Venus de Milo
A Venus de Milo, tamén chamada pero menos coñecida como Afrodita de Melos[1], é unha célebre escultura grega da época helenística que representa a deusa Afrodita (Venus para os romanos), e actualmente conservada no Museo do Louvre, en París.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f3/The_legendary_Venus_de_Milo_in_the_Louvre%2C_9_February_2014_cropped.jpg/120px-The_legendary_Venus_de_Milo_in_the_Louvre%2C_9_February_2014_cropped.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7b/Venus_de_Milo_Louvre_Ma399-06a.jpg/120px-Venus_de_Milo_Louvre_Ma399-06a.jpg)
Trátase dunha estatua de mármore, de preto de 2,02[2] m de alto, desprovista dos brazos e falta tamén do seu basamento orixinario. A partir dunha inscrición do perdido baseamento, a obra é atribuída a Alexandre de Antioquía. En tempos era, erradamente, adscrita ao célebre escultor Praxíteles.
Descubrimento
editarA Venus de Milo foi atopada, rota en dúas peza, en 1820, na illa grega de Milos (Grego moderno: Μήλος; grego antigo: Μῆλος Melos), no suroeste das illas Cícladas, por un campesiño chamado Yorgos Kentrotas. Un oficial da mariña francesa, Jules Dumont d'Urville, decatouse do valor da obra e, grazas á mediación do Marqués de Rivière, embaixador francés perante o goberno otomán, puido pechar a súa adquisición para lla ofrecer, logo de ser restaurada, ao rei Lois XVIII no ano 1821 que a mandou colocar no museo do Louvre[2], onde aínda se exhibe.
Interpretacións
editarA Venus de Milo data de arredor de 130 a 90 a.C., aínda que a súa composición responde a cánones do período clásico grego. É unha variante do tema de Afrodita seminúa, representada habitualmente a se mirar no escudo de Ares (o Marte romano), que ela acostuma soster tendo en equilibrio sobre o seu xeonllo esquerdo (como a Venus de Capua, do Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles).
Porén, ignorándose a postura orixinal da estatua, tamén podería tratarse dunha Afrodita vitoriosa presentando a mazá de ouro a Paris. Dous fragmentos, dun brazo esquerdo e dunha man esquerda, esta sostendo unha mazá, foran atopadas preto da estatua[1]. Foron feitas numerosa tentativas de reconstitución da estatua, mais nunca foi emprendida a súa restauración completa.
Segundo outras versións, tamén podería representar a Anfitrite, unha deusa marítima, adorada na illa de Milo[2].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Manca, J.; Bade, P.; Costello, S. (2015). 1000 Esculturas de los Grandes Maestros. Parkstone Press. ISBN 978-1-78310-936-4.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Ficha da obra Arquivado 31 de marzo de 2017 en Wayback Machine., no sitio oficial do Louvre
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha da obra Arquivado 31 de marzo de 2017 en Wayback Machine., no sitio oficial do Louvre
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Venus de Milo ![]() |