Unión Europea de Radiodifusión

confederación de empresas de radiotelevisión
(Redirección desde «UER»)

A Unión Europea de Radiodifusión, EBU-UER (en inglés: European Broadcasting Union e en francés: Union européenne de radio-télévision) é unha confederación de 75 empresas de radiotelevisión de 56 países, e 43 empresas asociadas doutros 25. Non ten relación ningunha coa Unión Europea. Os membros son empresas de radio e televisión, moitas das cales son públicas ou privadas de emisión pública. Os membros activos son na súa maioría europeos aínda que tamén os hai do norte de África ou Asia. Os membros asociados non están limitados á zona europea-mediterránea se non que inclúen empresas do Canadá, o Xapón, México, a India e Hong Kong, así coma moitos outros máis.

Unión Europea de Radiodifusión

Union européenne de radio-télévision
European Broadcasting Union

Logo da UER
Organización Unión de organizacións de radiodifusión
SiglasEBU/UER
PresidenteBélxica Jean-Paul Philippot[1]
EstadoActiva
Fundada12 de febreiro de 1950 (74 anos)
SedeSuíza Xenebra
Linguas oficiaisInglés e francés
Páxina webwww.ebu.ch

Historia

editar

A Unión Europea de Radiodifusión, foi creada o 12 de febreiro de 1950 por 23 organizacións de radio-televisión de Europa e o Mediterráneo nunha conferencia que tivo lugar en Torquay (Devon, Inglaterra). No ano 1993, a Organización Internacional de Radio e Televisión (OIRT), unha organización equivalente dos países do centro e este de Europa, fusionouse coa UER.

Producións

editar

A UER é a encargada de organizar mediante a Eurovision Network o Festival da Canción de Eurovisión. Así mesmo o Eurovision Network organiza o Eurovision Dance Contest e o Junior Eurovision Song Contest. Os membros da UER tamén traballan xuntos para crear documentais e series animadas para nenos.

Eventos retrasmitidos

editar

A maior parte dos membros da UER teñen un acordo para retransmitir os Xogos Olímpicos[2] e a FIFA World Cup (en particular, os partidos dos seus países e a final). Outro evento importante que é retrasmitido por toda Europa e o Concerto de Aninovo de Viena.

Te Deum

editar

Antes da retransmisión dun evento por parte da UER, é retransmitido o Preludio do Te Deum de Marc-Antoine Charpentier. Esta peza é especialmente coñecida nos países nos que se retransmite o Festival de Eurovisión. (clic [1] para escoitar).

Requisitos para acceder

editar
Membros da UER por época de ingreso.

Os membros activos da UER son principalmente rádioas televisións públicas de Europa e da conca mediterránea, son moi poucas as televisións de titularidade privada as que son membros activos, entrando todas antes dos anos 90, que é cando a UER endureceu as normas de entrada para evitar que as novas televisións privadas que xurdían por toda Europa formasen parte de tan selecto club.[3]

Hoxe en día, se un organismo quere entrar a formar parte da UER ten que cumprir as seguintes normas:[3]

1º- Que o país onde emita sexa membro da ITU (Unión Internacional de Telecomunicacións) e estea situado no Área de Radiodifusión Europea ou que sexa membro do Consello de Europa.

2º- Que a súa cobertura sexa nacional, que supere o 98% do territorio nacional e cunha calidade técnica excelente.

3º- A súa programación debe ser variada, incluíndo desde noticias, infantís, música, programas minoritarios, ata programas culturais, que non deben restrinxirse a horarios minoritarios. En canto á programación deportiva, debe superar as 200 horas anuais e deben incluír polo menos retransmisións de 12 deportes, das cales, polo menos 8 deportes a súa transmisión dure máis de 3 horas ao ano, e sempre en horario entre as 7 da mañá e a 1 da madrugada.

4º- Producen realmente e baixo o seu propio custo e control editorial unha proporción substancial da súa programación.

5º- Que non estean relacionadas ou teñan acordos con ningún outro organismo que compita coa UER polos dereitos de retransmisión de acontecementos deportivos.

Membros

editar

Membros Activos

editar

A UER conta con 73 membros activos dentro de Europa, o norte de África e Oriente Próximo.[4]

PaísOrganismoSiglasAno
AlbaniaRadio Televizioni ShqiptarRTSH1999
AlemañaArbeitsgemeinschaft Rundfunkanstalten der Bundesrepublik DeutschlandARD1952
Zweites Deutsches FernsehenZDF1963
AlxeriaEntreprise nationale de télévisionENTV1969
Entreprise nationale de Radiodiffusion sonoreENRS1969
Télédiffusion d'Algérie1969
ArmeniaCompañía de Radio e Televisión Pública de ArmeniaAM/PTV2005
AustriaÖsterreichischer RundfunkORF1953
Acerbaixánİctimai Televiziya və Radio Yayımları ŞirkətiICTIMAI2007
AndorraRàdio i Televisió d'Andorra[5]RTVA2002
BélxicaVlaamse Radio- en TelevisieomroepVRT1950
Radio Télévision Belge de la Communauté FrançaiseRTBF1950
BelarúsBelaruskaja Tele-Radio CampanijaBTRC1993
Bosnia e HercegovinaRadio-Televizija Bosne i HercegovineBHTV1993
BulgariaBălgarsko Nationalno Radio, Bălgarska Nationalna TelevizijaBNT1993
ChipreCyprus Broadcasting CorporationRIK/CyBC1968
CroaciaHrvatska RadiotelevizijaHRT1993
DinamarcaDanmarks RadioDR1950
TV2/DanmarkDK/TV21990
ExiptoEgyptian Radio and Television UnionERTU1950-1957, 1984
EslovaquiaSlovenský rozhlasSK/SR1993
Slovenská televíziaSK/STV1993
EsloveniaRadiotelevizija SlovenijaRTVSLO1993
EspañaCorporación Radio Televisión Española, S.A.RTVE1955
Sociedad Española de RadiodifusiónSER1982
Radio Popular SA COPECOPE1998
EstoniaEesti RahvusringhäälingERR1993
FinlandiaMTV OyFI/MTV1993
Oy Yleisradio AbYLE1950
FranciaGroupement des Radiodiffuseurs français :
- TF1
- France 2
- France 3
- Canal+
- Radio France
- Radio France internationale
GRF1950
Europe 1E11978
XeorxiaGeorgian Public BroadcasterGPB2005
Países BaixosNederlandse Publieke OmroepNPO1950
HungríaMagyar Rádió, Magyar TelevízióHU/MTV1993
IrlandaRaidió Teilifís ÉireannRTÉ1950
Teilifís na GaeilgeTG42007
IslandiaRíkisútvarpiðRÚV1956
IsraelIsrael Broadcasting AuthorityIBA1957
ItaliaRAI-Radiotelevisione ItalianaRAI1950
XordaniaJordan Radio and Television CorporationJRTV1969
LetoniaLatvijas Radio, Latvijas TelevizijaLTV1993
LíbanoTélé-LibanTL1950
LibiaLibya Jamahiriya BroadcastingLJB1974
LituaniaLietuvos Radijas ir TelevizijaLRT1993
LuxemburgoCLT Multi MediaCLT1950
Etablissement de Radiodiffusion SocioculturelleERSL1996
Macedonia do NorteMakedonska Radio TelevizijaMKRTV1993
MaltaPublic Broadcasting ServicesMT/PBS1969
MarrocosSociété nationale de radiodiffusion et de télévisionSNRT1950-1961, 1968
MoldaviaTeleradio-MoldovaTRM1993
MónacoGroupement de Radiodiffusion monégasque :
- RMC
- Télé Monte-Carlo
- Monte-Carlo Radiodiffusion
1950
MontenegroRadio-televizija Crne GoreRTCG2001
NoruegaNorsk RikskringkastingNRK1950
TV2NO/TV21992
PoloniaPolskie RadioPR1993
Telewizja PolskaTVP1993
PortugalRádio e Televisão de PortugalRTP1950
República ChecaČeský rozhlasČR1993
Česká televizeČT1993
Reino UnidoBritish Broadcasting CorporationBBC1950
United Kingdom Independent Broadcasting: ITV, Channel 4, S4C, FiveUKIB1959
RomaníaSocietatea Română de RadiodifuziuneROR1993
Televiziunea RomânăTVR1993
RusiaChannel One RussiaC11993
Radio Dom OstankinoRDO1993
RossijskoeTeleradioRTR1993
San MarinoSan Marino RTVSMRTV1995
SerbiaRadio-televizija SrbijeRTS2001
SueciaSveriges Television och Radio Grupp :
- Sveriges Television
- Sveriges Radio
- Sveriges Utbildningsradio
SVT1950
TV4TV42004
SuízaSRG SSR idée suisse - Société Suisse de Radiodiffusion et TélévisionSRG SSR1950
TunisiaÉtablissement de la radiodiffusion-télévision tunisienneRTTT1950
TurquíaTürkiye Radyo Televizyon KurumuTRT1950
UcraínaNatsionalna Telekompaniya UkraïnyNTU1993
Natsionalna Radiokompanya UkraïnyNRU1993
Cidade do VaticanoRadio VaticanoRV1950

Membros Asociados

editar

Os membros asociados a UER son aqueles organismos audiovisuais de carácter nacional que teñen a súa actividade en países fóra da influencia europea. Os membros asociados non teñen acceso a rede de eurocisión nin as súas actividades e deben renovar o seu posto cada cinco anos.[6]

PaísOrganismoSiglas
AustraliaAustralian Broadcasting CorporationABC
Special Broadcasting ServiceSBS
Australian Fine Music NetworkAFNM
Free TV AustraliaFree
BangladeshNational Broadcasting Authority of BangladeshNBAB
CanadáCanadian Broadcasting CorporationCBC/SRC
ChileCorporación de Televisión de la Pontificia Universidad Católica de ChileUCTV
Corea do SurKorean Broadcasting SystemKBS
Munhwa Broadcasting CorporationMBC
CubaInstituto Cubano de Radio y TelevisiónICRT
Estados UnidosAmerican Broadcasting CompanyABC
Columbia Broadcasting SystemCBS
National Broadcasting CompanyNBC
National Public RadioNPR
American Public MediaAPM
WFMT Radio NetworkWFMT
GambiaGambia Radio and Television ServicesGRTS
XeorxiaTeleimediTEME
Rustavi 2RB
GroenlandiaKalaalit Nunaata RadioaKNR
Hong KongRadio Television Hong KongRTHK
IndiaAll India RadioAIR
IránIslamic Republic of Iran BroadcastingIRIB
XapónNippon Hoso KyokaiNHK
TV Asahi CorporationANB
Fuji Television Network IncFTN
National Association of Commercial Broadcasters in JapanNACB
Tokyo Broadcasting System Inc.TBS
Tokyo FM Broadcasting Co. Ltd.TFM
MalaisiaRadio Television MalaysiaRTM
MauricioMauritius Broadcasting CorporationMBC
MauritaniaTélévision de MauritanieMR/TVM
NepalNepal Television CorporationNTVC
Nova ZelandiaRadio New ZealandRNZ
Television New ZealandTVNZ
OmánOman Directorate General of Radio and TelevisionODGRT
PaquistánPakistan Television CorporationPK/PTV
PalestinaPalestinian Broadcasting CorporationPBC
QatarCanal de Al Jazeera InfantilJCC
SiriaOrganisme de la Radio-Télévision Arabe SyrienneORTAS
Sri LankaSri Lanka Broadcasting CorporationSLBC
SudánSouth African Broadcasting CorporationSABC
VenezuelaRadio Caracas Televisión / Radio Caracas RadioRCTV/RCR
CimbabueZimbabwe Broadcasting CorporationZBC

Membros Activos do Pasado

editar

Os organismos audiovisuais que no pasado foron membros activos, pero deixaron de selo son:

PaísOrganismoCódigoPeríodo
IugoslaviaJugoslovenska RadiotelevizijaJRT1950 - 1992
EspañaAntena 3 de RadioA3R1986 - 1993
LibiaLibyan Jamahiriya Broadcasting CorporationLJBC1974 - 2011
GreciaEllinikí Radiofonía TileórasiERT1950 - 2013

Participantes autorizados

editar

Participantes autorizados son aqueles organismos audiovisuales que por algún motivo non cumpren as normas para ser membro activo ou asociado, pero cuxa actividade pode resultar útil para a UER. Non teñen acceso ás redes de eurovisión e euroradio, como tampouco ás asembleas xerais.[7]

PaísOrganismoCódigo
Bélxica
Canadá
Francia
Suíza
TV5 EuropeFRI/TV5
EspañaCatalunya MúsicaCatMusic
Abertis Telecom S.A.Abertis
Unión EuropeaEuronewsEuronews
Francia
Alemaña
ARTE GEIEARTE
Macedonia do NorteJP MRD (Macedonian Broadcasting)JPMRD
HungríaAntenna Hungária RTAH
Duna TelevisionDuna TV
RusiaRussian TV and Radio Broadcasting NetworkRTRN

Posibles membros futuros

editar
PaísOrganismo
BelarúsObshchenatsionálnoye Televídeniye (ONT)
Logo do mal manexo percibido na realización de preseleccións nacionais do Festival da Canción de Eurovisión por parte da BRTC, o Xefe de Estado bielorruso Aliaksandr Lukašenka, instou á ONT a presentar unha solicitude de ingreso á UER como membro pleno, a cal, foi denegada.[8]
GreciaDT
Fontes gregas sinalan que a UER está negociando coa televisora pública DT para acelerar a súa membresía e incorporación á Unión Europea de Radiofusión.[9][10]
Liechtenstein1 FLTV
É a única televisora de Liechtenstein, comezou a transmitir o 15 de agosto de 2008. Antes do 31 de xullo de 2009, os directivos da cadea presentaron unha solicitude de ingreso á UER.[11] Porén, debido a problemas derivados da crise económica mundial, a estación non puido formalizar o seu ingreso ao ente europeo.[12]
Marrocos2M TV
É a segunda televisora privada máis importante do país, en 2007 pediu integrarse á UER.[13]
KosovoRTK
A cadea kosovar enviou unha solicitude de ingreso á UER.[14] Porén, o país, que non está unanimemente recoñecido pola Comunidade Internacional, non pertence á Organización de Nacións Unidas, polo tanto non pode pertencer á Unión Internacional de Telecomunicacións, requisito básico para ingresar na UER. transmitiu durante 2 anos o Festival da Canción de Eurovisión.
CasaquistánYel Arna
A canle do Holding privado Khabar quere ser membro da UER e participar no Festival da Canción de Eurovisión. De feito, transmitiu durante 6 anos o Festival da Canción de Eurovisión. Con todo, isto resultaría complicado, xa que unha parte do país atópase fóra da Área de Radiodifusión Europea. Aínda que actualmente Casaquistán intenta unirse ao Consello de Europa, isto quere dicir que cando sexa membro do Consello de Europa poderá unirse á UER e participar no Festival da Canción de Eurovisión.
QatarQatar Radio
Enviou unha solicitude para entrar como membro pleno da UER, coa esperanza de participar no Festival da Canción de Eurovisión. Con todo, isto parece improbable debido a que o país atópase fóra da Área de Radiodifusión Europea.[15]

Notas

editar
  1. "Oiko Times". 7 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 10 de xullo de 2008. 
  2. "Live Broadcasts Finally Okayed". Variety Asia Online. 10 July 2008. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2008. Consultado o 2008-07-10. 
  3. 3,0 3,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  4. EBU/UER
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  6. Listado oficial de miembros asociados de la UER http://www.ebu.ch/en/ebu_members/associates/index.php
  7. Listado oficial de participantes autorizados da UER http://www.ebu.ch/en/ebu_members/associates/index.php
  8. "Belarus 2nd broadcaster applies for EBU membership". ESCKaz.com. 
  9. "Ελληνικό team για τη Eurovision Junior 2013!". 
  10. "Greece: DT Invited To Broadcast JESC". 
  11. Palacios, Jesús (21 de xullo de 2009). "Liechtenstein podría participar en Eurovisión 2010". eurovision-spain.com. Consultado o 21 de xullo de 2009. 
  12. Hondal, Victor (4 de novembro de 2009). "Liechtenstein rules out Eurovision participation". ESCtoday.com. Consultado o 4 de novembro de 2009. 
  13. Kuipers, Michael (12 de xullo de 2007). "New Moroccan broadcaster aims for EBU membership: Morocco to return in the next few years?" (en inglés). ESCToday. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2008. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  14. "Kosovo applies to the EBU for active membership" (en inglés). Oikotimes.com. 9 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2010. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  15. Repo, Juha (12 de maio de 2009). "Nación del golfo quiere participar en Eurovisión". ESCToday. Consultado o 12 de maio de 2009. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar