Tour de Francia 2005

O Tour de Francia 2005 foi a 92ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 2 de xullo na localidade de Fromentine (departamento de Vendée) e rematou o 23 de xullo en París.

Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2005
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Parte deUCI ProTour de 2005 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento3.607 km Editar o valor em Wikidata
Lugar de saídaFromentine Editar o valor em Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor em Wikidata
Número de participantes189, inicio
155, final Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia, España e Alemaña Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo2 de xullo de 2005 – 24 de xullo de 2005 Editar o valor em Wikidata
Número de edición92 Editar o valor em Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral non outorgadodeclarado deserto
Segundo da clasificación xeral Ivan Basso
Terceiro da clasificación xeral non outorgadodeclarado deserto
Gañador da clasificación da montaña Michael Rasmussen
Gañador da clasificación por puntos Thor Hushovd
Vencedor da classificação dos jovens Yaroslav Popovych
Vencedora da classificação por equipas T-Mobile
Winner of the most combative rider Óscar Pereiro
Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialletour.fr… Editar o valor em Wikidata

2004 Editar o valor em Wikidata
2006 Editar o valor em Wikidata

Os equipos participantes foron 21, o número de ciclistas que comezaron a carreira foi de 189 (9 por equipo), dos cales remataron 155. Óscar Pereiro do equipo Phonak e Marcos Serrano do equipo Liberty Seguros foron os 2 únicos ciclistas galegos que participaron na proba, cunha salientable actuación, xa que ámbolos dous foron quen de gañar unha etapa.[1][2]

A carreira presentaba como gran favorito ó ciclista norteamericano Lance Armstrong, do equipo Discovery Channel, quen xa gañara as 6 edicións anteriores do Tour de Francia, mentres que como principais alternativas presentaba ó italiano Ivan Basso, ós alemáns Jan Ullrich e Andreas Kloden, e ó casaco Alexander Vinocurov.

Lance Armstrong colleu o maillot amarelo na cuarta etapa, unha contra o reloxo por equipos de 67'5 quilómetros, e xa non o deixou até a meta de París salvo por un día que o colleu o alemán Jens Voigt. O podio dos Campos Elisios estivo formado por Lance Armstrong, Ivan Basso e Jan Ullrich.

No ano 2012, como consecuencia das investigacións realizadas na Operación Puerto, a Jan Ullrich fóronlle retirados tódolos resultados deportivos obtidos a partir de maio do ano 2005, acusado de realizar prácticas prohibidas para mellorar a súa condición física, como transfusións de sangue.[3] Tamén no ano 2012, Lance Armstrong foi sancionado pola UCI coa retirada de tódolos seus resultados deportivos obtidos a partir de 1998 como condena por formar parte dunha trama de dopaxe.[4] A mesma condena afectou ós seus compañeiros de equipo David Zabriskie, George Hincapie e Levi Leipheimer. Deste xeito, o podio da edición 2005 do Tour de Francia quedou sen gañador, e o 3º posto pasou a estar ocupado polo español Francisco Mancebo, que rematara 4º na clasificación xeral.

Etapas

editar
Lance Armstrong levou o maillot amarelo en 16 das 21 etapas.
EtapaDataPercorridokmGañadorLíder
2 de xulloFromentine-Noirmoutier-en-l'Île19 (CRI) David Zabriskie David Zabriskie
3 de xulloChallans-Les Essarts182 Tom Boonen David Zabriskie
4 de xulloLa Châtaigneraie-Tours208 Tom Boonen David Zabriskie
5 de xulloTours-Blois67,5 (CRE) Discovery Channel Lance Armstrong
6 de xulloChambord-Montargis179 Robbie McEwen Lance Armstrong
7 de xulloTroyes-Nancy187 Lorenzo Bernucci Lance Armstrong
8 de xulloLunéville- Karlsruhe225 Robbie McEwen Lance Armstrong
9 de xullo Pforzheim-Gérardmer235 Pieter Weening Lance Armstrong
10 de xulloGérardmer-Mulhouse170 Michael Rasmussen Jens Voigt
10ª12 de xulloGrenoble-Courchevel192 Alejandro Valverde Lance Armstrong
11ª13 de xulloCourchevel-Briançon173 Alexander Vinokourov Lance Armstrong
12ª14 de xulloBriançon-Digne-les-Bains187 David Moncoutié Lance Armstrong
13ª15 de xulloMiramas-Montpellier162 Robbie McEwen Lance Armstrong
14ª16 de xulloAgde-Ax-3 Domaines220 Georg Totschnig Lance Armstrong
15ª17 de xulloLézat-sur-Lèze-Saint-Lary-Soulan205 George Hincapie Lance Armstrong
16ª19 de xulloMourenx-Pau177 Óscar Pereiro Lance Armstrong
17ª20 de xulloPau-Revel239 Paolo Savoldelli Lance Armstrong
18ª21 de xulloAlbi-Mende189 Marcos Serrano Lance Armstrong
19ª22 de xulloIssoire-Le Puy-en-Velay154 Giuseppe Guerini Lance Armstrong
20ª23 de xulloSaint-Étienne-Saint-Étienne55 (CRI) Lance Armstrong Lance Armstrong
21ª24 de xulloCorbeil-Essonnes-París160 Alexander Vinokourov Lance Armstrong
  • CRI - Contra o reloxo individual. CRE - Contra o reloxo por equipos.

Clasificación xeral

editar

Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2005 trala disputa da proba e tralas eliminacións de Lance Armstrong, Jan Ullrich e Levi Leipheimer.

Óscar Pereiro, gañador da 16ª etapa en Pau, rematou 9º na xeral
PosiciónCiclistaEquipoTempo
Vacante--
Desc. Lance Armstrong Discobery Channel 86h 15' 02"
2 Ivan BassoTeam CSC+ 4' 40"
Desc. Jan Ullrich T-Mobile + 6' 21"
3 Francisco ManceboIlles Balears+ 9' 59"
4 Alexander VinocurovT-Mobile+ 11' 01"
Desc. Levi Leipheimer Gerolsteiner + 11' 21"
6 Michael RasmussenRabobank+ 11' 33"
7 Cadel EvansDavitamon-Lotto+ 11' 55"
8 Floyd LandisPhonak+ 12' 44"
9 Óscar PereiroPhonak+ 16' 04"
10 Christophe MoureauCrédit Agricole+ 16' 26"
39 Marcos SerranoLiberty Seguros+ 1h 21' 31"
  • Desc. - Descalificados da carreira sancionados por dopaxe.

Notas

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar