top-gear Metacritic: tv/top-gear TV.com: shows/top-gear
Facebook: topgear Twitter: BBC_TopGear Instagram: topgear Youtube: UCjOl2AUblVmg2rA_cRgZkFg Netlix: 70140457Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Formato

editar
Plató de Top Gear.
Circuíto de Top Gear no Aeródromo de Dunsford.

O plató do programa está situado a carón do aeródromo de Dunsfold, en Surrey, no cal proban os coches. Nunha das seccións do programa meten a xente famosa dentro dun vehículo barato e miden o tempo que lles leva percorrer o circuíto, para logo facerlle unha entrevista e ver gravada a súa mellor volta. Noutra sección, The Stig fai o mesmo con coches deportivos, e logo colócanos nunha táboa segundo o tempo que marcan na súa mellor volta.

Unha das características propias do programa é facer competicións entre varios vehículos, conducidos polos presentadores, ou inventar modificacións absurdas para sacar conclusións confusas. O programa adoita comparar modelos de coche británicos con outros modelos de coche, sobre todo alemáns, facendo ver unha suposta superioridade no seu produto local.

O éxito internacional de Top Gear provocou a aparición de varios programas xemelgos noutros países, como Estados Unidos, Rusia, Australia e Corea do Sur.

Coche do ano

editar
Toyota con motor naval co que cruzaron a Canle da Mancha.
Fiat Panda convertido en Limusina.

Cada ano, ao fin do outono, elixen o que consideran mellor coche do ano. O único requisito para a elección do gañador é que os tres presentadores deben facer a elección unánime. Os gañadores foron:

AnoModeloImaxe
Coche do ano segundo Top Gear
2002Land Rover Range Rover
2003Rolls-Royce Phantom
2004Volkswagen Golf GTI
2005Bugatti Veyron
2006Lamborghini Gallardo Spyder
2007Subaru Legacy Outback/Ford Mondeo
2008Caterham Seven R500
2009Lamborghini Gallardo LP550-2 Valentino Balboni
2010Citroën DS3
2011Range Rover Evoque
2012Toyota GT86
2013Ford Fiesta ST
2014BMW i8

Críticas

editar

Top Gear ten estado envolto en múltiples liortas e discusións polo seu formato informal e por uns diálogos politicamente incorrectos. No programa téñense feito mofas de homosexuais, xitanos, católicos, comunistas, a segunda guerra mundial e cualificacións xenófobas. Dependendo da cadea que emita os programas os diálogos e situacións poden ser censurados. No programa sobre o Polo Norte Clarkson e May conducían mentres tomaban gin tonics, a imaxe non foi emitida nalgunhas cadeas. No especial sobre Patagonia de 2014 o coche conducido por Clarkson levaba a placa de matrícula H982 FKL que foi interpretada por algúns coma unha referencia á Guerra das Malvinas. Os outros dous coches levaban placas N269 KNG e EKH 646J que serían o número de mortos británicos e arxentinos na Guerra das Malvinas. Segundo a BBC todo foi unha coincidencia.

En marzo de 2015 o presentador do programa Jeremy Clarkson foi suspendido pola BBC por unha disputa cun produtor[1].

Notas

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar